mardi, avril 10, 2007

PIGMALION



Velaí o mestre, o instructor, o fundador de dominios cimentados nunha estraña necesidade de preponderancias inútiles, velaí o protector: Pigmalión.

Cando Asor topou con este híbrido percibiu nel un raro desexo de ser, de prevalecer, pero a simpatía que lle inspiraba fixo que rexeitara estas ideas. Considerou que eran supersticiosas, propias dunha iniciada. Tendo isto en conta, Asor proxectou demoras para profundizar no coñecemento deste personaxe, ambiguo no que a bondade se refire. Foi creando lazos invisíbeis que sostiñan ese prodixio de empatías coincidentes, de razóns discutidas á sombra das árbores de Noruf e co tempo comprendeu a realidade: Pigmalión era un diletante.
O feito de ser un diletante no misticismo asorita provocou en Pigmalión unha furia de titáns contida que verquía en Asor por medio de censuras rancias e despropósitos. Este híbrido ten un sentido do ridículo fóra do común que non lle permite avanzar. É superado polos seus pupilos en todo, sobre todo no concepto do perdón e o amor. El non quere perdoar, nin esquecer, nin pedir axuda. Como se estes sentimentos o rebaixaran de categoría. No seu lar non florece a tenrura nin a piedade e o seu concepto de amizade pretende aristocracias absurdas que Asor non vai consentir XAMAIS. Malia todo ela quéreo e desexa que este híbrido recapacite, que non perda a perspectiva. Moitas veces ten medo a contarlle cousas porque o odio que alberga no corazón non lle permite comprendela e pretende sempre sometela ao seu imperio de razóns inexistentes. Ela fai rituais para que este ser que tanto a axudou nun pasado esqueza a dor, deixe as bolsas todas no lamazal e bote un riso completamente libre. Ten poucas esperanzas e intúe que unha dor vai inaugurar un baleiro novo. A autolatría ten estas cousas.

19 commentaires:

Moralla a dit…

MIña querida ASOR: Non te me namores dese autólatra tan horroroso da foto!! que bicho, ise é peor que Michael Jackson hoxe en día! aínda está mellor o Joselito!
ou os "repugnantes" da serie anterior!(JEJE)
encantoume a primeira pintura
Un bico, verémonos mañá
Y ;-)

Torreira a dit…

Este pigmalión...debe recapacitar!.Bico

Anonyme a dit…

Penso que o que ten que facer Pigmalión é olvidar, e curar esa dor, pero todo eso require tempo e desconexión de ese mundo no que estaba rodeado. Pigmalión non ten odio senón o que prevalece e a dor.

Anonyme a dit…

Penso que Asor é unha entrometida, debería de deixar de xulgar ós demais e ver os seus defectos.

Rifo I de Zeuquirne a dit…

Pigmalión ten que baleirar de odio o seu corazón e desfacerse do sentido do ridículo, so así poderá compartir toda a verdade de Asor e ela ensinarao a rir coa sonrisa aberta e libre.
biquiño.
(por certo pasa polo blog do contasoños)

Anonyme a dit…

AOS VISITANTES ANÓNIMOS:Asor non xulga. Só transmite unha historia coa miña axuda. Eu decido o que fago co meu perxonaxe. En todo caso agradezo a opinión moito moito pero teño que dicir que o odio de Pigmalión é un dereito que cando desexe pode deixar de practicar. Sen máis. Ten un cráneo privilexiado e pode esquecer e liberar todo o odio se quere. Os defectos de Asor son de sobra coñecidos por todos vós. Debe ser a primeira vez que entrades por aquí senon non diriades iso.Para que saibades: Asor é inxénua, soñadora, precipitada, iracunda e insegura como Esmar... Pero non ten culpa de non ter odio nos miolos. Cos defectos que vos dixen xa vai indo esta deliberante. Sodes benvidos anónimos. Invítovos a dar a cara con todo o respecto do mundo.
A Moralla. tranki Yoli, Asor non ama a este híbrido. Quéreo como amigo pero, como dixo Rifo algún día, perde o tempo con ese rollo dentro da barriga.
A Torreira: eu estou contigo, este híbrido ten que recapacitar e deixar de odiar. Gustoume moito o teu derradeiro post. Un bico.(valdeorosa)

Anonyme a dit…

A Rifo : Grazas polos teus comentarios. Estou dacordo contigo. Debe recapacitar pero intúo que non o fará. Un bico
(valdeorosa)

Anonyme a dit…

Na vida, na que un sempre da voltas, atopaste sempre con ilusións e desilusións. Quizais algunhas firen tanto que causan sensacións difíciles de somatizar porque son peregrinas e duran moito, como as pilas, causan fendas que cicatrizan lenemente...todo isto aínda non sei porque tén que ser así.
Oerius.

