Si, vivo nun edénico paraíso vexetal rodeada de laranxas, arandos e cogomelos entre outros froitos que a natureza ten a ben proporcionarme para o meu alimento. Aquí son feliz, ben metida na terra, entre o humus do que escoito cada palabra como unha auténtica aprendiza, para non esquecer a miña PROCEDENCIA. Por iso direi de min que si, que son radical porque habito na raíz que me envolve no seu van abrazando cada parte da miña árbore caída, para que non vaia tan abaixo do fondo e me perda... E digo máis, digo que me retorzo e digo ben porque tomei a forma das polas deste mato pequeno que son, ergueito e torto a un tempo. Ouh¡ Cantas veces quixeron afastarme de ti, raíz grande e profunda¡ Tantas como días levo vividos nese sitio estraño onde o gris mediocre estala nos tabiques destripándome cada vez que caïo nese erro tan repetido de ousar meterme nas cabezas que só saben ler nas tapas dos libros¡ Mira que son analfabeta e non aprendo nunca, porque non poderei dicir que non mo avisaron veces: non vaias por corredoiras tan estreitas que non cabe a liberdade... Así que por tal motivo vivo aquí, en Terra de Ningures, onde non se oe máis murmurio co das follas precipitándose no chan, onde o límite racha cada día avergoñado, víctima da súa ignorancia.
E para que vos fagades unha idea desta fatiga que sinto ante as herbas que me afogan, direivos que son unha emigrante perpetua, unha fuxitiva, porque non gosto desa conciencia estirada como unha liña fina, como unha tea sutil e aceitosa que se pega a pel e nos mancha e nos manca e nos desborda polo tránsito abisal e descoñecido do egoísmo. Porén, estou a salvo pois achóme rodeada de margaridas e caraveis dos que cada día xorde unha enorme enerxía vital que arrastra e domina, e xa non desexo prescindir da súa voluptuosidade irredenta sobre min. Quero vivir así, exiliada, sen ese cheiro rancio asfixiándome e, certamente, non me preocupa a distancia. Non sinto nada, ningunha mágoa, nada en absoluto que non sexa o alivio de estar fóra, sempre fóra...
(RADICAL PROCEDE DE RADICEM: RAÍZ PERTENCEN A ESTA FAMILIA LÉXICA OUTRAS COMO: arraigar, raigambre, arraigo, enraízar, radicación...)
19 commentaires:
Xenial. Un saúdo.
Fermoso. Tan fermoso como o mais fermoso que teña leido.
Parabens por escreber un texto que queda dormido no rincon das emocions.
Un saúdo
Resérvame un lugar na terra de ningures...bicos
Eu tam�n estar�a de boa ga�a nesa terra de ningures, pr�stame un anaqui�o. Gustoume moito este post.
bicos
Sorprendeume ver que tomaras a molestia de vir a darme explicacións sobre o post de ELOS a raíz do meu comentario. Gustoume moito a educación e o respecto mostrado, pero penso que tampouco é para tanto. De feito en moitas cousas que dis douche a razón.
Simplemente conseguiches que veña ó teu blog e comece a lerte.
Parece que ó final ambolos dous saímos gañando. :)
Parabens polo texto!!.
Unha aperta radical.
;)
Fermosísimo.
Yoli
increiblemente fermoso
Cora
Fermoso, sensible,certo, identificada
Yoli
PLAS PLAS PLAS
Se lle queda un recuncho, podo exiliarme nese paraíso eu tamén?, prometo molestar o máis posible, coma aspirante a radical que son. Podo? podo? podo? ande... diga que si...
Hai veces que a distancia fai que formemos unha idea utópica da xente e a terra que deixamos atrás.
A primeira vez que deixei Galicia cando volvín rompéronse muitos mitos e caín da burra. Nin Galicia é perfecta nin o resto anda errado. E chega un momento que non sabes os límites do que queres e que non queres e o ideal sería unha mistura imposible entre os lugares que coñecín.
Bueno, vaia lío que montei.
