mercredi, mars 21, 2007

A PROCESIÓN ASORITA




Hoxe é un día GRANDE en Aretx. Os tres soles xiran arredor de si mesmos e constrúen circuliños con nubes de pólvora estelar que parecen margaridas iracundas como volcáns latexando nun magma maldito para denunciar todos eses delitos que non somos quen de explicar...

Nabetse I de Zeuquirne porta unha túnica derramándo a poesía toda. Nas mans ten un libro: "Os mellores textos da alma". Neste libro aparecen as palabras dos mais graves e sesudos amadores deste planeta recóndito e esquecido de todos. Asor Lía I de Zeuquirne trae consigo o pincel( ese co que pinta cadros no navungalov de Asor) e debuxa no centro do templo Ans Nitram unha muller de tres cabezas, unha especie de hidra espiritual que alimenta o corazón dos aretxitas máis incrédulos. Esta hidra denomínase A Divina Tripolar, amante do Divino Polar. Habita no interior do Palacio de Xeo, enriba das nubes, e normalmente non se comunica cos aretxitas. Só o fai nas ocasións especiais. O Día da Palabra érao, por iso estaba alí, para ler expresións fermosísimas con cadansúa cabeza, algo así como se nós lésemos un poema a tres voces. Rifoasor II de Zeuquirne é a primoxénita dos asoritas. Leva un manto de adxectivos sobre o seu pelo e acariña melodías de seda coa sutileza dunha mariquiña axitando fresas como un furacán de sifón estalando nas paredes, nos muros, nas liberdades oprimidas. Mira de esguello a Asor, para que non se dilúa entre metáforas ... E a nosa amiga, AsorIII de Zeuquirne ,que fai mentres tanto? Oh Asor¡¡ Asor camiña sobre os poemas como Cristo sobre as augas. Está en trance verbal, eleva as mans ao ceo e busca nas nubes a esencia do signo, o intrínseco veleno de amar o ritmo que dorme nos sintagmas cando estala un verso e outro e outro máis. Detrás de Asor ven Nimaj Neben IV de Zeuquirne, o menor dos asoritas, o ben amado. Nimaj Neben leva os cartapacios con todos os códigos que Asor non é quen de descifrar. Poderíamos dicir que é unha especie de exégeta, librepensador e cibernauta empedernido. Normalmente realiza viaxes ao exterior de Aretx e comunícase cos Bericx, os navegantes do universo. Trala procesión asorita van os híbridos. Eles tamén celebran a sintaxe. Despois cantarán e beberán todos as pócimas do encantamento, como un xeito de chin chin de sinestesias abroullando nas bocas abertas como buratos na montaña rosa, onde aniña a orixe, o principio, o verbo que nos define e prefigura. OS ARETXITAS DESÉXANVOS UN FELIZ DÍA DA POESÍA

13 commentaires:

Son Unha Xoaniña a dit…

Moitas grazas Rosa, polo que me toca nese mundo de asoritas que descrebes cada día neste blog con tan fermosas palabras.
Seguramente Asorlía, Nabetse e Nimaj Neben han estar ben orgullosos desta "Asor" cuia sensibilidade para tecer palabras, supera todas as espectativas.
Eu por suposto estouno, e os que seguen detrás de min tamén, e che mandan un bico de estreliñas que ilumiñen inda máis se cabe, o teu maxín.

Anonyme a dit…

Esta procesion asorita que descrebes con tanta precisión semella un cónclave de amantes das palabras. Dicías fai poco que Asor "festexaba as palabras" e pódese comprobar que isto vén de lonxe. Eu, si me permites, voume a unir a esta peregrinaxe lírico que non remeta diante dun sarcófago mítico senón na universalidade do coñecemento e da creación. Oerius

Moralla a dit…

ROSA: apoteósico texto, imaxinación elevada ao máximo. Encantoume este texto. A autora de Harry Potter non ten nada que facer ao teu lado !! por favor, quen son as/os pintoras/os deses cuadros??? son alucinantes. Penso que este post é un alegato á poesía, pero tamén á pintura, á música, á fantasía, ao inxenio, á creatividade. Ti revolucionarás a novela galega.
Un bico de Yoli I Bonoriequi IV
;-)

moucho branco a dit…

A min encantoume a ilustración de abaixo, pérdome nela. Pouco a pouco sigo descubrindo a cosmoloxía aquí agochada...

Anonyme a dit…

Vou deixar de usar as palavras.... lendo-te penso que nom fago mais que emporcalha-las. Estou abraiado, nom sei que mais dizer....

Anonyme a dit…

Gustoume moito a túa reflexión sobre a beleza que publicas hoxe no diario La Región. Estáse mellor fóra de gaiola pese a esas continuas tentacións de todos nós por entrar e mirarnos nos seus espellos.
Unha vella amiga

Anonyme a dit…

Moitas grazas a todos.É un pracer que vos gusten estas cousas da vida dos aretxitas. Son boa xente.
Grazas a Rifo polo seu apoio e tamén aos seus descendentes, esa sangue de Breogán¡¡¡
Grazas a Oreius. Súmate a esta procesión. Os aretxitas vanse alegrar.
A moucho Branco: a os asoritas e máis a min, gústanos moito que nos visites e que saibas da nosa saga.
A moderno de merda. Unha aperta moi forte e unha reverencia ¡¡¡¡ Estou moi moi contenta de que che guste isto A min gústame o que fas ti porque o paso moi moi ben. Xa vin as fotos da túa festa. Que envexa¡¡¡¡¡ a miña amiga misteriosa: benvida. Por fin nos visitas. Fixécheste de rogar¡¡¡ Alégrome de que che gustara o artigo. Eu pretendo que se amplíe o concepto de beleza. Creo que só se admiten determinados "tipos" e iso resulta inxusto.
A moralla-yoli-poeta. Gústame que o pases ben lendo estas miñas cousiñas. É un xeito de non ceder, de disfrutar libremente do que fago e compartilo cos demáis.(valdeorosa)

A pirámide a dit…

Vaia! Ábresnos un mundo novo para a Pirámide. Unha nova perspectiva. De cando en vez non veñén mal unhas vareadas (simbólicas por suposto) para espabilar un pouco e abrir a mente a novas ideas. Grazas por iso.

Torreira a dit…

Nunca che fun moito de procesións mais se é asorita,apúntome.

Anonyme a dit…

Piramide, benvida a esta procesión asorita que temos en valdeorosa.
A Torreira: gústame que te apuntes a esta procesión para celebrar a palabra. Unha aperta e moitas grazas.Sempre eres benvido por aquí¡¡¡

Anonyme a dit…

Piramide, benvida a esta procesión asorita que temos en valdeorosa.
A Torreira: gústame que te apuntes a esta procesión para celebrar a palabra. Unha aperta e moitas grazas.Sempre eres benvido por aquí¡¡¡

Anonyme a dit…

Esto va cogiendo forma, los personajes que bailan en Noruf, se van incrementado y cada uno de ellos tiene una caracteristica que lo diferencia. MUY INTERSANTE

Anonyme a dit…

Grazas Manu¡¡ Eres benvido por valdeorosa. Agrádame que che entreteñan estas cousiñas dos Aretxitas.