dimanche, octobre 14, 2007

HISTORIAS BREVES: REFEXIÓNS DUN XERANIO INDIGNADO

Dende este lado da xanela vese todo diferente. Ás cousas que preocupan aos de dentro resultan moitas veces aBsurdas cun B maiúsculo e belfudo, tanto e tan grande que ata eu caïo dentro da súa barriga duplicada como un idiota... Non sei que sucede exactamente. Debe ser que de tanto vivir entre eles fago miñas as súas teimas e o meu corpo somatiza esas descargas eléctricas e viscerais e dobro o tallo e me retorzo e sigo retorcéndome, cada día un pouco máis. Así estou chepudo coma unha cunca do revés. E, certamente, isto tenme alarmado pois non desexo ter este aspecto feo e torto. Detestaría parecer unha pranta indecorosa¡ Sobre todo porque eu non son ese que se estrangula entre as frores, son un Pelargonium dos mellores, cun verde matizado en gris como se estila nos da miña saga e luzo ao sol rodeado de pétalas un tanto rosadas que abotoan o meu traxe de verán. Si, eu son un xeranio ben parecido e pretendo seguir así. Non quero que esas dúas que me trouxeron para a súa casa por unhas moedas de prata esquezan a importancia do meu vestido como fixeron o outono pasado cando enfermei a causa das térmites. Foi terríbel¡ Estiven días espido, decolorado, únicamente tiña o meu tronco, que polo demais estaba prácticamente seco... Malditas formigas brancas¡ Non sei como puideron invadir o meu corpo, e, sobre todo ignoro como esas dúas non caeron na conta de que estaba enfermo¡ Por iso creo que dende este lado da vida vese todo distinto. Nós dependemos máis directamente da auga e do sol para sobrevivir. Se cadra por iso valoramos tanto o esplendor vexetal e somos tan respectuosos co resto dos habitantes deste mundo verde multicolor. Non me gusta xulgar a ninguén pero, se estes humanos estropean todo e funden na miseria o sitio que lles foi outorgado para vivir porque pensarán que son tan listos?


23 commentaires:

Torreira a dit…

Bicos de Domingo rosiña...

A Conxurada a dit…

O xeranio ten toda a razón do mundo, imos de listos pero....

Apertas.

Cesare a dit…

pero as formigas bancas tamén son habitantes do mundo multicolor, non? ;)

rosa enriquez a dit…

Benvid@s¡
Torreira, recibo o bico e lle envío outro da miña parte e da do xeranio:)
A Conxurada: Pois si, a min tamén me parece que leva razón este xeranio niso de que maltratamos ao medio ambiente. Tiramos pedras contra o propio tellado pero logo pensamos que somos os máis listos de tod@s os seres vivos. Bicos da nosa parte(miña e de Pelargonium)
Cesare: Benvido por este valdeorosa¡
Sí si si. Por suposto¡ As térmites tamén son de deus. Pero a obriga das que mercaron o xeranio era ter conta del. As formigas brancas... Ten razón hai un problema: o ecosistema é unha cadea de ralacións estraña¡¡¡ Líome. Un bico e GRAZAS POLA VISITA.

APÁTRIDA a dit…

Todos somos necesarios, as formigas brancas, mesmamente os xeranios, que se utilizan no Sur para escorrentar os mosquitos. Quizás os unecos prescindibles somos os seres humanos que todo empozoñamos e destruimos.
Fermoso texto, como todos os seús
Unha aperta

Ra a dit…

Siempre he sentido especial simpatía por los geranios...(lo dará la tierra y sus patios?)
...y siempre un placer repostar aquí, Dona Rosa.

Rifo I de Zeuquirne a dit…

Deume remordimentos este post que colgaches, recordei os meus xeranios e máis as petunias, que teño un pouco olvidados ultimamente e que están pedindo a miña atención a berros.
Bicos.

Doutora Seymour a dit…

Eu xa fai moito tempo que só merco ou acepto plantas con espírito de supervivente. A verdade é que eu gozo moito máis paseando por unha fraga que regando as plantas de deseño que venden nas floriterías, gústanme as plantas libres e bravas coma os paxaros. Alí, no monte, cuidanse soas, se nós as deixamos... que vai ser que non. Que parvos!

paideleo a dit…

Os xeranios deben de ser a flor máis común nas nosas fiestras e balcóns pero merecentes dun trato agradable e san para eles.
Ás termitas brancas que lles dean bocata de chourizo !.

hormiga a dit…

Ñammmmmmmmm, estaba rico o xeranio. ¿onde hai máis?

vermella a dit…

Ia comentar pero acordeí que as miñas plantas teñen sede.Se atopo formigas que debo facer?
bicos rosa

A rapaza do arco a dit…

Pois hoxe mesmo acabo de mercar un par de plantas, agardo que non me acabe con elas a escuridade do corredor.
Pero a verdade é que listos listos non somos, semella que nos falta certo instinto de supervivencia básico que comparten as outras especies

Suso Lista a dit…

Co frio, xa as formigas non comen do de fora do formigueiro. Bicos

moucho branco a dit…

Calquera humano mínimamente lúcido xa reparou na estupidez da súa especie, :)

Silvana a dit…

Encantáronme as comparacións. É unha realidade contada ben bonita. Desde que empecei a leerte paréceme que deberías publicar os contos, por ex. contos infantís, ... , non sei. Es realmente boa explicando verdades de forma sinxela e bonita. Paréceme que se te da especialmente ben. E despóis de meterme onde non me chaman, envíote un saúdo.

automator a dit…

Ayer me acerqué a tu blog. Después de leer la historia no sabía qué decir. Hoy he vuelto a leerla. Me ha resultado más sencilla, más esclarecedora. Parece mentira, pero de que manera cambia la forma de ver las cosas el humor que tengas cada día, o tu predisposición a entenderlas.

