lundi, juin 25, 2007

FELIZ VERÁN A TODOS DENDE ARETX

Chamei o verán a berros dende a miña casa. Chameino dende a xanela, dende o balcón, diante da porta, no xardín...



Clamei coma unha bolboreta estendendo as mans irisadas entre luces artificiais con sabor a un anís antigo, como de hai cen anos.

Solicitei ter un desexo. Fíxeno con moita forza e
cando un desexa algo con moita forza nácelle un anhelo impenitente, intermitente e acedo. É unha sensación estraña como de fervenza íntima, algo parecido a unha derrota pero non é unha derrota porque as derrotas fumigan os restos do que queda, do que non queda, do que existe e do que non. As derrotas son un vestido amargo, unha palidez de anémona espida, unha despedida. Non debemos entregar as armas do silencio, nin todas as bocas abertas. Temos un nome e un espacio habitable, temos unha consciencia de pertenencia a un estado, libre e republicano, temos as mans abertas para coller todas as rosas que nos pertenecen por decreto. Ninguén pode roubarmos o alento infatigable, a loita continua e os furacáns de mariquiñas que configuran ese desexo.



Pretendín un sol no inverno. Arricáronme o corazón en anacos detrás das portas. Pero seguín soñando cun verán rachando nos postigos da tristura.Collín o sol cas mans e faleille baixiño, como quen quere contar un segredo, pregunteille pola inocencia. "Onde reside?" Díxome: "Búscaa sempre fóra, onde non hai trámites, onde non existe o pudor nin os traxes, onde florecen as pedras..."


Que difícil, pensei, como poden florecer as pedras... Pois florecen porque na inmensidade do universo todos somos parte de algo e podemos acadar o don da marabilla.


Coller o sol coas mans é como portar un tesouro dentro, como levantarlle a saia aos faraóns e enterrar no chan as simas profundas, algo semellante a erguer un trono de perdón e fortalezas.


DESCUBRIR UN MUNDO COMA ESTE, APARENTEMENTE PEQUENO PERO INMENSO FOI COMA TER UN SOL NAS MANS, UN SOL QUE LUCE DENDE FÓRA, ONDE FLORECEN AS PEDRAS.

Quero adicar este post de verán e sol a todos vós, en agradecemento ás vosas visitas:
MENCÍA (SANGUE DE BREOGÁN), MORALLA (LIBÉLULA GOLPEANDO NO TAMBOR. DÉBOCHE UNHA HOMENAXE AÍNDA), TORREIRA (DAS MIÑAS PRIMEIRAS VISITAS. GRAZAS CABALEIRO), BRAIS( O MEU PRIMEIRO VISITANTE CHEGADO DENDE O NORTE CUN CORAZÓN NAS MANS) , NENO CONGOXA(POETA EN REDE, LEDE¡¡¡), O MEU CAPITÁN HARVEY( ALIAS MODERNO DE MERDA E GOREVISIÓN), DOUTORA(RECÉTEME ALGO PARA ESTE SOL PORFA) RA COMA UN SOL OSIRIFICADO, A MAXESTADE DA RAÍNHA VERMELLA, TORREDEBABEL (TECENDO UN FÍO DENDE MOI LONXE ATA ARETX. GRAZAS), NHUSKO(GRAZAS POLO CONSELLO), NATYARA(DENDE AQUEL NADAL...), FRANÉTICO(TREPIDANTE ROCK DE PALABRAS), RAPOSO(POETA), AMOR(AMIGO), MARCOS NA SOLAINA DAS UVAS(GRAZAS POLAS TÚAS PALABRAS),PAIDELEO,MOUCHO BRANCO(MORDAZ E DIVERTIDO), OQUETENCUTENMEDO, MARGOT TENEBAUM... hAI MOITOS MÁIS. sEGURO QUE ESQUEZO A ALGUÉN: DESCULPAS ANTICIPADAS.


AOS MEUS AMIGOS: OERIUS E NTLV POLA SÚA INCONDICIONALIDADE.







25 commentaires:

Anonyme a dit…

Aquí na Terra o verán estase a instalar paseniñamente. Parece vir preguiceiro. Estivo gardado o largo inverno nos altiños do armario das estacións e agora non quere sair. Estalle a costar. Eu xa o chamei varias veces. Mandeille unha mensaxe. Agregueino ó meu messenger. E dinme no satélite MeteoGaliza que desta semana non pasa.
Verán non sexas folgazán, lacazán, lombán, nugallán, pandorco, zolado!

Fasme repasar a lingua. Grazas por elo. Así, unha nova sinapse acábase de producir. Ves?
Unha aperta.

