mercredi, avril 18, 2007

IMAJ, A CARICIA DO VENTO

Hai un espazo baleiro entre as cousas e o corazón de Imaj. El é todas as loitas, todas as ganancias , todo o esforzo. Ten no xesto un aire de entrega, como se agasallara cun segredo pequeniño pequeniño cada vez que mira. De cando en vez bota un pouco de lume polos ollos, pero logo o apaga. Asor entrou na súa cova de incertezas e meteu dentro todas as harmonías que este talento evasivo agochaba, como se non tivese nada que dicir... Porén posuía tantas caixas cheas de imaxes cicatrizando...
Tiña caixas verdes como se metese dentro mares de amor e xenerosidade, caixas azuis, rebentando frío e soidade, e caixas laranxas como festas abroullando na súa cabeciña ben poblada do que realmente interesa: a patria íntima.
A Imaj caéronlle os raios da dor enriba dos ombros e parecía que se perdese entre a brétema, entón Asor abriu as mans e lle regalou un cetro, asorita e libre, para que repousara nel. Dende as derradeiras tormentas de Komodoro, híbrido e deliberante comparten as horas da tarde que anuncia unha primavera de tempos estourando margaridas caprichosas afundidas polo desexo. A amizade que inauguran ten forma de taza, redonda e capaz de estender a forza en todas as direccións.
Asor está tan contenta de ter este amigo¡ El, coma Esmar, o Cabaleiro do Infinito, enchen a
Comunidade Asorita de orgullo. Rifosor está especialmente contenta con Imaj porque axuda a Asor para que lle poña rosto ás palabras. Preguntarédesvos onde vive pois está claro, aresidencia de Imaj acháse próxima ao templo de Noruf. É un nabungalow pequeno pero nel hai unha porta amarela que se abre para que o híbrido poida atravesar con ela o tempo e recibir o ar que o trouxo ata Noruf porque Imaj é o fillo do vento, do agarimo, da liberdade. Un bo amigo.

19 commentaires:

Torreira a dit…

Coide ben logo del Rosa...bico

Anonyme a dit…

Correxirasme, se me trabuco, pero Imaj seguro que é grande nos afectos, agarimoso no trato, xeneroso porque ofrece todo o que ten e moi moi creativo. A súa casa imáxinoa coas portas abertas e chea de reclamos que te convidan a quedarte.
Oerius.

Anonyme a dit…

Grazas Torreira pola túa visita. Si.Asor III de Zeuquirne debe coidar ben ao seu amigo. É de lei. Un bico.
Oreius, de nome case solar, próximo a Osiris... Sí, este híbrido ten luces suficientes para brillar na escuridade. Un bico.(valdeorosa-rosa)

Anonyme a dit…

Dos confins do tempo e a galaxia sauda à grande Asor o humilde Siul o manflorito vocal, o aeda das terras perdidas da margem esquerda do manto de Sabmac, aquel que nom sabe se vem ou vai. Ajoelhado ante tal beleza o filho dos Terebe a dinastia esquecida chora de satisfacçom ao conhecer em pessoa a flor mais fermosa do conhecido... e num ritual já perdido na historia das civilizaçons dança ebrio de licor de deuses a Dança da iniciaçom da vida e da morte da escuridade. Siul é feliz, e canta aquela cançom que aprendera da sua estirpe, essa que cai como um lenço de suaves telas infinitas sobre as conciências e os coraçons dos aquí presentes. O filho dos Terebe ama incondicionalmente a Asor e ele ficará com esse segredo até morrer se for preciso. Os manfloritos vocais nunca podem ousar a fazer público seu amor ou o terrible frio da serra Baló apodera-se dos seus espíritos e os fai desaparecer no tempo.... como a neve no degelo.

Anonyme a dit…

Outra persoaxe para esta grande historia. Asor goza da sua amizade, de seguro que perdurara.

Anonyme a dit…

Mois bos días anónimo Siul: Abro a pantalla do meu ordenador e atopo este mensaxe tan fermoso que, de verdade, agradezo profundamente e dende a máis profunda das humildades éncheme de ledicia o corazón tocarlle a alma a alguén con estes anacos de vida asorita. Non teño nin idea de quen é o autor/a deste mensaxe pero intúo grandeza espiritual. Un honor para min ter alguén tan ALTO no meu blog de iniciada. MOITIIIIIIISIMAS GRAZAS.Unha aperta
anónimo2: Estou dacordo con vostede: esta amizade perdurará. Así debe ser. Un saúdo(valdeorosa-rosa)

Rifo I de Zeuquirne a dit…

Fermosísima coma sempre esta nova historia do mundo asorita.
Gústame Imaj, de seguro a ser un gran apoio para Asor e porem ela cuidaráo con agarimo.
un biquiño.