Anonyme a dit…

Hola Oreius¡ Creo que tes razón. Hai feridas que duran moito e tardan en pasar. Durante ese tempo as sensacións ferven e fan dano pero pasan. Algún día pasn.
Moitas grazas polas túas visitas e as túas palabras. Un bico.(valdeorosa)

moucho branco a dit…

Sigo familizrizándome coa cosmoloxía asorita... haber se non me ataca a miña tendencia a simpatizar cos malos da historia... :P

Anonyme a dit…

Hola e benvido Moucho Branco. Perfectamente poderías simpatizar cos personaxes con máis sombras porque tamén teñen luces e as que teñen poden ser moi suxerentes¡¡¡ Moi boa a música que nos puxeches neste derradeiro post. Creo os que non pasaron aínda polo teu blog deberían facelo.
Un bico. (valdeorosa)

A Raíña Vermella a dit…

Eu tendo a desconfiar dos Pigmalións, dos que pretenden facer de nós unha cousa diferente á que somos... salvo que unha mesm@ sexa o propio Pigmalión, daquela calquera cousa é posible. Como me gustan estes paseos por Valdeorosa:)

Anonyme a dit…

Sexa benvida Maxestade. Hoxe entrei no teu blog e fíxenme un pouco de lío. Ás veces teño as ideas que se me disparan polos dedos e, claro, trabúcome. Ben, ao noso, Pigmalión ten luces e sombras. Eu, coma ti, non quero que me dirixan o pensamento.Só eu podo facelo. Un bico Raíña. (valdeorosa) Por certo porque non facemos un post en común: ti empezas unha historia eu a remato ou ao revés. Paréceche?

Anonyme a dit…

Sim eu penso que também vou recapacitar algo. Meu irmão o Capitám Harvey já amosou um grande interesse por conhecer à adorada Asor. Na sua última comunicaçom interestelar desde o seu satélite Gorevision deixou-me a seguinte mensagem:

"querido irm.... vivo sem viver em m..... desde que me fala-che da .....ce e fermosa Asor de Zeurq..... deveço por conhece..... quero conhe..... já!"

Ele é assim um homem impulsivo, afeito a navegar só polo espaço infinito, Dior proveerá!

Beijo galáctico!

Anonyme a dit…

Hola Harvey¡¡¡ Benvido por aquí. Asor díme que é unha mágoa non ter coñecido a un tipo tan agradábel máis a ela non lle parece mal en absoluto e entende aos impulsivos porque ela, ás veces, tamén o é. Cando el o desexe Asor acollerá a este ser alternativo tan simpático. Outro beixo galáctico para el e para ti , e grazas pola túa visita neste océano de consciencias en suspensión. (valdeorosa)

A Raíña Vermella a dit…

Encántame a idea! Empezas ti? Podemos pendurar o mesmo post ao mesmo tempo, ou ben ti penduras o inicio e eu o final. Se queres, mándame un correo á dirección do perfil, e de paso apúntate á blogoesmorga do sábado, que promete;) Un bico.

Anonyme a dit…

Isso, isso, à blogoesmorga polo amor de Dior!

Seria maravilhoso poder-nos ver alá.... comendo e falando... por separado que falar coa boca cheia nom é de boa educaçom hehehehe

Porfiporfiporfi vem :D

beijo!

A Raíña Vermella a dit…

O meu mail, por se tes problemas co perfil: rainhavermella@gmail.com Como ves, todo un alarde de orixinalidade;)

Anonyme a dit…

às 9.30 na praça de Vigo, pra mais info aproveita os emails... o da rainha vermella que organiça o evento ou o meu por se queres combinar antes pra ir juntos até a praça essa... um beijo, nom desesperes com o tema do podcast... às vezes essas cousas acontecem... vem amanhá, vem porfi porfi porfi!