Una historia por breve no deja de ser intensa. Hay tantos temas en este texto, tantas ideas, tantas posturas. Ayer buscaba un motivo, hoy encuentro varios.

Algunas veces me siento geranio. Otras soy termita. Las menos, compradora cargada de monedas de plata. ¡Qué distinto se ve todo desde un lado y desde el otro!

Meditaré sobre el tema. Tengo un té excelente que me regaló un amigo reciente. Seguro que me ayuda a concentrarme.

¡Feliz día! ;)

rosa enriquez a dit…

Ola a tod@s e benvid@s. Sinto non ter respostado antes pero é que ando mal de tempo. Así que ante todo grazas polas vosas visitas¡
APÁTRIDA: Sí, os seres humanos non sabemos gardar a nosa propia casa. Bicos para vostede¡
RA: Comparto esa simpatía polos xeranios. Para min si que é un pracer visitar a súa páxina. Un bico RA¡
RIFO: Pois a ter conta desas prantas para que luzcan ben¡ Seguro que pasan eses remordimentos ao ver como sorrín cando entres polo patio¡ BICOS:)
DOUTORA:Seymour, eu tamén gosto desas prantas medradas libres, desleadas pola forza propia e as ganas de brotar. A ver se non as queiman ou as pisan ou eu que sei que máis tormentos somos capaces de practicar con elas. A este xeranio furibundo que lle recetaría vostede para que non sufra? Bicos Seymour, grandes e vexetais¡(Estes non poderán ir dentro da caixa)
PAIDELEO * HORMIGA: Pois se vostede quere que lle dean chourizo ás termitas e A HORMIGA(BENVIDA) quere comer o xeranio e o xeranio leva dentro térmites... Vanse poñer as botas a HORMIGA E AS TÉRMITES E... Xa non sei onde vou¡ Liáronme vostedes¡¡¡
BICOS PARA PAIDELEO, LEO PEQUENO E HORMIGA¡
VERMELLA: Pois eu coido que haberá que levar o xeranio ao médicco de prantas. Rúa do Cabazal nº 1111 Ceo
UN BICO GRANDE Vermella, como ve non teño nin idea de prantas:))
ARQUEIRA: Coido que debe vostede lanzar un frecha cunha mensaxe grande ao ar: VIXIADE A VOSA TERRA¿
Se cadra funciona. Un bico¡
SUSOLISTA: As formigas métense en todo e comen de todo. Son tremendas¡¡ UN BICO PERÇEBEIRO DO RONCUDO¡
MOUCHO BRANCO: Que hai de novo? Alégrame velo por aquí¡ Ten razón que resulta tan evidente que somos tontos que... quen non reparou niso? Parabéns polo seu DISCO¡¡¡
silvana: vOSTEDE VAI TER QUE TER PACIENCIA PORQUE EU NON SON QUEN DE AVANZAR NA LECTURA DOS SEUS POST. qUE SUCEDE? iGNOROO. bLOQUÉASEME O ORDENADOR E NON HAI TU TÍA¡
Moitas grazas polas súas palabras. Nese silveiral do seu nome nacen unha enerxía marabillosa e libre. UN BICO ENORME E MOITO OBRIGADA:)))
cONECTANDO, CONECTANDO... automator al habla????
Ola AUTOMATOR, todo carácter e definición, saiba vostede que os puntos de vista son variados porque todo o é. A natureza é variada e niso radica a súa beleza. Vostede é varios e por iso me resulta tan interesante a charla que me ofrece e eses guiños tan divertido que me fai. É mire que temos un modus vivendi ben distinto¡ UN BICO dende Aretx para vostede:))))))

Anonyme a dit…

Menos mal que os xeranios son fortes e teñen esa supervivencia guerrilleira que tamém hai no mundo vexetal. Gústanme as plantas así, as que combaten pragas e as que pensan por si mesmas.
Bicos cheos de clorofila, ben osixenados!!!
Mona

rosa enriquez a dit…

Benvid@ MONA¡¡¡
Como xa lle dixen algunha vez os xeranios poden estar e ser na casa dunha persoa se os coidamos con cariño. Ás veces tratámolos mal, non temos conta deles, queremos que estean pero non os deixamos ser. Un bico grande¡

O Raposo a dit…

Quizais algún día, cando teñamos algo de sentido común, non sexa necesario facer esa pregunta.
Apertas.

Marinha de Allegue a dit…

Adoro os xeranios son fortes e deseguida prenden...

Unha aperta en Domingo.
:)

Silvana a dit…

Rosa, non sei que ocorre, xa mo dixeron máis.

Un saúdo.

Chousa da Alcandra a dit…

Cada pétalo suxire un poema, cada grupo deles un poemario. Amólanme, pero entendo ás formigas brancas. Eu tamén devezo por comelos!!!!

Saúdos