Cando Elianora Buster chegou a Heliópocens, a cidade dos espellos, comprendeu que todas as cousas marabillosas teñen un sentido común, universal e a un tempo propio e particular que de nada serviría fóra dun conxunto motivador e relaxante. Heliópocens era un lugar suspendido no tempo, un sitio inimaxinable, unha extensión enorme de xardíns e árbores frutais que se ofrecían aos que pasaban como un regalo, mais debía ser unicamente algo aparente sabendo todo o que Elianora sentiu e experimentou alí... Pero situémonos un pouco para comprender ben o significado verdadeiro desta historia e como Elianora Buster puido chegar ata eses círculos concéntricos e perder o seu tempo tanto como o perdeu na procura das cereixas.
O caso é que esta muller perdeuse sen bousola por un camiño e sen saber como apareceu no medio, en Heliópcens, rodeada de prantas, en aparencia vexetais. Estaba soa e sen memoria, ignoraba absolutamente todo sobre si mesma. O único realmente probable e comprobable era que agora vivía no medio dese círculo de maxia floral e alimenticia coma no medio dun fantástico labirinto. Pasados uns minutos decidiu tomar parte activa, estirou a man e prendeu con ela unha cereixa vermella e brillante. Meteuna na boca e comeuna. Gustoulle. Si, gustoulle moito porque Eleanora Buster, dos Buster de Philadelphia, era unha grande amante das cereixas e demais froitos naturais. Despois comeu outra e outra máis ata encher ben o bandullo e caer desmaiada de satisfacción. Nese momento unha voz potente e tremebunda escoitouse por todo o xardín:
"E TI QUE DÁS?"
Elianora sentiu unha suor fría por todo o corpo, era unha especie de alarma orgánica que a avisaba do perigo pero nada aconteceu durante horas conque foi recuperando a calma e esa sensación de normalidade que lle permitiu erguerse do chan e continuar comendo porque a fame comezara de novo para Elianora e parecía non ter fin: era a fame das cereixas.
Ter fame dalgo en concreto pode resultar moi cómodo se un dispón dese alimento en abundancia pero senon é así resulta tremendamente angustioso de tanto querer comer...
De todos modos, Elianora non estaba para unha metáfisica das vísceras e a súa obsesión non lle deixaba ver cantas froitas máis lucían naquel xardín...
A voz berrou de novo:
"E TI QUE DÁS?"
O corpo de Elianora Buster tremeu todo enteiro e redondo como estaba de tanto tragar e rodou polo círculo sen parar, unha e outra vez. Rodaba e rodaba, rodaba máis e máis. Parecía que non ía parar nunca pero parou.
Unha mañá levantouse coas mans abertas, os dedos despegados e un morodo ben grande ante ela. Tiña un aspecto fabuloso e as ganas de comelo eran grandes pero Elianora respirou profundamente, colleu o froito, pousouno no medio do xardín e cunha voz firme dixo"EU DOU ESTE MORODO" . Logo marchou, conseguiu saír desa esfera fantasmal rompendo todos os espellos e regresou á súa casa, a dos Buster de Philadelphia, a casa de sempre, ao xardín onde naceran os auténticos morodos, eses que saben a leña fresca e durmiu.
15 commentaires:
Aunque leerle sea un soplo de aire fresco de invierno cualquier día de la semana, en domingo ya ni le cuento...
Besos enormes.
Eu comín morodos de North Carolina e son saborosos. Non me extraña que Elianora Buster quixese saír dese xardín fantástico para volver a Philadelphia.
Xenial. Tes unha imaxinación..... insisto, tes o don.
Un saúdo.
Nos mundos maxicos, no mundo real, é necesario aportar algo de nos para recibir algo dos demais.
Fermoso texto.
Unha aperta
Paréceme que estás comezando a madurar outro novo libro de relatos fantásticos, e digo fantásticos por partida doble, xa que o son tanto pola temática como pola calidade. Segue.
bicos.
O mundo xa é por si máxico, pra mais no teu teclado. Moitos bicos.
Hai tanta xente rodando polo mundo que ás veces ata se fai difícil camiñar...
Que conto tan fermoso!!, e agora que lle dou eu a cambio da lectura? Só teño un bico, pero é grande coma unha cereixa de Beade, eh??!!
