lundi, juillet 02, 2007

OBXECTIVO KOMODORO

O comandante Ilov ascendeu rapidamente na súa nave. Dispuxo todo para entrar no hiperespacio e colleu rumbo a Galaxia de Ayonk. Sabía que debía aretxizar en Komodoro e falar coa deliberante. Tiñan asuntos que arranxar. Así o híbrido máis divertido de todos, o desterrado, retornaba ao seu punto de partida: Aretx.
Durante a longa viaxe a través das estrelas hibernou para evitar ter jaquecas. A Ilov os traxectos interestelares producíanlle migrañas. Así estivo case catro meses, durmindo. Normalmente cando un aretxita hiberna nunha travesía espacial programa o soño para que nada alterase ese estado. Ilov esqueceu iso. Levaba moito tempo metido naquel sarcófago e as súas percepcións e actuacións parecían alteradas. Así comezou o periplo mental máis insólito
para el...
O seu corpo ríxido comezou a xirar bruscamente. Abriu os ollos coma platos e botou a lingua fóra igual que un poseso. As cousas non estaban a saír ben para o comandante. Se non era quen de facer algo tan sinxelo como hibernar xa podía mentalizarse para sufrir. Ilov contemplaba saír da súa boca serpes e sapos que lle falaban. Pero o peor de todo foi cando a serpe máis grande de todas quitoulle as gafas Ramaniz... Aí as cousas cambiaron. Ilov perdeu o medo todo. Puxo o seu corpo en pe, como se fose un zombi, e botou lume pola boca queimando así os sapos e as culebras. El era Ilov O Exterminador, o gran guerreiro hibridota, o que botara fóra aos grupos antisistema de Berix. Grazas a este episodio onírico o desterrado reuperou a súa antiga forza. O proceso de maduración rematara para el. Ilov O Exterminador regresaba a Aretx.
Mentres todo isto sucedía no navúnculo do retornado, algo acontecía no navungalow de Asor. A deliberante sentíu no corazón un golpe estraño, como de martelo espetando a dor. Percibiu algo raro no ar que entraba pola xanela e un riso como de sandía estendeu o seu poder polo rosto de Asor. O Híbrido máis divertido estaba de camiño e ela estaba contenta.

7 commentaires:

Anonyme a dit…

Imaxino á deliberante na xanela agardando a irrupción de Ilov, de novo na súa vida. A imaxino ansiosa polo reencontro. Tantas cousas por falar...O Exterminador pode acabar con grupos antisistema, pero non ten forza contra a forza da razón. Imaxino a Asor loitando pola razón, armada de palabras.
Así se gañan as guerras. Evitándoas.

Unha aperta.
NTLV

Anonyme a dit…

Vexo que esta aventura non descansa polo verán...a chegada de Ilov de seguro que transformará a vida de Asor. Se ela sinte a súa forza a través do tempo e a distancia que os separa será por algo...
Un bico
Neno Congoxa

Moralla a dit…

jajaja! con todos os respetos miña benquerida Asor, raíña da imaxinación gore! mais creo que os teus soños superan aos de Dalí e aos Caprichos todos xuntos de Goya!Non sabía eu que hibernación provocaba Xaquecas tan fortes! claro, por iso os morcegos espertan con tal mala hostia que morden e beben sangue!
(xa non quedo máis contigo, non vaia ser...)
Yoli
Iloy
(dende lonxe)
;-)

Ra a dit…

Hibernar para huir de las jaquecas está bien, bien. Espero que el verano (otro modo de hibernación)no le haga aparcar próximos capítulos, Doña Rosa ;). bico

Anonyme a dit…

minha rosinha, obrigado pola mensagem

já sabes que se nom contesto é porque som pobre e nom tenho contrato no telefone

vou o sábado a compos ao orgulho lgbt galego.... deverias vir e tomar 4 licor café comigo porque tenho algo de mimarrachada no corpo e preciso aquecer o espírito coa bebida dos deuses

um prazer incrível saber de ti, o coraçom bateu forte ao escuitar o PI PIIIIIII

o moderno de merda

Anonyme a dit…

¡Ola a todos. Non resposto antes porque non teño internet na casa e claro, dependo do ciber. Agora estou aquí para dicirvos coma sempre BENVIDOS.
A NTLV: tes todiña a razón. Evitar as guerras é a verdadeira victoria. Ilov caeu xa na conta de que un perde moito ao pensar en gañar sempre.
Ao Neno Congoxa: seguirei polo verán. Fíxate que estou pensando en mandar aos híbridos á praia¡¡ Bicos.
A Moralla: ilústrasme co dos morcegos e as Xaquecas.Querida Yoli, Ilov é un personaxe fantástico cheo de contradicións. A Asor gústalle falar con el. Sabe que na visita á súa casa vano pasar moi ben.Unha aperta poeta¡
A un SOL como RA:esto seguirá porque as ideas bulen dentro e non me deixan tranquila. Teño que botalas fóra. Tomarei o sol, lerei, pasearei, sairei PERO PERO virei por aquí. Como non? Gústame moito andar pola rede¡ Un bico cheo de sol.
O meu Capitán¡¡¡¡¡¡ Que ben que veñas ao día do orgullo¡¡¡¡ Eu, NON PODO FALTAR,NON QUERO FALTAR.
Vereite entón e compartiremos noite de luces e satin. Estamos en contacto.Bicos(valdeorosa)

Anonyme a dit…

O final o híbrido Ilov dirixiuse ó navungalow de Asor...non podía ser doutro xeito. Xa o dixen hai que celebrar o perdón.
Oerius