vendredi, juin 08, 2007

TAREAS DOMÉSTICAS DE ASOR




Como todos os vernarius, sobre as 19:oo, Esmar o Cabaleiro do Infinito chegará ao navungalow de Asor. Fará o traxecto dende as terras de Noruf no seu robocal Sartestám C4,un dos mellores robocabals do mercado espacial. Con el pode ir a distintas velocidades: uniformemente acelerada, decelerada ou simplemente non ir, ficar parado e teletransportarse quilómetro a quilómetro e chegar na metade de tempo. O caso é que como Esmar é un romántico sen remedio, prefire ir lenemente, saboreando cada paisaxe, disfrutando do cheiro das flores, sobre todo das margaridas, que en Aretx son dun azul turquesa deslumbrante. Durante o camiño fai un descanso para tomar un pouquichiño de Linxel rebaixado con auga no Navuncafet de Tubuf, un androide moi simpático que sempre lle conta algún chiste. Así é Esmar, un híbrido de costumes. Ao saír do nabuncafet pensa nas cousas que lle contará a Asor e nas ganas que ten de vela. Está contento.A nosa deliberante sabe da chegada do híbrido e atópase un tanto histérica... Ten que limpar todo o navungalow¡¡¡¡ Asor sempre está ocupada dende o principio da semana ata ao fin e, claro, facer unha limpeza en profundidade é algo que a atormenta día tras día.Non quere estar ao servicio do seu navartamento como unha escrava. Máis ben ten que ser ao revés, el ten que estar ao servicio de Asor. Unha deliberante coma ela non pode estar tan pendente de cousas tan absurdas como limpar. Porén como , no fondo lle remorde a conciencia, dispón as cousas para proceder ao acto de purificación medioambiental doméstica.
PROCESO DE LIMPEZA ASORITA

1º Meditación profunda

2ºExercicios de relaxación na escuridade

3ºConexión musical rítmica( a música suave quítalle as ganas)

4ºEncendido do robasistent Z5

Cando ten todo listo e xa está mentalizada deixa que a música penetre no seu cerebro asorita. Entón ponse en marcha o seu lado máis prosaico: Asor-limpadora.
Mirádea ben: disfrazada como as antiguas traballadoras do fogar de hai uns tres mil anos. A ela parécelle que lle dá máis realismo ao asunto e, xa que ten que desenvolver un papel que non lle gusta nada, mellor botarlle un pouco de coña ao asunto. De todos os xeitos, este traballo non é tan duro. Conta co apoio do seu robasistent, un regaliño que lle fixo a súa nai, Asor Lía, sabedora do malestar que sente con estes labores.
Robasistent Z5 é un minirobot que fai de todo: varre, plancha, quita o pó, fai de aspiradora... Só a louza se lle resiste. Pero non importa, o peor queda feito. O único problema é que está programado para protestar cando hai moito pó e claro, Asor ponse tola cando lle repite unha e outra vez: "Pó e suciedade diversa, ácaros pola zona centro e sur, necesidade de desinfección"· A muller-mapoula ten ganas de estrampalo pero non pode. Facilítalle moito a vida.
Cando Esmar fai a súa entrada neste recinto místico purificado todo brilla e Asor luce un espléndido riso como se nada tivera pasado. O linxel está enriba da mesiña e a tertulia vai comezar.












21 commentaires:

Anonyme a dit…

As peripecias da deliberante no proceso de limpeza asorita lémbranme ó que faría unha estrela da TV terrestre que leva por nome Gladys. Non lle gusta pararse con temas tan vanais como a limpeza. Ela párase e pensa: "Yo tengo que limpiaaaarrr....Estoy harta de pasar la aspiradora. Yo prefiero ordenar los tarros de verduras y las cajas, me gustan las cajas...". Nalgunhas cousas do día a día, Aretx e a Terra parécense ¿Non sí?
NTLV

Anonyme a dit…

Boa tarde NTLV. Esta vida que leva Asor no seu navartamento é divertida pero tamén ten cousas que non lle gustan. A Asor limpar agóbiaa moito. Faino porque non lle queda máis remedio. Limpar é un coñazo en Aretx, na Terra, en Berix...Un bico para NTLV(VALDEOROSA)

Anonyme a dit…

Rosinha ai minha Rosa, mais grande que o mesmo Sol dessa terra aretxita!

Obrigado polos seus comprimentos. Já sabe que você é umha prioridade nas minhas viagens compostelanas... aginha teremos oportunidade de compartilhar um café e muita poesia essa que nos ferve tanto!

Beijos mil!

Ra a dit…

Pues sí que es verdad, los Sartestám C4 son los mejores ;)
Besote, Rosa

Moralla a dit…

Vaia! deixáchesnos coa mel nos beizos!! xusto cando a tertulia ía comezar....isto vai por capítulos, como Falcon Crest! coa diferenza de que hai unha calidade suprema comparando coas series norteamericanas de sobremesa. Alí os prexuízos e as paranoias provocaban uns líos da hostia sen necesidade. Na túa serie asorita, hai limpeza, pureza, imaxinación, creatividade, brancura....

