mercredi, mars 14, 2007

A ESCURIDADE, ASOR E GOBERTRAND



As luces foron cedendo paso e os ritmos deixaron un espazo ao silenzo. Entón a iniciada deliberante abriu os brazos para botar a liberdade no escuro, recibir chispas de enerxía. A divinidade da noite, tan ansiada polos Aretxitas, ten unha cor de negra inexistencia que brinda posibilidades no oculto, ás agochadas dun ceo trisolar, vidente, case revelador.Todos somos capaces de hercúleas promesas no berce dos soños e feitizos noctámbulos, chegamos mesmo a crer no ronsel de andrómenas que nos cinguen un corpo a piques de abrir o sexo trepidante, inchado de furia, unha furia que sacamos da boca como nun delirio inusitado e procaz. Neste escenario catárquico de misticismo rebentando balsas e balsas de falsa necesidade, Asor cedeu ante o desexo e durmiu no van dese ANFIBIO aterrador... Escuros grises lazos de pernas como brazos enormes amando danzas malditas. Porén, no medio de tanta insurrección e protesta, a indolencia vital non sempre ocupa todo o sitio. Hai ocasións nas que un estraño pode aparecer e prestarnos un pouco da súa luz, como se dun corpúsculo estelar se tratara. Así chegou Gobertrand á vida de Asor, como un nenúfar na cloaca, como unha cadencia de baladas na estación do inverno, entregando o compromiso de non ceder ante a veleidade dos transeúntes de enrugado xesto. Gobertrand é o híbrido máis fermoso de todos. Parece coma tocado pola maxia dos deuses. Eu diría que ten no seu ollar unha dozura que acariña lenemente cada movemento. Gústalle percorrer distancias, ás veces absurdas para manter un lugar seguro. Compartiu moitas tardes dende aquel encontro místico na festa da Gran Escuridade. Agora hai tempo que non se ven. Asor foi mala, mala, mala. Sí señores, a deliberante asorita, Asor III de Zeuquirne cometeu un erro e Gobertrand está moi enfadado. No silenzo da distancia inaugurada hai un tempo pérdense os dous nas lembranzas dun futuro por realizar...

5 commentaires:

Son Unha Xoaniña a dit…

A deliberante Asor...non necesita que ningún estrano lle preste a luz, ela é o corpúsculo estelar.
Moi fermoso este post.
un biquiño.

Anonyme a dit…

Concordo com Rifo ao cento por cento, até no do biquinho... Pergunto-me eu se Asor e o seu séquito de aretxitas poderia desfrutar dumha festa herética rodeada de modernos de merda dançando ao ritmo frenêtico dos sons electrónicos feitos na Galiza... pois se é assim está invitada à festa e-music... prometo-lhe uns quantos litros de augardente Janx pra esquecer aos Gobertrands e demais seres escuros. Nem os híbridos chegariam a resistir a luz que desprende o corpo dum sceptivirgo quando ebrio de Janx amosa seu aguilhom de ascendente escorpiom e consegue chamar à atençom dos incautos mortais que enchem a pista de baile...... (como lhe dixo Eva a Adam no jardim do éden: yo que tu no me lo perderia forastero). Mais info no meu blog!

Anonyme a dit…

Vexo que Asor, a deliberante, incurre as veces en excesos que teñen consecuencias como mínimo desagradables...nestes casos feito o recoñecemento de culpa, creo que o que hai que facer e mirar cara adiante e sobre todo tentar recuperar con palabras e obras un futuro que pode ser pleno e satisfactorio...por certo Asor necesita estar ben con ela mesma pero estaría cecais aínda mellor se restablece a conexión con eses seres que ela denomina híbridos. Oerius

Anonyme a dit…

Oreius, isto é unha fábula e non debemos confundir ficción con realidade. Eu non creo na culpa xudeu-cristiana e Asor é unha mística deliberante que festexa o sexo e as palabras. Non pensa pedir desculpas porque non matou a ninguén. Gobertrand abandoouna, quíxoa con reservas, esmagou as súas mostras de amizade. Ela só quería contar para el e compartir o tempo, non pasalo. Gobertrand debe ler a Kalih Gibrán. Grazas a gustave Harvey. Alégrome de terte por aquí. Sabes unha cousa? Hoxe falei de ti aos meus alumnos de ética(eu son profe de francés pero dou dúas horas de ética)porque trouxeron noticias que falaban de you tube e viacom.Faleilles de que saíras en Vieiros. BEN, VOU ENTRAR NO TEU BLOG PARA VER COMO É O DA FESTA.É UN HONOR QUE ASOR SEXA INVITADA A TAL CERIMONIA. Por certo, haberá electroduendes?
Moitas grazas a Rifo I de Zeuquirne a valquiria, a asorita primeira, a primoxénita, a máis fermosa beleza celta da miña saga de deliberantes. tES RAZÓN QUE ÁS VECES aSOR LLE CONCEDE EXCESIVA IMPORTANCIA AOS DEMÁIS E LOGO ALGÚNS CHEGAN A PENSAR QUE SON CASE EXTRAARETXITAS... E PÁSANSE UN POUCO. (valdeorosa)

Anonyme a dit…

Ai Dior mio! Nom sei que dizer... eu em aulas de ética :D ver pra crer! Há gente que vai desde Compostela, mas teriamos que combinar dalgum jeito pra nos organiçar porque eu moro em Ferrol. Bom, deixo-che aquí meus endereços por se existe algum jeito de concordar....

gustavoharvey@gmail.com
gustavoharvey@msn.com

O do msn é por se usas messenger ;) Asor leva tempo invitada a todos os eventos aos que assista qualquer membro da família Harvey.

Beijos com sabor a mel das avelainhas púrpura das chairas de Nuestrafredom, na constelaçom de Aries, passando a via lactea.