Anonyme a dit…

Benvida Rifo e grazas polo teu apoio. Podes estar segura de que Imaj é un bo amigo que sempre vai coidar. Un bico.(valdeorosa-rosa)

moucho branco a dit…

Pois mira, polo menos ten apañado o tema da vivenda, anque sexa nun nabungalow pequeno, ;)

A primeira imaxe é xenial, estou encantado de seguir de perto a cosmoloxía asorita.

Anonyme a dit…

As novas amizades sempre son benvidas; Asor é unha afortunada... ¿Por que quen pode ter, por exemplo, un cabaleiro do infinito tan incondicional? O dito, un auténtico luxo.
Un bico rapaça

Anonyme a dit…

AS palabras sen rostro son furados mouros no universo. Que mundo feliz e fantástico o dos Asoritas.
Un saudo
(D)

Anonyme a dit…

Moitas grazas aos anónimos pola vosa visita.Agradezo moito as vosas palabras. Unha aperta(valdeorosa-rosa)

Anonyme a dit…

Eu som o anónimo nom anónimo o Siul de Terebe chegado das terras de Sambac enchoupado em licor de deuses... rematado o trance febril da Dança de iniciaçom da vida e de morte da escuridade. Caio rendido num éxtase cósmico no que o meu corpo abandona os seus laços com o espírito e morno fica suspendido da nada absoluta. Vejo noites sem lua atrapado num navungalow... sonhando com imagens impossíveis de mentes alheias à vida tangível. Vejo olhos agarimosos baixando das alturas... filha dos deuses envolvendo-me no seu cabelo de infinitos apêndices. Vejo as terras ermas estourar de cores ao erguer-se a flor mais bela da criaçom. Vejo a vida em esse sorriso esquivo de andorinha triste. Vejo o peito latejante no fundo da inmensa luz que sae do corpo da mais fermosa herdeira de cetros inmortais. A elegida fugidia como umha ilha em chamas alá onde os ocêanos de metano rendem contas com o horizonte. Sei que podo abrir os olhos e voltar à realidade da existência fútil mas prefiro seguir sonhando este sonho de psicodélicos menceres no tálamo desses dous soles.

Aguardo no entanto!

Doutora Seymour a dit…

Como moi ben di no texto ,a única patria importante é a patria íntima, só quen a apreza como se merece e quen de escribir algo tan fermoso.

Anonyme a dit…

Alégrome que Asor teña un bo amigo coma Imaj. O fillo do vento, do agarimo e da liberdade non pode traer máis que felicidade e alegria. Agora, o de poñer rostro ás palabras non me parece moi doado porque as palabras non son moi corpóreas, I think... Tamén din que unha imaxe vale máis que mil palabras... Pode ser... Quizais por iso o Moderno de Merda me chamou ¿Sancho? :-) Aínda que unha semana despois (máis vale tarde que nunca) quero deixarvos uns biquiños e un saúdo a tod@s @s blogoesmorgueir@s... sobre todo a Justavo (je), a Rapaza do Arco, lourixe, Beliscos Pequenos, a Raíña Vermella... Espero que se repita, aínda que xa sabedes que o meu non é a cibernáutica, pero farase un esforciño. Unha das sen blog (Chelo-Pangalaica)
P.D.: Justavinho, eu non che dixen que deixaras o teu blog. Imos ter que quedar para aclarar iso. Cómo vou agora curiosear no teu blog?

Anonyme a dit…

a Siul: soñar non fai mal a ninguén, sobre todo cando eses soños son fermosos e nos axudan a resistir neste mundo por veces prosaico e superficial... Unha aperta e grazas por esas palabras cheas de lirismo.
a Doutora Seymur: Sexa benvida ao meu valdeorosa. Dacordo con vostede, a patria íntima é a mellor de todas as illas para ter repouso e vivir como un quere sen molestar a ninguén. Un saúdo e grazas pola visita.
A Pangalaica: hola hola hola.BENVIDA ¡¡¡¡ Gustave Harvey é un crak e ten que reiniciar o seu Moderno de Merda. Temos que tomar café e falar dese blog fechado. Non pode ser iso. Un bico e grazas pola visita.(valdeorosa-rosa)

Anonyme a dit…
Ce commentaire a été supprimé par un administrateur du blog.
mica a dit…

ola bonita
que non escriba non quere dicir que non me pasee polos teus cómaros rosas de cando en vez... quería mandarche ou deixarche nalgún sitio aquelas fotocopias que che debía.
se podes mándame un correo a letrasdemica@yahoo.com e vemos como podemos facer, si?
un bicaso.

Anonyme a dit…

A ver! Que eu vou a estar venres e sábado em compostela.... quem quere falar do meu blog comigo?

A rainha vermelha pode proporcionar-vos meu número de telefone :D

Beijos

Gustave Moderno de Merda!