NTLV

Anonyme a dit…

NTLV: Espero que o sol chegue XA e encha as nosas esperanzas de praia(débesme só dúas) afeites de festa,jazz e moita amizade para compartir. Vémonos onde o sol luce espléndido. UN BICO(valdeorosa-rosa)

Anonyme a dit…

Algún día ollei florecer ás pedras ...era moi cativo e aínda así lémbrome (como podería esquecerme).
Agora o que teño que recuperar non é ese recordo senón a mente que fixo posible que isto ocorrera.
Obrigado pola dedicatoria deste post tan fermoso
Bicos do Neno Congoxa.

automator a dit…

Con permiso de la señorita Enríquez me sumo a este blog en la lengua que mejor domino. Espero que eso no sea un impedimento para plasmar mis impresiones.

Gracias por escribir.

Rifo I de Zeuquirne a dit…

Moitas grazas Rosa-Valdeorosa por este post fermosísimo e cheo de poesía, desa poesía que desbordas polos poros da túa pel.
Tu si que eres un Sol, o sol da nosa estirpe, que nos quenta sempre inda que haxa nubes que o escondan, inda que o verán sexa tardío coma este... Nos sempre teremos o sol da túa existencia.
Un biquiño.

Anonyme a dit…

como sempre rosa-asor o meu coraçom fica batendo forte no meu peito até o momento em que o tempo nos achegue um bocadinho mais... de jeito físico porque espiritualmente estás sempre na minha cabeça, no meu sonhar, em esse recanto que só nos pertence a nós

beijos e já sabes onde me tens!

gustavo harvey

Anonyme a dit…

O verán chegou e o sol debeute escoitar. Todos queremos ter un sol que guíe os nosos pasos e ilumine a escudirade, que a veces, nos rodea. Esa luz non é sempre fácil de acadar pero si está pendurado é que é para nos.
Súmome a todas e todos os bloggers nesas felicitacións por acercarnos a mundos tan ben deseñados.
Oerius

Anonyme a dit…

Ola a todas/os e sede benvidos.
A Neno Congoxa: eu tamén decidín buscar dentro aquela inocencia primeira para ver florecer as pedras cando os muros semellen enormes.
A Automator: Moitas grazas pola túa visita. En Aretx os asoritas tenden un tapiz cara ao teu universo para recibirte. Irei polo teu mundo dun Oz alternativo e farei como a nova Dorothi: saireime do camiño de baldosas amarelas.
A Rifo-Ofir: grazas polas palabras que desprenden o apoio do sangue fervendo na sangue.Matriarca do teu clan.
Ao Capitán Harvey: Oh Capitán mi Capitán¡ tes razón.Nós sempre estamos cerca mesmo se algúns quilómetros nos separan. Únenos a simpatía compartida e esa poética que tanto nos gusta, como ao Neno Congoxa(VALDEOROSA-ROSA)

Anonyme a dit…

A SUPER-OERIUS: Ti sempre es benvido por aquí, porque formas parte deste universo que é a túa casa.O sol está aí para todos. Niguén ten potestade sobre el. Un bico(valdeorosa-rosa)

Moralla a dit…

O tambor aínda soará no rebumbio dese sol sonoroso que tan ben agarras na primeira foto que me encandilou! (mais non será en Ourense, val de calores abafantes)
* Fermosa adicatoria asorita para todos os teus "alieníxenas" visitantes. A verdade é que non a lera antes, andaba a voar coma unha libélula e a saltar as últimas cacharelas! (jijiji)
Abrazo

Ra a dit…

Ay, yo lo llamé, pero me tarda.
Bico, Doña Rosa

Doutora Seymour a dit…

"Coller o sol coas mans é como portar un tesouro dentro, como levantarlle a saia aos faraóns e enterrar no chan as simas profundas, algo semellante a erguer un trono de perdón e fortalezas."... Véxome incapaz de receitar algo que se lle achegue minimamente en eficacia a súa invocación.
Fermosísimo.
Grazas por esa raiola que me dedicou.

