vendredi, juillet 13, 2007

BLOGOMERÓN: TACIÑA DE PRATA

Aquí tedes a entrada á vivenda de Taciña de Prata. Está situada nas Montañas de Vermellona, ao sur do Gran Río Eliofermes. Pertence á familia das Prata, toda unha saga de limpadoras instalada nesta especie de recuncho natural destinado ao naturismo. Na actualidade é un museo no que figuran expostos os distintos productos de limpeza empregados ao longo da historia. Pero coñezámos mellor a historia desta cova e da súa última habitante .




Veredes, nos tempos do Gran Asedio, as lindísimas damas da corte Do Rei Elionardo fuxiron cara ao monte para protexer a súa integridade física, xa me entendedes. Non é o caso dicilo todo aquí. Ben, pois entre todas estas nobles había unha especialmente fermosa: Giovannellla, con tres eles. Si si con tres eles. Supoño que lle puxeron así porque nacera con tres pernas. Eu que sei, o caso é que esta rapaza instalouse nesta cova da montaña para ocultarse e sobrevivir. Os Guerreiros do Asedio foron marchando pouco a pouco pero durante todo o tempo que permaneceron no castelo do soberano Elionardo, Giovannellla con tres eles viviu como unha anacoreta, soa, triste. Naquel espacio reducido estaba todo suxo así que a moza comezou a limpar. Fregaba día e noite como unha posesa, era como se unha especie de Xenio do Mistol Verde se lle aparecera en soños e lle atribuíra o don do esplendor doméstico Foron anos moi duros. Especialmente porque ninguén a axudaba. Moitas veces asomaba o corpo fóra e falaba coas árbores e os paxaros establecendo con eles unha epecie de simbiose íntima e secreta pero nada conseguía calmar esa dor. Detestaba esa vida tediosa e repetitiva. Sempre o mesmo. Igual todos os días: varrer, fregar, sacudir o pó... E aínda por riba tiña tres vagalumes psicóticos cantándolle aquelo de " Así limpaba así así, así limpaba así así. Así limpaba que eu a vin". Nese estado de cousas Givannellla con tres eles xa perdera toda esperanza ata que unha noite pareceu o Xenio da cova. Si, neste conto o Xenio non chega nunha lámpara nin nada diso. Aparece porque si, porque lle peta, no medio do pó. Era o Xenio das limpadoras, o curmán de Mistol.



O diálogo foi directo e diáfano: Precisas de axuda e eu vouche conceder tres desexos pero será un por semana.



Giovannellla con tres eles dixo " Unha lavadora"

"Sexa" respostou o xenio verdecente e un obxecto enorme e rectangular apareceu no medio da cova con deterxente e todo( non ímos dar o nome da marca, comprendédeo)

Ao cabo dunha semana O Xenio convocou á moza outra vez para que fixese outra petición.

Esta vez Giovannellla con tres eles pediu un home. Entón este ser poderoso proporcionoulle un ben fermoso, parecido ao das galletas de chocolate.
Con este tipo a rapaciña compredeu a importancia da retagarda e virou forte como un león. Entendeu o motivo da existencia desta perna de máis e botou un berro de ledicia sodomizante ao penetrar naquela cova escura que este príncipe de melenas lle amosaba, leal e humilde, como ofrecéndose ao xeito dun regalo.
Pasou a semana nese festival de zumes íntimos e nin se enterou. Os bos momentos fan que o tempo transcurra case a velocidade da luz¡
Chegado o día o gran Xenio escuro e verdecente apareceu formulando a consabida pregunta:"Que desexas muller?"
Giovannellla "con tres eles" contestou rexia "A TI"
Inmediatamente o Xenio pasou a formar parte do séquito sexual desta muller-emperador e xa non se aburriu mais. Eles limpaban para ela e a satisfacían plenamente. Por iso a súa vivenda pasou a chamarse TACIÑA DE PRATA.
Está ben que coñezades de todos os contos a verdade

8 commentaires:

Son Unha Xoaniña a dit…

Eu tamén quería ter o xenio da lámpada ou da cova ou calqueira que fose, igual que Giovannellla con tres eles,
A túa imaxinación é desbordante, xa sabía eu que unha nena que tiña conversas coas bonecas e inventaba situacións insólitas e marabillosas, so podía dar en unha escritora de grande imaxinación.
un biquiño.

Torreira a dit…

Esta tre l era unha pedichona.Bicos

Anonyme a dit…

Eu ía paseando por esa cova mentres lía e dicía " Santo Freaud, pero é que nin nos contos inocentes eres quen de esvaecer"... iso dicía eu, despois fiquei mirando un anaco para o principe (tamén o xenio pódiase esmerar, pensei)e despois cheguei ao fondo da cova e non me quedou outra que dicir tres veces XENIAL!!!.
Xenial este conto, Rosa.
Por certo, eu pídome para Nadal unha lavadora como a da foto, xa vou collendo vez.

Anonyme a dit…

como sempre fermoso e cunha imaxinación desbordante Rosa.
Biquiños de performance
manda iso da Rexión
Yoli ;-)

rosa enriquez a dit…

Ola a todos. Estiven sen conexión estes días. Vaia coñazo¡ Agora paréceme que non ter acceso a internet é algo así como estar incomunicado. Estou pouco afeita ás dificultades na rede.
A rifo:era eu un pouco freak de nena.Xa apuntaba maneiras extavagantes.O boneco que prefería era o anano gordiño de Blancanieves e aquela tan grande á que lle medraba o pelo. Rosaura creo que se chamaba¡
A Torreira : o que non pide non mama din por aí¡ Pero si, pedía moito Giovanellla¡
A doutora:non sei que dicir Doutora para agradecer as súas palabras. É moi chulo que vostede, que tan ben domina a escrita, pase un bo rato lendo estas historias dunha servidora que "se permitiu" desler todas esa fantasmagoría de fadas e princesas dos contos clásicos. Un bico MOI MOI GRANDE.
A Yoli: non puiden enviarche iso por non ter conexión pero non te preocupes, enviareicho. Alégrame verte escrita por valdeorosa. Aquí es sempre benvida. Un bicaso

Anonyme a dit…

Achéganse días de viño e rosas para Giovanellla con tres eles. Que afortunada ela e que ben servida...incluso atopou o seu "príncipe" e mira que costa traballo porque cáseque todos saen rás.
Bicos
Oerius

Anonyme a dit…

Quédome co Príncipe e coa Lavadora. Eu que sempre quixen ser príncipe dun conto, confórmome coa relaxación que me produce acender a lavadora, encher de brancura o meu tendal e relaxarme pensando na roupa colgada. Outros falan con camelios...
Grazas por relatarnos a verdade tamén dos contos.

Unha aperta.

NTLV

Suso Lista a dit…

Parece que o millor, sería ser Principe Técnico en Lavadoras, je je. Bicos