Weblog de Rosa Enríquez Para o repouso teño palabras coma esferas, redondas e suaves. Para a loita, finas poutas de lanza e este bravo corazón infatigábel.
vendredi, mars 09, 2007
ASOR HOMENAXEA A CARLOS CASARES
Marcos Valacárcel convocou a todos os habitantes da blogosfera para facer unha homenaxe ao escritor, articulista e académico Carlos Casares. Valdeorosa quere sumarse a esta invitación para lembrar ao escritor de XOGUETES NUN TEMPO PERDIDO (premio Galaxia e premio da Crítica Española).
Hoxe, no liceo ourensá terá lugar un acto no que máis de 50 persoas lerán os seus textos xornalísticos. Na derradeira páxina do Galicia Hoxe Valcárcel asegura que ademáis dun bo escritor era unha excelente persoa é un gran tertuliano. Seguro que sí. Ten que ser apaixoante xuntar cultura e bondade. Non sempre van unidos. É unha mágoa.
De Carlos Casares hai na casa familiar este libro de contos A GALIÑA AZUL, editado por primeira vez no 1968. Meu pai, moi preocupado sempre por darmos a coñecer a Galicia matria de tradicións, lingua e lendas marabillosas, mercou este libro para min metendo toda a imaxinación galega dun cráneo tan privilexiado... Lémbrome desa galiña que facía COCOROCO, moi afrancesada ela pois case fai coma os galos franceses cuxo berro ven sendo algo así, COCORICO...
Inscription à :
Publier les commentaires (Atom)
8 commentaires:
Xa sabía eu que te ías lembrar de "A galiña azul", eu tamén.
un bico.
Fermosa edición...Rosa.Bico
Esse foi um dos meus primeiros livros em galego, quando nom havia aulas onde aprender nossa lingua eu tivem a sorte de ter um pai que amava tanto a sua lingua como a sua terra, hoje ama um pouco mais a terra que a lingua... esta diglosia que nos mata!
Proponho a Casares para o Nobel da Lingua em representaçom dos galegos... muito melhor que outros "de cuyo nombre no quiero acordarme"
Ais consegui-che que tenha saudade....
Grazas polos vosos comentarios. Benvido Torreira¡¡¡ Eu creo tamén que este debuxo da portada é chulo de todo. Atrae moito, chama aos nenos á lectura, o cal é sempre positivo. Rifo I de Zeuquirne, estamos de acordo. Sei que ti tamén disfrutaches do libro. Moitas veces creo que somos afortunadas de que alguén na casa familiar se ocupara de aprendermos o valor das letras galegas das cancións, dos contos e da poesía. Hola hola hola a Gustave Harvey¡¡ Sempre un pracer terte por estes lares. Alégrome de que tiveras a sorte de coñecer estes contos dende neno. De seguro que esta Galiña azul che garantiu instantes de ledicia em galego¡¡
Paréceme boa idea recordar e celebrar a obra dun escritor e XORNALISTA como Carlos Casares. Non lin a obra a que fai mención Valdeorosa pero si lin os seus artigo en LA VOZ DE GALICIA... e tamén recordo que algunha institución está a subvencionar unha tese sobre a súa traxectoria xornalística, que como ben sabes Valdeorosa, comezou en LA REGIÓN. Oerius
cocoroco!!
kikiriki!!
cacaraca!!!
Bos días Asor!!! CARLOS Casares andará con toda a súa tropa de laranxas, galiñas, principiños e astros e festexar a homenaxe cibernética que lle estamos a faceren, e ti incluída!!
Mándoche unha aperta moi forte :-)
Yoli Pitiuxa I Arrakaitis VII
Hola Yoli-Moralla¡¡ Benvida ¡¡ Espero que esteas ben atenta esta semana porque che teño unha humilde sorpresa preparada. TACHAN TACHAN (Rosa-Valdeorosa)
Gracias por colaborar, Valdeorosa.
Marcos de Auria.
Enregistrer un commentaire