vendredi, juin 15, 2007

ILOV: RESURRECIÓN

Ilov permaneceu durmindo ao longo daquela viaxe estelar na que a furia das súas víctimas o enviaran. Viviu nun soño insólito de insectos que devoraban no seu embigo os anacos da súa miseria.Coñeceu todas as dimensións do medo e unha estraña sensación metéuselle polos miolos rabuñando neles para morderlle a covardía que o convertera nun híbrido escuro e maledicente. Así son as cousas cando ferimos aos que nos queren, un burato negro abre ante nós as comisuras abisais polas que caemos como as pingas da auga nun infinito decadente.

Cando a deliberante caeu na conta da traizón, a ira e a mágoa mesturáronselle dentro batallando na barriga. Maliá todo o sucedido permanceu firme, recia como unha árbore e esperou o momento. Chorar é un exercicio inútil cando alguén bate coas unllas na confianza que lle demos e trafica coas nosas palabras manipulándoas.

Así fixo Ilov durante moito tempo: botou a semente da cizaña na alma dos amigos e eles ficaron en silencio, mudos.

Utilizou as palabras ditas nun momento de raiva e desolación, multiplicándo o seu efecto, batendo as pálpebras como se dun santiño se tratase, porén baixo a capa desa modestia impostada estendíase unha rara forma de envexa debuxada cun lápis gris clariño, como transparente.
Asor mirou ao híbrido cos ollos ben abertos e pronosticoulle un deserto de silencio de mil anos. En Aretx, na Comunidade Asorita, quen terxiversa as palabras recibe o castigo do silencio: o Princeps, Nabetse I de Zeuquirne, colle a voz do mesquiño ou mesquiña nas súas mans e gárdaa na caixiña galeánica. Cando abra a caixa será o momento do perdón e o castigado recuperará a súa voz de novo.





Ilov ficou mudo durante o tempo que Aretx tarda en realizar o seu movemento de traslación. Así que Asor e el estiveron separados cerca dun ano.


Durante todo ese ano os olliños de Asor foron recuperando alento e esquecendo as ofensas. Unha deliberante non podía instalar o resentimento nun lugar tan íntimo como a consciencia particular, ademais xa pasara o tempo necesario. A caixiña galeánica empezaba a abrir...

A MILES DE MILLÓNS DE ANOS LUZ o Comandante Ilov espertaba dese silencio terríbel que lle fora imposto tralo Consello Asorita e botaba a andar. Non era doado camiñar despois de tanto tempo coas pernas cruzadas dentro do sarcófago. Había moita neve naquel recuncho do universo e o frío metíaselle dentro coma un coitelo.Tiña o aspecto dun resucitado.




Ilov estaba preocupado. Non quería ficar nun sitio tan gris e pouco apropiado para el... Así que cando tras unha longa camiñata pola neve avistou o seu navúnculo, todo un mundo de afeites e améndoas lle saíron pola cabeciña. Por fin podería cambiar o traxe de pilotaxe, coller as gafas de sol "Ramaniz" verde turquesa e pasear polas alamedas acristaladas de Noruf...


Aí o tedes: Ilov, o híbrido máis divertido de todos, o maledicente, o condeado ao silenzo, xa saíu do seu sarcófago, puso as gafas de sol de Ramaniz último modelo e chamou ao seu navúnculo no idioma hibridota: XIAX
O navúnculo achegouse a Ilov sen tardar nin medio minuto porque el domina a tecnoloxía e non se lle resisten nin navúnculos, nin naves nodrizas nin nada.
Cara a onde pensades que se dirixe?



13 commentaires:

Son Unha Xoaniña a dit…

"Traficar coas palabras, manipulándoas" esto, practícano moitos, pero haise que facer fortes contra esas prácticas.
Pero que polo que vexo en Aretx, teñen moi bo sistema, ese castigo de silencio gardando a voz terxiversadora na caixina galeánica.
Gustoume moito a historia Aretxita de hoxe.
Bicos.

nhusko a dit…

Supoño que sabes que hai algo que chaman editoriais. Xunta todo isto, dalle forma e...
Non é un consello, non me gustan , e só unha opinión. Bicaso rapasa

Anonyme a dit…

lee, rosa, que te atañe:

http://tenasantiago.blogspot.com/2007/06/esa-maravilla-de-la-creacin-de-dios-que.html

amor

Anonyme a dit…

A caixa galéanica é o mellor tratamento que pode recibir un terxiversador. Cabería a posibilidade de encargarlle que me trouxera unhas ducias delas na súa próxima viaxe? Non reparo en gastos, sei que van quitarmas das mans.

