dimanche, octobre 28, 2007

HELIÓPOCENS : O NASCEMENTO DE GARLANA


Garlana de Moritz naceu no ano 1111 en Heliópocens, a cidade dos círculos concéntricos. O seu nascemento causou bastante espectación nos circulantes (este é o nome que reciben os que alí habitan) entre outras cousas por ser a filla do Circulante Máximo, Garzán de Moritz e da Muller Redonda, Telenar d' Amenoteps.

O esperado día, a Muller Redonda estaba máis redonda que nunca pois levaba consigo dúas vidas: a de Garlana e a súa propia. O gran momento tivo lugar no círculo central, a beira dun río que rodeaba a fortaleza. Había unha morea de persoas: médicos, enfermeiras, o colectivo de Bruxas do círculo exterior e a familia completa... Todo o mundo anhelaba ese nascemento, ata tal punto que se podería dicir que ninguén na sociedade de circulantes fora tan esperado dende a chegada de Imenotar, o menor dos Navegantes.

Ah¡ Que marabilla sentirse tan desexado¡ Pero... podería Garlana percibir esta ansia dende o interior da barraga da súa nai? Pois segundo Bruxana, a Bruxa Maior, si, mais esto é xa outro tema e non ímos entrar agora niso conque voltemos ao momento da saída e saibamos como foi. Polo que eu sei, Garlana de Moritz saltou do útero materno como unha bala. O seu pai colleuna axiña do ar, moi habilidosamente, evitando así que batera no chan. Unha vez no seu van, o bebé botou un riso e chiscou un olliño, como se comprendera todo e, se cadra comprendíao, xa que como filla do Circulante Máximo o don da intuición lle fora concedido polo Seres Superiores.

No que se refire á apariencia física direivos que a súa figura semellaba un círculo perfecto, isto dáballe un aspecto de brava saúde, é máis, resultaba graciosa aos ollos de todos pois parecía un choriciño dos máis sabrosos. Nacera co pelo apelotonado na zona da fronte como se fose un anxiño deses que enchen os templos dos Comedores de Zampallás...

Que gran día para Heliópocens¡ Todas as familias celebrábano cunha ledicia extrema pois tiñan posto nese bebé as súas esperanzas.

10 commentaires:

Alexan a dit…

Todo ser que nace debera ser amado e deseado, non sempre é así, desafortunadamente. Os seres humanos nacemos desnudos e necesariamente ca nosa nai, pero aquí rematan as similitudes. Non é o mesmo nacer no medio das guerras ou en Africa poño por caso, que en Europa. Tamén as posibilidades de realización do ser humán dependen en gran parte, desafortunadamente do nivel económico e cultural do entorno máis próximo.

Aledome de ter unha visión das “cousas do mundo” moi parecida a vostede, que ten moita sensibilidade. Ademais de escreber fermosos textos.
Apertas

Mararía a dit…

Parece o principio dun largo conto. ¿Será o próximo Sr. dos Aneis?

Agora xa estou curiosa, espero que a historia continúe. Un saúdo.

paideleo a dit…

O parto ese foi de película.
Os circulantes teñen razón en pór as súas esperanzas no bebé porque son o futuro.
Sorte para Heliópocens e os seus habitantes.

Suso Lista a dit…

Ainda hai quen nace con un pan debaixo do brazo, cousa que en Heliópocens sería un pan de bola. Bicos

Mararía a dit…

Acabo de ver na Asociación de Escritores da Lingua Galega que es escritora profesional, así que pídoche disculpas pola miña ignorancia.

Un saúdo.

rosa enriquez a dit…

BENVID@S¡¡¡
APÁTRIDA: Ten toda a razón. Non lle é o mesmo nacer neste primeiro mundo que en África ou nalgúns lugares de Asia e Latinoamérica, onde as posibilidades son limitadas ou, como en áfrica, inexistentes. Polo demais tamén me alegra compartir ideas con vostede. Moitas grazas polas súas palabras. Sempre é un pracer telo por este humilde valdeorosa. Bicos:)
PAIDELEO: Pois si, estes circulantes están a vivir un momento mesiánico¡ De seguro que este bebé será relevante. Por certo o seu Leo é repoludo e moi bonito¡ Bicos para os dous¡
SUSOLISTA: Como di vostede, esta bebaza é enorme e redondísima e de seguro que trae un pan de bola con perucho e todo a modo de coroa¡ Un bico grande¡ Ah por certo, se nacera en Corme traería un percebe grande? :))
SILVANA: Querida Silvana, vostede non ten que disculparse de nada. Eu agradezo de corazón as súas apreciacións sobre o que escribo co corazón na man, que é un sitio onde procuro levalo sempre para non esquecer quen son e de onde veño. Estou empezando nisto de escribir e, se cadra, dentro de moitos anos deixarei de ser unha aprendiza. Polo de agora procuro non perder o centro e valorar os modestos logros que poida ter. A min marabíllanme moitas persoas que, coma vostede, escriben tan ben e me aprenden tantas cousas. Moitísimas grazas polas súas palabras e avíseme se arranxa ese problemiña da súa páxina. Gustaríame moito seguila lendo. UN BICO BEN GRANDE DENDE O CORAZÓN¡:)

Anonyme a dit…

Veo que Heliópocens va a dar para mucho. Espero ansioso más historias de esta curiosa ciudad de los círculos concéntricos.

Garlana de Moritz será la primera de una gran saga, estoy seguro.

Torreira a dit…

Este e un parto e o demais son hostias.Bicos Rosa no dia dos finados.

Raposo a dit…

Parece que o parto foi rápido e saiu ben. Agora espero que nos conte as aventuras e desventuras, se as houbera, desa rapaza.
Bicos.

A rapaza do arco a dit…

Temos curiosidade por saber cales son as túas oito :)