Suso Lista a dit…

Colle o sol cas mans, e pono no corazón. Bicos

Torreira a dit…

Gosto do vran en Aretx...exíliome pois alo.Bicos Rosa

Anonyme a dit…

Ola a todos e todas. Rematei de limpar o meu apartamento(levo tres días en trance doméstico) e veño ao ciber e estades aquí¡ Moitas grazas de corazón da miña parte(Rosa E.) Pásoo moi ben escribindo esta historia e comentando con vós as cousiñas desta Asor buscando o gran segredo da felicidade.
PALABRAS DE ASOR III DE ZEUQUIRNE TRANSMITIDAS VÍA SATÉLITE:
"MORALLA: Sempre me sorprenden os galimatías verbais nese dominio que tes para xogar coas palabras. Aos híbridos e a min gústanos ese xeito de golpear no sistema.
RA coma un sol: Nós en Aretx temos tres soles, xa sabe. Se lle apetece podémoslle mandar raios de luz para que ao abrir a xanela da súa vivenda bote un riso cheo de luz.
DOUTORA.: Elegancia no dicir e auténtico estilo. Eu fago rituais para acadar esa paz que vostede ten a mans cheas. Seino porque o respiro nas súas verbas. Non esqueza que no meu planeta somos uns adiantados na telepatía¡
SUSO LISTA: colleremos un anaquiño de sol e meterémolo no corazón como nos dí pero querémolo compartir con vostede. Teña Sr Lista un anaco de sol de Aretx.
TORREIRA: Mima cabaleiro¡ Canto tempo leva por estes lares de visita? Pida o permiso de residencia e os asoritas e os híbridos dámoslle unha vez máis a benvida.BICOS" (ENVIANDO MENSAXE DE ASOR AOS HABITANTES DA GLOBOSFERA)

Ra a dit…

Vuelvo para decirle que las visitas no tiene usted que agradecerlas, Doña Rosa, creo que hablo en nombre de todos: es un placer pasar por aquí.
Bico2

mancivigo a dit…

Grazas por entrar no meu recuncho. Eu tamén o fixen no teu e vexo que tes alma de poeta, que escribes cos sentimentos.

Agora non teño moito tempo, pero quero profundizar en ti. No que escribes. No que pensas. Estamos en contacto. Bicos

automator a dit…

Tengo que mejorar el sistema de llamada de mi Stargate. Cada vez que quiero acceder a tu planeta tengo que consultar en el ordenador central los siete símbolos y me retrasa demasiado, incluso me crispa. Memorizar, memorizar, memorizar... ¿Por qué estos aparatos no guardan las direcciones? Si es que los Antiguos tampoco eran perfectos, eh... :D

En fin, las naves de carga nunca me han gustado para trasladarme, y mi nave nodriza hace mucho ruido al aterrizar, me da jaqueca, así que seguiré accediendo por el Stargate.

Necesito tu ayuda, tu colaboración inestimable. Un importante papel de "Gladys y el maravilloso mago de Oz" no tiene actor que lo represente, la gran Bruja Cretina del Oeste. Debemos encontrar a la persona adecuada. Algo así no se debe dejar al azar. Espero tus sugerencias.

¡Feliz jueves asorita!

Anonyme a dit…

Ola a todos e benvidos.
RA: Imaxino que lles entretén un pouco ler estas cousas. Iso é moito para min. Gústame que lles guste. Por certo, en Málaga aínda non sae o sol? Bicos para RA coma un sol.
Automator( o meu alter ego interestelar) estou a reflexionar sobre a bruxa Cretina do Oeste. A ver se se meocurre algún actor. A tarefa é difícil. Cretinos hai por todas partes pero "LA GRAN CRETINA" é complicado de atopar. Ten que ser cretinísma¡¡¡¡
MANCIVIGO: sexa vostede benvido a este universo paralelo onde sempre hai sitio para os que teñen sensibilidade. Agradezo enormemente as súas palabras. BICOS E A VER SE NOS VEMOS POLA CIDADE OLÍVICA CABALEIRO.(VALDEOROSA)

torredebabel a dit…

de todas as estacions, penso que o verán é o mais feminino, o máis pleno e vencellado á vida (non so no sentido de maternidade senón nos moitos e ricos modos de vivir). Fermoso!

Anonyme a dit…

Moitas grazas Torre. A min encántame o verán para estar relaxada e facer o que me gusta. Un bico.

O raposo a dit…

Que ese sol ilumine con forza tamén Aretz.
Apertas.

Brais a dit…

O sol, aqui no norte é un ben escaso, por iso ten tanto encanto. A intensidade da luz é moi especial.Os parques, as montañas enchense de persoas que persiguen os seus raios. Xulio, eo mes de vacacions da maioria noruegos que aproveitan estos días de lecer para voar a Espagna ea Grece.
Non chame moito o sol, deixenos disfrutar anque sexa un chisquiño. A mediados de agosto, o sol desaparece para deixar paso os fermosos paisaxes de outono.
Feliz verán.

Brais a dit…

Esqueciame Grazas por este maravilloso post.

A Raíña Vermella a dit…

Moitas grazas polo fermoso post e pola adicatoria:) Agardemos que funcione coma un encantamento e que veña o sol xa de verdade. Un bico