dimanche, avril 15, 2007

TRIBULACIÓNS CÍTRICAS( CONTINUACIÓN NA RAIÑA VERMELLA)



Son laranxa e estou ben contentiña de selo. Gardo dentro unha risa aberta como un sol para prestar un ánimo inusitado nun día gris. Teño milleiros de pingas conformando a miña esencia entre doce e amarga. Gústame compartir mesa con outros alimentos e crear toda unha galería de cores facendo do día a día un modo alaranxado de disfrutar. O meu nome orixinario é "narangah" que en sánscrito significaba veleno para elefantes. Debe ser porque algún destes animais enormes, empurrado pola gula, comeu tantas que rebentou. Pero non quero meterme nestes asuntos de estirpes tan pouco beneficiosos para a saúde mental e orixinar máis guerras intestinas entre laranxas, mandarinas e clementinas. Somos todas unha dinastía de cítricos en revolución. A nosa pretensión? Rematar coas empresas esmagadoras que fan de nós zume... E que zume¡ De todos os xeitos tampouco quero falar diso. Hoxe apetéceme contar cal é a miña situación na cociña de Belisaria. Belisaria é a dona da casa na que me atopo dende hai uns días, unha casa enorme por certo. Neste palacio gastronómico de hortalizas convivindo tiven algúns problemiñas: a serie da laranxas ás que pertenzo por xenética, non me aceptan. Din que son demasiado grande e non caibo no cestiño. Isto paréceme dun autoodio incríbel. Como poden rexeitarme? Se non me coñecen¡ Elas que din loitar unidas contra a opresión¡ Son eu acaso unha opresora? Non. Ignoran todo de min e necesitan ubicarme nalgures e eu non deixo porque non me dá a gana e punto. Como vou meterme eu agora nun cadradiño estreito? Eu son cítrica en expasión, son libre... Como vedes a situación é realmente incómoda e por momentos faime sentir mal. Querería que todo fose diferente pero a vida é, como dicía o outro, unha caixa de sorpresas. Xamais podemos saber que vai pasar. Sendo así as cousas, tomei unha determinación, farta xa de tanta estulticia: mergulleime cos pimentos. Mirade canta variedade.

25 commentaires:

franetico a dit…

Cuando la vida te acecha hay que camuflarse entre los pimientos o entre los faldones de la abuela. Hoy también me siento cítrico.

Anonyme a dit…

ai ai ai

moucho branco a dit…

que mellor protagonista para unha boa historia que os cítricos?, :P

Rifo I de Zeuquirne a dit…

Eu pídome ser mazá, porque tarda moito tempo en apodrecer e cando o fai é capaz de apodrecer a todas as demáis, xa sabedos o de que no cesto de mazás sanas que como haxa unha podre... É digo eu, que vaia capacidad de convicción teñen, xa me gostaría a mín, esa capacidade agora que me vai facer tanta falta...
un saudiño.

Anonyme a dit…

Hola e bo día a todos¡¡¡ Franético pensei en ti e en Torreira na blogesmorga do sábado¡ Teríame gustado coñecerte a ti e ao amante de Filipa. Preguntei pero... Ninguén sabía nada.Ao respecto do que dís , dacordo. A laranxa fai ben. Un ten que estar onde o queren. Un bico e grazas por visitarmos.
Que ben Harvey¡ Coñecímonos por fin e encantoume. Es realmente simpático. Esperando repetir con moitas moitas ganas. Un biquiño.
A Moucho Branco: si, os cítricos son todos como unha risa enorme, parecen divertidos, cañeros, heavies... A ver se nos vemos de novo¡ Un bico.
A Rifo: Irei como dixeches polo contasoñlos. A ver se dou feito porque ás veces xa non sei que facer para abarcar todo. Paréceme ben que escollas ser mazá. As mazás cheiran moi ben e son moi ricas. Falei de ti na blogesmorga do sábado. Gustaríallles terte coñecido. Un bico(valdeorosa)

Torreira a dit…

Ser citrica en expansión e unha boa opción de proxección.Bico

Anonyme a dit…

se consiste em escolher eu prefiro ser landra de carvalho pra morrer na boca dalgum porco na vespera do sam martinho.... rosinha rosinha rosa marcho... como já tens meu correio electrónico aguardo notícias tuas na minha caixa de entrada que eu respostarei compridamente

beijo pra a tua amiga a que nom tem bló, ela foi a que realmente me animou a fugir do blogomilho :)

obrigado por todo

Anonyme a dit…

Hola Torreira¡¡ Benvido por aquí¡¡¡ Terei en conta iso que dís. Por certo, non sei se fuches polas crechas e o tarasca, igual gúatache o anonimnato. Respectoo pero é unha mágoa ... Coas ganas que tiña de coñecerte a ti e a franético¡¡¡ Outra vez será, ou non será... Que lle imos facer? Un bico(rosa-valdeorosa)

Anonyme a dit…

Para o meu Harvey¿ Chelo está encantada tamén de coñecerte. O TEU MAIL É O QUE ME DEIXACHES ESCRITO NUN COMENTARIO? BEN. UNBICO GUAPO¡¡¡(VALDEOROSA)

Anonyme a dit…

o problema dos pimentos e que as veces pican... e as veces por moito que non queiramos non nos queda máis remedio que emigrar onda eles. eu pidome ser... carrola! sempre estan ben protexidas.

lourixe a dit…

rifo rouboume a idea, porque eu tamén debezo por ser mazá... (o froito prohibido, ñam, ñam!)
Bicos, Valdeorosa, Chelo, encantoume coñecervos!