Anonyme a dit…

Os castigos non me gostan, aínda que son necesarios senón non habería xustiza, prefiro celebrar o perdón. Espero de todos os xeitos que Ilov valore nese diálogo interior, ó que o castigou o silencio, a consecuencias da maledicencia. Imaxino o disgusto do Princeps o impoñer a multa. Os seres libres sofren restrinxindo liberdades.
Oerius

Anonyme a dit…

O retiro buscado de Ilov faríalle meditar? Para eso son os retiros. Se meditou e se deu conta do perxudicial da CIZAÑA non dubido que Asor o recibirá nos festexos da palabra. E executará o perdón. Si non recapacitou, a deliberante estará preparada para non padecer como no primeiro desterro. O futuro deste híbrido, como o de todos, está nas suas propias mans.
NTLV

Anonyme a dit…

Moitas grazas a todos: O híbrido Ilov pasouno moi malo a perder a confianza dos amigos. De todos os xeitos A Resurreción de Ilov é xa un feito.Isto é unha historia fantástica e nela o castigo ten para os asoritas un valor reformador por iso chaman Resurrección á reaparición deste híbrido desterrado. O resentimento é unha emoción escura, que limita.
A Rifo e A Doutora: teredes unha caixiña no voso buzón de correos proximamente.
A nhusko: grazas pola túa opinión. Tomo nota e fágoche caso. Moitas mo0itas grazas.
A Amor: Visitei o teu blog e sentínme moi honrada.Grazas.
A Oreius : máis que perdón eu falaría da importancia de recapacitar e reflexionar. A persoa que debe dicir o que considera unha traizón pásao mal. O xusto é que este amigo caia na conta deste comportamento e pida perdón para aforrar o mal trago ao outro.
A NTLV:DACORDO CONTIGO EN TODO. Ilov debe cambiar a súa perspectiva das cousas.Ten que ser honesto e non finxir o que non sente.Un saúdo a todos e MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA(valdeorosa-rosa)

Anonyme a dit…

"quen terxiverxa as palabras recibe o castigo do silencio"

estaría ben que isto producírase dun xeito natural...

Estiven un tempo sen conexión xa que andiven en terras veciñas preparando a miña mudanza por iso aínda non subira ningún poema ao blog cando a túa visita.
Bicos.
Neno Congoxa.

P.S:Teña conta deste híbrido porque tenche pinta de ser moi, moi festeiro...

Anonyme a dit…

Benvido Neno Congoxa¡ Este híbrido é festeiro total. A Asor cáelle ben. Pensa que co tempo a normalidade irá collendo forma a deliberante poderá observar se o arrepentimento de Ilov é sinceiro.
Bicos poeta¡(valdeorosa-rosa)

Moralla a dit…

Ola Rosa. Como sempre a túa imaxinación deborda por todos os recantos e a selección de fotos é impactante. Eu quedo coa foto do ollo, xa sabes que teño predilección polo sentido da vista.
Unha aperta sincera de Yoli :-)
Segue a escribir moito

Anonyme a dit…

Benvida Yoli. Eu creo que as fotos son coñeras de todo. Sobre todo a última, a de Ilov, sofisticado alieníxena que desborda modernidade dourada¡ Unha aperta de Asor e de todos a Comunidade Hibridota.(valdeorosa)

Torreira a dit…

Ese Illov ten unha pinta de carallan terrible.Bico

OSIÁN a dit…

O castigo do silencio é inhumano.. Sí a cada erro que todos cometemos tivera que corresponder un silencio, o mundo sería un cimenterio. Creo máis na terapia de facerlle ver as desvicions da sua conducta. O perdon ea medida correctora máis axeitada.
Fermosos mundos os que Aretx.
Grazas por as suas verbas