mardi, avril 24, 2007

ARETXIZAXE DOS HÍBRIDOS





Cando os híbridos chegaron a Noruf fixérono en navúnculos diferentes. Cada un tiña o seu. O aretxizaxe suscitou moito interese ao seu redor. As xentes preguntábanse quen eran e que viñan buscando a Noruf. Lóxico , o descoñecemento sempre xenera suspicacias. O primeiro en tomar Aretx foi Ilov(sempre será o híbrido máis atrevido de todos) Sen dubidalo baixou e mirou aos lados por ver que había. Atopou unha morea de xente ao seu redor contemplándoo alucinada, como se fose doutro planeta e, realmente érao...

Non vos sorprendades que así é.

Os híbridos non son oriundos de Aretx. Proceden de Berix, o planeta contiguo. Fuxiron de alí porque estaban fartos dese clima frío. Berix, aínda que contiguo a Aretx, áchase a unha distancia considerábel deste último. Por iso a luz solar é escasa e unha escuridade grisácea e triste invade os continentes berixitas.


Ilov foi a que determinou a necesidade da viaxe e do coñecemento doutros modos de vida distintos aos seus. Soubo dos aretxitas por medio de Asor III de Zeuquirne, coa que coincidiu nunha viaxe que a deliberante realizou a Berix con Nimaj Nebén.


No primeiro encontro, este híbrido ficou anestesiado contemplando á nosa amiga envolta nun tule verde mar marabilloso. Ela sorriu ampliamente coas cousas de Ilov. Realmente este ser hilarante e divertido lle parecía fantástico. Caéronse ben. As áreas da risa dos seus cerebros permaneceron íntimamente ligadas. Así son as empatías: a sincronía dun prodixio que nos envolve, algo que tira de nós, un fío invisíbel de harmonías coincidentes. Actualmente están separados por un mar inmenso pero entre eles existe unha corrente que aínda dinamiza todo malia a auga salgada desta terríbel separación. Ningún híbrido máis logra tanta risa de Asor e ela xamais esquece iso.

Pero sigamos atentos a este aretxizaxe.



Tralo descenso de Ilov baixou Gobertrand, Le Marquis. Ao baixar estirou a capa dourada e díxolle a Ilov: " Estas persoas deben irse. Ilov, indícalles o que deben facer".



Despois baixaron Pigmalion, Imaj e Esmar, O Cabaleiro do infinito.


Asor III de Zeuquirne recibiunos cos brazos abertos ante a presenza do Gran Unicelular. Relizaron o Festexo Unitarista e conciliaron as crenzas de ambos pobos. Nabetse fixo entrega a Gobertrand do manto asorita e do Libro Sagrado, " O Gran Cartapacio". Entonaron melodías de amizade e a partires dese momento a civilización hibridota é sempre ben recibida polo clan dos deliberantes. Así son as alianzas, a unión de pobo e vontades.

19 commentaires:

Anonyme a dit…

Inauguro este este post. Non quero deixar de dicir que segues a provocar a miña emoción porque relatas engaiolando. Gustame reler a última frase que deixas: "as alianzas, a unión de pobos e vontades". Esta afirmación está próxima o cocepto cívico-republicano de alianzas democráticas e igualitarias dende a base.
Oerius

moucho branco a dit…

Eu comprendo aos híbridos. Igual a min tamén remataba por saturarme o maldito frio, e se en Berix non hai maneira de poñer unhas bermúdas por haberá que se buscar as castañas...

Torreira a dit…

As alianzas,union de povos e vontades non deixa de ser no teu caso unha representación epicurea con LK e un comun denominador de estar con todos os híbridos que che apetece estar....a divertirse e a aproveitar.bk

A Raíña Vermella a dit…

Quen son os híbridos? Son híbridos entre que e mais que? Os fíos que tece a empatía son incriblemente resistentes e duradeiros, non si? Ás veces case semella que hai algo de máxico nesas conexións:)

Son Unha Xoaniña a dit…

Pásame como a Oreius, emocióname esta historia que nos vas deixando por entregas, porque relatas engaiolando.
Penso que estas a facer algo verdadeiramente novedoso, dunha gran beleza poética que a min particularmente tenme enfeitizada.
Un bico.