Anonyme a dit…

O acto de prificación domestica é unha das cousas máis desagradecidas que hai, cando remate a tertulia a muller-mapoula terá que reiniciar o proceso. Todos pregamos pola chegada liberadora do Robasistent Z6.

Son Unha Xoaniña a dit…

Doulle toda a razón a Doutora Seymour, tod@s pregamos pola chegada liberadora dese Robasistent Z6, e como aquí na terra inda tardará en chegar, podíaslle dicir a Asor que mo emprestase algún sábado.Xa mo imaxino purificando a miña casa coa falla que lle fai jejeje.
Bicos.

Torreira a dit…

Xenial Rosa...

Anonyme a dit…

Asor, non sei por que sospeitaba que non lle ía gostar facer as tarefas do fogar. Na terra tamén son fastidiadas e inacabables. Non me quero esquecer de Sennar...recordo que dicías que tiña ciumes de Esmar, O Cabaleiro do Infinito, ¿onde está agochado? ¿él tamén é un humanista, non o convidades? ¿reclámache Esmar ese espazo de tertulia para volos dous sós?
Oerius.

Anonyme a dit…

Ola e benvidos tod@s¡
Capitán Harvey: espero que colla o deseño da súa nave espacial para amosarllo a Asor. Ela está moi interesada nese debuxo. Tamén nos gustaría ver algúns arquivos de poesía... Un beso.
RA como un sol. Ola e benvida. Díme Asor que lle mirará o prezo do Sartestam C4 para que faga máis viaxes de Málaga a Galicia e moito máis rápido. Bicos.
Moralla: nos sei que dicir... Agrádame moito que che gusten estas historias e que o pases ben léndoas. Mira xa que o dis ... OS REPUGANATES son peores que Angela Chaning¡¡¡¡Bicos poeta
Doutora Seymour, ten todoa a razón. Cando Esmar marcha a deliberante debe repurificar todo o despurificado. Un bico Doutora.
Torreira: vostede si que é xenial cabaleiro
Oerius: O gato , ese gato pelán anda sempre velenoso detrás da mesiña mirando mal a Esmar cando está no navartamento. Ás veces está a facer recados entón Esmar e Asor poden falar tranquilos.(valdeorosa-rosa)

paideleo a dit…

Graciñas pola visita.
Eu teño visitado este blogo pero pérdome.

A Raíña Vermella a dit…

Eu tamén quero un Robasistem!! Incluso me conformo cun modelo atrasado, de segunda man, un Z4 por exmplo. O que dixo que as arefas domésticas podían ser un xeito de realización persoal, está claro que non as fixo na súa vida.
P.D: xa sei que non me prodigo moito comentando ultimamente, pero sigo aquí, ao pé do espello;)

Marcos Valcárcel López a dit…

Ata agora só te coñecía a través dos teus artigos en La Región. Pero onte souben que es de Valdeorras e faláronme, moi ben, de ti: unha túa compañeira e amiga, Maruxa Guitián. Só quería deixarche os meus saúdos e dicirche que nos encantaría que colaborases nalgunha das actividades culturais do Liceo de Ourense, onde tes as portas abertas cando queiras. Un saúdo cordial, Marcos Valcárcel.

Anonyme a dit…

Benvida Maxestade. É un pracer ter seu real comentario por aquí. Vou falar con Asor para ver se hai aínda Robasistent no mercado. A min viríame ben. Ao mellor fainos przo. Un bico
A Marcos Valcárcel:es benvido neste lar extraplanetario.Maruxa é unha tía sorprendente¡ Ela é moi completa. Traballadora incansábel e sen dúbida unha persoa excelente. Moi agradecida por ofrecerme colaborar con vós, sobre todo porque Ourense é a miña terra e faime ilusión poder aportar algo. Un saúdo(valdeorosa-rosa)

nhusko a dit…

Coido que preciso dun robasistent mais non sei se sería quen de usalo a xeito

Anonyme a dit…

Grazas Nhusko pola túa visita. O caos de limpeza que plantexabas no teu post titulado entropía pode rematar cun robasistent coma o de Asor(valdeorosa-rosa)

torredebabel a dit…

pois eu coma nhusko tamén quixera un robasistent porque para esas tarefas de purificación, coma di a doutora, sonlles bastante espantosa. Moito me gustan as visitas a este planeta ;-)

Anonyme a dit…

Benvida Torredebabel. Agradecemos a súa visita.Eu tamén espero por un robasistent. Xa deberíamos ter todos un na casa. Un bico(valdeorosa-rosa)

Anonyme a dit…

si algún día llego a conocer a esta amiga tuya, asor, prescindiré de la realidad exterior y solo querré limpieza en su mirada, y buen trato, amistad, cariño, que son formas de
amor

Anonyme a dit…

Odio as tarefas domesticas, pero os currantes como nos, non nos queda mais remedio que facelas. Tamen e unha forma de distracción. Un saúdo Manuel García

rosa enriquez a dit…

BenvidoS¡
Para Amor:algún día chegará en que coñezas a esta deliberante. Entón pois seguro que vos caedes ben.
A Manuel:Tes razón.As tarefas domésticas axidan tamén a esquivar a dor. Eu cando estou triste, ao limpar críspome tanto que se che me pasan todas as penas.
Un bico(valdeorosa)