mardi, mai 22, 2007

A GRAN COLISIÓN

O accidente tivo lugar nas turbulencias de Unicrom. Asor e Sennar ían lanzados cara á Tangibia. As tormentas desta zona perigosa parecían tranquilas ao saír de Komodoro pero as cousas irían cambiando conforme se achegaban a elas. Un aire frío e violento empurrou a Sennar e Asor cara á espiral incontinente de ventos enfrontados cunha forza inusitada. Asor berrou coma tola pedindo clemencia ao Gran Unicelular e o gato alado cos ollos envoltos nunha maré de bágoas clamaba: "É o fin Asor¡ Desta matámonos¡¡¡
Asor estaba asustadísima e unha febre delirante abrollou pola súa fronte ...
Realmente ían ser aspirados por estas turbulencias como miserábeis partículas de pó celeste?

Non podía ser¡ Había que facer algo¡¡¡
De súpeto as turbulencias cesaron e Sennar recuperou o movemento acompasado das súas ás...
Tangibia aparecía no horizonte e os ollos da deliberante brillaban emocionados: Isix de Raisís estaría alí, onda sempre, esperándoa...
A muller-mapoula amaba a este ser metade home metade lagarto e, maliá todos os inconvintes e o natural egoísta deste anfibio, el tamén a amaba...
Ás veces o amor ofrece camiños estraños, posibilidades equívocas e nos confunde... Sennar sabe estas cousas e sempre aconsella ben a Asor, a constructora de palabras, a dos ollos de améndoa a amante das palabras.

18 commentaires:

Son Unha Xoaniña a dit…

Menuda viaxe, vaia susto me deu esta Asor, xa pensei que se ia volatilizar no po ese de estrelas.
Gustaríame dicirlle a Asor que se cuide ben dos seres egoistas, non lle traerán nada bon.
Xa sei que o amor as veces nos confunde, pero hai que aprender a evitar aos egoistas, dillo ti Valdeorosa, porque eu teño poucas posibilidades de contactar coa muller dos ollos de améndoa, a constructora de palabras...
un biquiño.

Anonyme a dit…

Preciosísimo!!
Quero irme de viaxe e colisionarme con Asor e Sennar pola Vía Láctea e outras esferas!!! Ser muller-mapoula-améndou-bailarina-lunática e estoupar entre as estrelas!!!
(iso si, sen "os repugnantes")

Inspirácheste en "V" para o dos anfibios?? (aínda gardo na casa retratos que facía eu de Dayana "a malévola", jiji)
Bico volátil

Moralla :-)
e non te me mates de viaxes cósmicas!!

franetico a dit…

Qué tipo de anfibio se enamoraría de una amapola, flor de secano, de tierra arida y carácter yermo?? amores por acueductos extraños.

rosa enríquez a dit…

Benvidos a todos¡
A Rifo: esto ao final non deu en nada polos pelos¡ Asor fai o que pode contra os egoístas. Non sempre o consigue.
Moralla-yoli-valquiria de Auria: esta viaxes non foi exactamente cósmica, foi intercontinental dentro do mesmo planeta pero tes razón por pouco non foi interestelar¡¡¡¡
Franético: Os anfibios son de dentro e de fóra. Asor coñeceuno cando estaba fóra. É unha historia larga, desas que non se entenden, niso levas razón en sorprenderte pero esta deliberante non ten un carácter de secano como o epíteto empregado para denotala. Aí estás errado.(valdeorosa-rosa)

Anonyme a dit…

Menudo susto o que tivo que pasar Asor nesa viaxe intercontinental. Menos mal que levaba a compañía segura de Sennar. O gato alado seguro que cos ollos lle di que coidado. O anfibio é para desconfiar. A deliberante merece certezas.
Oerius

Anonyme a dit…

Eses sustos tambien te hacen ser mas precavido, seguro que ahora Asor será mas precavida.

Torreira a dit…

Ándame con coidado e guiate por Rifo(ou non,ou eu que sei...).Menos mal que estás enteira.bico

rosa enríquez a dit…

Benvidos Torreira, Oreius e Manuel: si. Asor é despistada e o gato un pouco tolo tamén. Pero vai ir mellorando porque sabeque ten que ser así: PRECAUCIÓN. Estos días ando un pouco liada correxindo exames e con rollos final bacharelatos no I.E.S .
Por iso non podo andar en internet coma sempre. Agradezo a vosa paciencia(valdeorosa-rosa)

Anonyme a dit…

olá corasom!

aguardo a tua comunicaçom interestelar como auga de maio... e isso que a auga de maio nom se fixo esperar ;-)

aguardo que todo vaia indo polo seu roteiro e que os dias de trabalho intensivo deixem passo a outros cheios de sol, passeios e cafés tertulia ainda que seja doente

já sabes onde estou, inmóvel, sorrinte :-) até o fim do universo!

o gustave

Anonyme a dit…

Meu amijo Moderno¡¡¡ Mira que me caes ben. Si señor. Xa o sabes ti ben. Jústame que nos visites. Asor enviache un bico moi forte envolto de asteroides e pó celeste, que non celestial¡¡¡(valdeorosa-rosa)

Anonyme a dit…

ais.... ontem choveu! choveu para bem... aguardei na rua até que começou a chover... era já noite fechada... o ar purificou e o orvalho acompanhou o meu caminho de volta a casa... ontem soou o telefone móvel e sorrim... a alguém mais sorriu... e isso nom tem preço... "para todo lo demás, visa electrón"!

o gustave

Lucía a dit…

Mil gracias por tu comentario. Interesante Blog el tuyo, sí. Está claro que el Señor Vernero tiene buen gusto. Un saludo y no dejes de visitar mi Blog.

Anonyme a dit…

As amantes das palabras sempre aman máis, o ser metade home metade lagarto sábeo por iso deixase namorar.

OSIÁN a dit…

Polo que se ve no espacio tampouco se debe ir lanzados, despois veñen os accidentes e non vale pedir clemencia.
As turbulencias son a contra corriente da vida. Äs veces funcionan como resortes que nos ensinan que disfrutar do que temos en cada momento.
Apertas

Anonyme a dit…

a veces el amor ofrece caminos extraños, o dios escribe recto con renglones torcidos
¿no es lo mismo?
ojalá nos perdamos por esos caminos para en el amor encontrarnos y ser solo
amor

Anonyme a dit…

benvidos Margot Tenebaum, Moderno, Brais,doutora Seymur e amor:
Margot: alégrome de que nos visites a Asor e a min. Gustáronnos as tús historias.Procurarwemos seguirte.
Moderno: uN DÍA TELETRANSPORTARASTE ata aquí e departiremos de novo face à face.
Doutora Seymur: ten vostede razón. Haberá menciñas para desamar? Vostede é médico... Díganos argo¡¡
Hola hola hola Brais¡¡¡ Que contenta está Asor de que nos visites. Tes tanto dese sentidiño común que é tan pouco común...
Amor: Benvido a Valdeorosa: Non sei se deus ou a natureza mesma nso envolve nesa maré de encontros estraños, con luz ou sen luz... BICOS A TODA/O(VALDEOROSA-ROSA)

neno a dit…

Moitas grazas pola visita e polos elegantes e suxerintes comentarios que sempre deixa no meu blog.
Unha aperta forte.

Anonyme a dit…

estes fixo que quedan sen puntos....que os gardas do trafico non estan para ostias ;)