dimanche, mars 18, 2007

ESMAR, O CABALEIRO DO INFINITO( primeira parte)


Para comprender a natureza dun híbrido como Esmar fai falla observar a delicadeza suprema deses ollos,ás veces austados, que engaiolan coma bolboretas latexando entre a concordia e a desintegración. Esmar ten medo á morte, un pouco coma todos. Por iso gústalle pasear polo interior do templo de Noruf, entregarse ao silenzo e alí facer a súa ofrenda: unha promesa de coraxe e amizade. Cando todos bailan el permanece atento aos movementos do ruxe-ruxe tribal, interésanlle especialmente.Renuncia Á Gran Escuridade pero navega nela nun xeito de banbán que retorce dentro coma se dunha goma se tratara... E tira, e tira e a e sssss t iiiii r a.Esmar é un pouco como un boneco de densidade atlántica que se resiste a caer. Ás veces parece que vai rachar todos os decorados que o asedian nesa maré de ideas contrapostas fluctuando. Porén Asor confía nese potencial liberador que o sacude de cando en vez e sabe que vai saír da súa gaiola. Cando falan dá a impresión de que xamais se entenden, pero non é certo. O que sucede é que non saben tocarse.
Para que coñezades ben a este personaxe é necesario que teñades visitado algunha vez o inferno da dúbida, da inseguridade. Se é así de seguro creredes como Asor que o híbrido Esmar sairá da súa crisálida e botará fóra todo o seu talento vivificador.

16 commentaires:

Son Unha Xoaniña a dit…

Nalgún sitio deste teu blog, paréceme lembrar que alguén comentou que estes relatos de Asor vanse convertir nun libro, i eu cada vez estou máis segura delo.
Son verdadeiramente fermosos, orixinais, e van construindo unha historia da que moitos de nos estamos xa enganchados.
Un biquiño.

Torreira a dit…

Ou non sairá ,pero seguirá sendo

Anonyme a dit…

Eu som esmarita desde já! (sigo concordando com Rifo e as suas opinions)... som fã!!!

Anonyme a dit…

Unha vez que me aclaraches que todo isto era ficción, sabes que son un pouco testán, sinto a tentanción constante de vivilo como real...sei que o entenderás. A inseguridade, o medo que a todos nos visita son pozos nos que aínda que non afogas, presionante, quítanche parte do ar, ameazante e retéñente....non che permiten saltar á corda porque tés medo caer, non che permiter berrar porque temes desatar furias, non che permiten elixir porque tés medo a equivocarte por iso comprendo a reacción de Esmar de mirar, observar, escrutar....seguro que cando o híbrido vexa todo máis claro dará un paso máis adiante e vivirá sen tanto medo. Oerius

Anonyme a dit…

Grazas polas vosas palabras.Dan ganas de seguir contando. A Torreira: benvido de novo. Non estás nos meus links porque os que puxen meteunos o meu irmán que é o que controla disto( é informático).Eu non sei. Mandeille unha mensaxe para que metera máis pero como ás veces non fai moito caso do que lle digo, meteu os que lle petaron. Solucionarei iso porque me gusta o que fas e considero xusto meterte dentro dos meus favoritos. A Gustave: unha mágoa, non puiden asistir a túa festa. Cando fagas algo en Santiago, podería ser no Tarasca, irei a primeira. A Oreius: Esmar é o anfibio máis tenro de todos. Está entre os dous que máis quere Asor e creo que sairá da crisálida e brillará como un sol dos de Aretx

Moralla a dit…

Eu agardo ver a Esmar espallando todo o seu talento, a súa LUZ. Sairá do muro da devastación...coma unha bailarina de porcelana.
UN bico ledo de Yoli ;-)

nhusko a dit…

Seica a túa imaxinación non ten gaiola?

Paula García a dit…

Hola Rosa, son Paula de Boiro, quero darche as grazas por entrar no meu blog.

un biquiño.

moucho branco a dit…

Pois eu viñen voando a agradecerte o comentario e de paso descubrir que historias galácticas precisaban dúnha banda sonora. Poreime a descubrilas.

un saúdo.

neno a dit…

Ola Rosa!

Alédome que gostes da miña poesía...levo escribindo dende moi novo e cando decidín construir o meu blog non tiña moi clara a intención coa que o facía, realmente nunca publicara nada e case ninguén do meu entorno próximo sabía que escribía, de feito estiven a piques de pechar o blog....agora sei que ainda podo mantelo aberto.
Unha aperta.

Anonyme a dit…

Benvida Paula¡¡¡¡ Alégrome de terte por aquí. Es moi ben recibida.

Un.ser : non peches o blog e non perdas a confianza. Segue traballando e chegará o que teña que chegar. Estou a ler os teus poemas.Estánme gustando.eu tamén creo na necesidade do silenzo e detesto aos que falan sen saber, sen coñecer e o que é aínda peor: sen querer coñecer.

Moucho branco: a ver se entre ti e moderno de merda lle atopamos a banda sonora a esta historia de deliberantes , híbridos...Moitas grazas pola túa visita. Es benvido.

Hola NHUSCO¡¡¡¡ É unha ledicia que un cabaleiro coma vostede visite valdeorosa, este mundo de soños e feitizos alternativos. Moitas grazas. Sempre es benvido¡¡

(VALDEOROSA)

Anonyme a dit…

Eu sei dum rapaz que pode ter a capacidade de pôr-lhe som a toda esta fermosa historia de amor, soidade e vida!

KALIPER SHIELD

A mim recorda-me a Dune e todo o universo Lynch. Aguardo que gostes da proposta, eu irei pensando em algumha mais.

O da festa... como já tens meus endereços aceito propostas :P

Beijos atlánticos :)

Anonyme a dit…

Xa había tempo que non pasaba por aquí, pero vexo que a maxia e o misterio continúan a ser constantes habituais desta casa impregnada de lirismo. Volverei en lúa chea.

rosa enriquez a dit…

Moitas grazas pola visita Modesto, poeta entre poetas, e feliz día da poesía¡¡¡¡¡(valdeorosa)

Anonyme a dit…

Hai quen cre que as dúbidas fannos máis fráxiles e vulnerables. Pero é preciso dubidar unha e outra vez e mil veces para que a autoestima mala, como o colesterol, non se dispare e poña en risco a nosa saúde.
Unha vella amiga

Anonyme a dit…

Invito a todos a que regaledes un libro de poesía para festexar o día. Para ti, Valdeorosa elexín un de María do Cebreiro porque sei que che gusta.
Unha vella amiga