Anonyme a dit…

Hola a todos¡
A Oreius: gústame saber que estás entretido con estes asuntos asoritas de raigame esotérica. A unión de pobos e vontades é esa unión que Asor creou con estes híbridos por decisión común e en plena liberdade. Quérense.
A MOucho Branco: eu si fose un híbrido querería ser como Esmar e se tivese frío dentro e fóra buscaría tamén un sitio cálido. Aretx o é e estes híbridos saben buscarse as castañas.
A Torreira: Levas razón niso de que Asor o pasa en jrande con estes seres marabillosos cheos de luz...Totalmente epicúrea a devandita alianza e intensa posto que se sitúa na agradábel sensación de estar xuntos.
A Rifo: Ti si que engaiolas coa claridade e a sinceridade... Piropo por piropo¡¡¡¡ Agora en serio: é agradábel saber que che interesa isto. Eu pásoo moi ben facéndoo. Un bico
Raíña Vermella: Os lazos créanse porque sí, sen forzar nada, sen artificio. Un riso trae outro e outro máis e nace a vontade de desdramatizar porque un se quere cos demáis. Asor está moi contenta cos híbridos. Eles son a mestura entre os humanos e os gatos. Qué che parece? Por sio teñen ollos fermosísimos, sobre todo Gobertrand. Unha aperta. Ah¡¡ Xa combinei con Moderno. Moi agradecida. A ver se te volvo ver a ti tamén e facemos outra cousa: un tema a dúas mans? Esto do ensaio é o teu terreo, ten piedade¡¡¡¡(valdeorosa-rosa)

Anonyme a dit…

Melodías de amizades!!! Tí, Valderosa, eres unha gran experta en eso porque eres unha muller con gran capacidade para conectar cos demais. Está claro, botando unha ollada a a este blog. Toda unha sinfonía de empatías (que verba máis complicada co fácil que é dicir bo rollo). Pois eso, unha sinfonía de bo rollo.
Biscos rapaça.

Anonyme a dit…

Hola e benvido Harvey¡¡ Grazas polo piropo¡¡¡ Eu creo que o que sucede é que me encanta estar con xente e falar falar falar¡¡¡ Un bico e ata o venres¡¡¡(valdeorosa-rosa)

Anonyme a dit…

ummmmm, acho que esse de enriba nom era eu.... vamos eu os afagos os justos e a poder ser de corpo presente :D tanto tem, de todolos jeitos um beijo e até o venres... alí onde combinamos...

p.s. já nom lembrava tua voz calma e teu sotaque suave, a certo que foi um prazer escuitar-che sem sonidos de gaitas de fundo :D amanhá mais!!! que bem!!!!

o moderno do 881.....

Anonyme a dit…

Pois se o anónimo non eraModerno, pido desculpas e para este anónimo : grazas pola visita e saiba vostede que o que me gusta e falar e riri moito, debatir... Recoméndolle visite o blog de Raíña Vermella. O derradeiro post está moi interesante, tanto nos argumentos desta grande raíña como polos comentarios dos visitantes...
A Moderno: grazas polos piropos. Ti si que tes calma na voz. Teño ganas de verte: uN BICASO(VALDEOROSA-ROSA)

Anonyme a dit…

Hola!!
Como prometí, por aquí ando. La historia me parece increíble, aunque no dejo de reconocer que a veces ando un poco perdido porque empecé a leer tu historia un poco tarde.
Espero que sigas posteando, y así seguir haciendonos pasar un buen rato.
Bikiños

Ra a dit…

Hola Rosa...
te debía una visita, soy un desastre, muchas gracias por dejarte computar en mi recuncho. No deja de sorpenderme lo original de tu blog.Cuanta vitalidad en tu escritura.
Un bico forte dende o sur.