Un saúdo.
benvid@s tod@s¡¡
SILVANA:non consigo deixar comentarios no seu blog. bloquéaseme o ordenador e só puiden ler ata que o personaxe do seu conto está colgado cos ollosben abertos. Por iso direille dende aquí que me gustou moito e que desexo que axiña desapareza ese pequeno incnvinte para que poida visitar a súa páxina da que gosto moito. Un bico grande Silvana e grazas polas súas palabras.
APÁTRIDA: Neste sitio pequeno, Terra de Ningures terá vostede unha patria pequena e grande a un tempo. Un biquiño dende o exilio:)
TORREIRA: Heille gardar un sitio nese recuncho marabilloso. Que lle parece ao lado do río? Bicos¡
RIFO: Para ti un lugar de privilexio. Sempre. A familia tira sempre moito. Un bico irmá¡¡¡
PABLO: Sexa vostede benvido por valdeorosa e grazas pola súa visitiña. Aquí aceptamos a discrepancia como parte da vida. Anímese colla as valixas e veña para Terra de Ningures, seguro que lle encanta. Un saúdo Pablo¡
MARINHA ALLEGUE: Recibo con cariño esa aperta radical e envíolle dende aquí un bico radical e sonoro:) Moitas grazas, eu tamén gosto moito dos seus post¡
YOLI: Grazas e moita sorte.
CORA: Non a coñezo pero benvida por valdeorosa e obrigada polas súas palabras. Un saúdo.
X: Quédolle moi agradecida polo seu post¡ Non teño palabras. Leveime unha grande, agradábel e divertida sopresa. POLA SÚA XENEROSIDADE reciba vostede tamén este aplauso: PLAS PLAS PLAS¡¡¡
BICOS¡
SEYMOU, SEYMOUR, SEYMOUR, téñolle para vostede un sitio no que poda molestar a gusto. Si, si, si¡¡¡¡ Moleste vostede todo o que queira e estea preparada para ese sitio no que lle vou deixar unha caixa abrindo para que esas palabras lle digan o que acontece e o que sucederá. Bicos Doutora, moitos¡¡¡
PAIDELEO: Por suposto que hai marabillas por todas partes, dentro e fora de Galicia, dentro ou fóra da familia... Pero tamén é certo que aquí vivimos e amamos, por iso me sinto tan vexetal¡ Un bico grande , e xa sabe, aquí vostede e o pequeno Leo teñen uns froitos riquisísimosssssssssss Se os proba o pequeniño non quererá marchar e vostede tampouco.Seguro.
Hola Rosa. no he podido recuperar el texto que te había escrito la primera vez. Una pena, con lo bien que me había quedado :D
Me ha encantado tu historia, te lo dije el sábado y lo repito ahora. Plasmas con riqueza vegetal deseos y convicciones. Que nada nos aparte de nuestra raiz en una época de "paños tibios", donde lo políticamente correcto es el lema y las ideas propias son relegadas.
Me agrada saber que queda gente que no tiene miedo a expresar lo que piensa, libremente, respetando a los demás pero dejando clara su visión de la vida.
Hoy te pongo un 10, porque tú lo vales ;)
Non me canso de ler este texto e de sentirme identificada.
Tes un don.
Non deixes de escribir.
A dor e o feito de sentirse fóra amosa intelixencia, sensibilidade, ás veces falta de cariño e necesidade de amor, e, no fondo, ganas de VIVIR, cando os que están dentro do círculo social e das normas e da incomprensión, están mortos.
saúdos e grazas por escribir estas cousas
Yoli, xa non che molesto máis :-)
Moi, moi fermoso.
Diante da nosa casa andan os de "R" metendo fíos, quedaron pasmados,hay unha roseira que quedou na veirarúa entre as losas,ésta ten as raices tan profundas e espalladas que fai que camiñar sobre elas seña perigroso pero aquí segue porque arrecende,porque está arraigada,porque é unha roseira libre e porque é nosa.
por certo estou aforrando para unha illa e convidareite.
bicos grandes.
Enriquez, Enriquez, Enriquez, esa caixa tenme nun sin vivir.
(Grazas por facerme un sitio)
Ogallá nunca salgas de aí, e non perdas de vista esa fermosa terra onde botache raíces.
Mona
Enregistrer un commentaire