Anonyme a dit…

Hola e benvidos¡¡¡¡
A lourixe: moitas grazas a min e a chelo encantounOS coñecerte a ti tamén. Pasámolo ben, verdade? Encantaríame repetir outra quedada destas. Un bico.
A XURXO Cimadevila:pois tes razón. Si señor, que rollo... Un ás veces non sabe onde meterse. Eu creo que Aretx é un bo sitio¡¡¡ Un bico e a ver se nos coñecemos noutra quedada destas.(rosa-valdeorosa)

Moralla a dit…
Ce commentaire a été supprimé par un administrateur du blog.
Anonyme a dit…

A moralla: eu creo que non che falto ao respecto. Paranoia? Egocentrismo? Non sei. Desculpa se che ofendín en algo pero creo que te acabas de pasar tres pueblos.
(valdeorosa)

Anonyme a dit…

Encántanme as laranxas ben grandes e coloridas!!! Son frugales e SANASSSS. O que non me gustou tanto foi o comentario que leín pola mañá aludindo a egocentrismos e toladassss varias e que, según parece, Valderosa suprimiu porque, certamente, era un adelantamento (abuso) pola dereita das osadías.
Máis cor laranxa e menos grises na vida!!
Un bico rapaça

Rifo I de Zeuquirne a dit…

A moralla: vexo que xa desapareceu o comentario, bastante desafortunado por certo que lle deixaches aquí a Rosa.
Eu que a coñezo ben, sei do aprecio que che ten, si non fose así, non che faría unha adicatoria como a que che fixo na súa columna da "la región" cando presentaches o teu libro. Magnífico por certo, non creo que naide che fixera unha loubanza coma esa.
Sinto ter lido o comentario que lle fixeches, paréceme que, como se di vulgarmente, mexaches fora de testo.
un saudiño.

O Raposo a dit…

Faiseme a boca auga, quixen dicir laranxa.

Moralla a dit…

A Rifo e Asor: Estas cousas arránxanse cara a cara. O asunto é entre Rosa e máis eu, mais entendo que unha irmá defenda ao seu sangue, por suposto, iso di moito de ti, Ofir. Como non vou agradecer a homenaxe que ela me fixo? Latexábame o corazón cando a lin.Pero é que o asunto non vai con ela, por iso o asunto paréceme surrealista. Eu fíxenlle 3 homenaxes no meu blog, cunha ilusión inmensa. As cousas fanse con xenerosidade, sen pedir nada a cambio, esa é a auténtica amizade, pero creo que aquí hai un malentendido. O asunto non vai nin con ela nin por ahí. Eu esta finde paseina coa miña familia, é normal celebrar o cumpre cos teus, non? por iso non entendo nada disto! Eu valoro á xente que me apreza, dende o principio, creo que souben escoitar a Rosa, ás súas ilusións, penas e demais, non é iso o máis bonito da amizade, saber ESCOITAR?
e ademais, que é perfecto neste mundo?
Hai que aceptar ás persoas como son, coas súas imperfeccións.
Mándovos unha aperta inmensa. Non quero discutir máis

A Raíña Vermella a dit…

Uf! Puxéchesmo difícil de verdade, Rosa. A continuación xa está no Espello, aínda que creo que se me foi un pouco a pinza. Agardo que as diferenzas entre ti e Moralla queden nunha anécdota. Un bico forte ás dúas.

Anonyme a dit…

A MORALLA: Nada que dicir nin que engadir ao respecto. Este non é o sitio. Discusión finalizada, tempo morto e boas intencións para non darlle importancia a chorradas. Un bico Yoli e grazas pola aclaración. Non era necesario. Ás cveces un quéntase e claro...(valdeorosa)

Anonyme a dit…

Ai dios que bem fago em marchar do blogomilho.... chega a primavera e todos entramos em fermentaçom.... sim Rosa o meu endereço é um rematado em gmail.com.... penso que também che deixei outro rematado em msn.com.... pra mim seria bastante constructivo e satisfactorio ter umha conversa diante dum té ou um café (sem o prefixo licor) pra saber da vida o universo e de todo o demais. Desde que che conhecim e conhecim a Chelo tenho gana de repetir essa experiência. Foi como estar diante de D.Quixote e Sancho.... tu nas nuvens e ela recordando-nos o que tinhamos que fazer (deixade-vos de lérias, tanto falar de ver-vos e agora que vos vedes nom falades.... antológico!!!) Aguardando esse e-mail continuo no exilio ao que me vejo forçado pola minha mala cabeça. Um beijo enorme ou já postos dous!

Anonyme a dit…

Hola Harvey¡¡¡Un saúdo de chelo, a rapaza sen blog, unha tía xenial. Non é? Intentarei contactar contigo. (A ver se non me devolve a mensaxe) e cando veñas por aquí xa sabes: es moi ben recibido. Un saúdo.(valdeorosa)

Anonyme a dit…

Vou introducirme no blog para facer un comentario. A pesares das queixas da laranxa son partidario de que non se revolucione, non gosto de revolucións, digo isto porque o zume é un auténtico elixir. Por certo teño unha amiga que fai uns centros moi fermosos de froitas e seguro que alí non está tan incómoda, hai que colocalas ben.
Oerius

Anonyme a dit…

eu, aínda que son máis de pomelo, nin doce, nin amargo(coma díxome un amigo: bipolar, dual), comprendo a situación da laranxa expansiva e apoio a súa escolla ecléctica...non hai nada máis belo ca mistura sobor de todo nun mundo onde todo reflíctese do mesmo xeito...
neno congoxa

Anonyme a dit…

Benvido nenocongoxa¡¡ O eclecticismo é unha boa solución para buscar a beleza na variedade e na liberdade máis pura. Unha mágoa non terte coñecido na blogesmorga. A ver se hai outra e ves e nos coñecemos. Un bico e grazas pola túa visita(valdeorosa)