Anonyme a dit…

Os aedas da noite cantam cançons de amor em recordo de Asor.... em noites de luas cheias sobre navegóndolas flotantes em magmas de gelo infinito. Eles reclamam dos deuses os favores da mais amada do universo:

se eu pudesse morder tua boca seria feliz por um momento / se eu tivesse a certeza do amor nos teus olhos o universo explodiria de cores infinitas / na lene existência do desejo oculto / agocha-se a eternidade das nossas vidas

O mencer desponta no horizonte das terras de Sambac e os poetas dormidos da caste dos Terebe acordam bébados em leitos de matéria branda. A noite foi longa demais e a espera ainda será mais dilatada. Os feitiços do amor regem-se polas suas próprias normas. Siul o manflorito aguarda sentado no cúmio gaseoso da Serra Baló a chegada do mensageiro dos deuses da Lhadaga os mais grandes sabedores dos segredos da eterna juventude e guardians das chaves do amor verdadeiro.

Ja é de manhá e os Terebitas recolhem os azeites da terra mãe em ânforas de cristais de roca púrpura. As fontes de olivas são o principal sustento da comunidade e o grande Nomar de Terebe abençoa o preçado líquido coas frases esquecidas dos primeiros Sabmaquinos:
Doto atsen daiv atropmi nosme a etrom!
A vida é plácida no val Terebita aos pés da Serra Baló ainda que Siul aguarda um destino melhor pra sua casta.

Anonyme a dit…

Interesante ver como se van entrelazando todas as persoaxes.Fico impaciente por ver como se vai desenrolando todo isto.
Meniño.

Anonyme a dit…

Ser híbrido é o mellor que lle pode pasar a un. A amizade é híbrida, o amor tamén.

Anonyme a dit…

Aos novos visitantes: GRAZAS
Ao anónimo que dí que cumple: un dez. Hai moito vicio na xente de prometer e non cumprir. Esa é a diferenza básica entre o peso e a levidade. Agardo que o sigas a pasar neste valdeorosa.
A Ra de Raquel?: Benvida por estes lares exotéricos. Desexo que esteas entretida con estres asuntos de índole asorita e hibridota. Un bico.
Para Siul da caste dos Terebe: é un honor grande ter por valdeorosa alguén de tan nobre estirpe, e cando digo nobre refírome ao aspecto máis interior, ise que fica detrás dos ollos, envolto de cristtais brillantes que perciben a luz dos máis humildes. Asor envía os seus respectos a tan GRANDE PERSONAXE, ilustre e libre: bardo irreverente e auténtico, que non ensaia, que non se entrega aos mercenarios, que se ama a sí mesmo, que dá. Asor ama ao anfibio pero terá sempre para Siul un lugar de privilexio: Ise que só habitan os que son luz en esencia.Unha reverencia POETA.
A Meniño: é vostede ben recibido neste escenario inusual de consciencias habitando en suspensión. Agrádame que estea entretido.
A dOUTORA Seymour: ser híbrido é fusión, mestura, coñecemento, liberación. Comparto a súa visión eclética Doutora. Un saúdo e grazas pola visita.(valdeorosa-rosa)

Moralla a dit…

Libertadora de razas e povos: teño ganas de verte, as cousas máis bonitas transmítense cara a cara. E senón, pois non pasa nada, Asor resplandecente. Na distancia-cercanía tamén me lembro de ti, e de toda a xente que quero

Anonyme a dit…

Asor saúda a Moralla cun son de gargalladas a ritmo de funk para que baile sobre metáforas e esquezamos a tumbas da raiva. Unha aperta sideral dende o navungalow asorita(valdeorosa-rosa)

Moralla a dit…

Ola Rosa! estiven agora navegando polo mundo de Moderno de merda e o certo é que me descojonei, sobre todo coa celebración do día do orgasmo cósmico, jajaja!! Tamén fíxenme aficionada coma ti á serie que botan antes de "El intermedio", "Padre de familia", boísima! temos ganas de botar unhas gargalladas contigo!! e viaxar a planetas extraterrenais pra esquecer a eses que ti chamas "repugnantes" (jiji)
Bicos, ASOR, dende a órbita de Marte, bailando con David Bowie
:-)