Gostei moito da súa xenerosidade literaria.Bk
BENVID@S TOD@S¡¡¡
RA: Moitas grazas polas súas palabras RA¡ O domingo é un día no que pasear pola rede faise tamén para min moi agradable. É cando dispoño de máis tempo así que podo disfrutar máis. Créame se lle digo que eu tamén gosto moito do seu blog¡ BICOS:)
PAIDELEO: Pois endexamais probei eses morodos de Caolina do Norte pero seguro que saben ben. Os morodos son un regalo da natureza. Seguro que ao leo e ao pai gustaríanlle os de San Martiño do Bolo. A min encantábanme¡ BKOS BKOS:))
SILVANA: Estou segura de que lle saen morodos ben ricos do seu pelo como corresponde a unha raíña do vexetal. Gardo as súas palabras no meu corazón e doulle as grazas cun bico grande grande e unha grande aperta toda de morodos¡:)))
APÁTRIDA: Concordo con vostede. Non o coñezo pero vexo que o seu pensamento non me é alleo xa que me parecen moi atinadas as súas reflexións, xa non polo que di vostede aquí,neste valdeorosa, que é xa a súa casa aberta para que teña se quere unha patria pequena e modesta, senon polo que opina noutras páxinas. Bicos:)
RIFO: Benvida Ofir¡¡¡ Pois non sei moi ben que é o que está pasar pola miña cabeciña pero sáenme estas cousas medio fantásticas... A ver que sae a próxima vez¡ BICOS E GRAZAS:)
SUSOLISTA: Vostede si que é máxico e Corme xa non lle conto¡ Eu tamén quero ir alí¡ Creo que non pararei ata coñecer o seu pobo percebeiro¡
Bicos cheos de mar¡:))
DOUTORA¿ Querida Seymour, vostede tenme encandilada e o sabe¡ Non sei que dicir... A ver, direille que comerei encantada esa cereixa de Beade pero só lela é xa para min unha marabilla.Dende que puxo no seu blog esas palabras de Galeano...BICOS DOUTORA:)
TORREIRA: Moitas grazas Torreira polas palabras e pola constancia. Eu gosto moito da sensualidade dos seus textos. BKOS E UN POUCO DE LK:)
Para Silvana: Espero que se solucione ese problemiña na súa páxina. Por se me despisto, fágame saber cando estea arranxado¡ É unha cousa estraña e dáme mágoa non poder lela. Un bico:)
Dar e ter para que te veñan ver,boísimo e a falla de cereixas,amorodos e demáis froitos vermellos douche un bico e unha aperta da miña cor.
Pero que fame de cereixas me acabas de dar, e amorodos, mmm, encántanme as froitas vermellas.
Eu non marcharía do círculo sen probar todas as froitas.
Saúdos
Rematei de lerte e empezei a cavilar en todo o que nos dá a terra e o pouco que nos lle damos a ela. Quizais por eso se cabrea, veñen os desastres naturais, o cambio climático e todo eso.
Parabens polo relato.
Ante todo pidoche disculpas de ante mao polos posibles erros gramaticais.
Identificome con Helionora e viaxo con ela ata Heliopocens cando fai anos na decada dos oitenta nos chegaban de Amsterdam unhas pastilliñas moi pequenas que nos facian viaxar ata Helioponens, agora inda vivindo o mellor mortos na realidade do dia a dia, as veces sobrevivindo e fermoso recordar como ti mo acabas de por facil eses intres de viaxar libre navegando na bicicleta nun mar verde de herba o lado de casas flotantes.
Un saudo.
Postadata: Non sexas moi dura comigo como maiestra, pois coma dicia Neira Vilas, son o Balbino un rapaz de aldea, coma quen di, un ninguen.
OLA E BENVID@S¡¡
VERMELLA: Dar é unha aprendizaxe que aínda que leve tempo comprender é fantástico. Énchese un de bo rollo e os morodos saen por todas partes¡¡¡
Aí lle envío un ben rico¡ Ah¡ E un bico redondo redondo:)))
A CONXURADA: Eu, coma vostede, son unha boa comedora: de verzas, de carne, de ovos, de peixe, de froitas... Ufff¡ Comer é un momento sensacional, sobre todo se hai cousa rica e ben preparada. Ais váiseme a pinza¡ Ofrézolle un morodo virtual, como un holograma, para que faga conxuros que traian cousas boas á nosa terra e un BICO GRANDE¡
RAPOSO: Pois si. Acaba de dar vostede no cravo do que quería eu dicir coa súa interpretación do texto: Heliópocens é un sitio fictício cunha atmósfera espesa e abafante na que Elionora escoita a voz da natureza que lle reclama...
Todo o que temos diante e non sabemos respectar empeza a tomar partido, as forzas telúricas rebélanse... Un bico grande Raposo¡
LALELO: Benvido por estes lares e grazas pola súa visita¡ Aquí en valdeorosa non existen "os niguén" conque xa ten vostede un espacio ao que acollerse. O mellor dos contos é a posibilidade de transmitir mensaxes moi diferentes, dependendo do lector. Se a vostede este Heliópocens lle trouxo lembranzas oitenteiras de viaxes astrais pois... Non vou ser eu quen o contradiga¡ Polo demais siga disfrutando desa mar verde de herba( por certo, que chulo lle quedou isto Lalelo¡)e... Nada máis: un bico e unha BENVIDA a este mundo bloger¡
Enregistrer un commentaire