Un ano metida na rede... Enredada neste lío de escribir cousas e ler tantas outras que hai por aí soltas e que son tan chulas¡
Os meus animais fictícios queren dar as grazas á blogosfera por lelos, comentalos e facelos ser:
ASOR I DE ZEUQUIRNE: Dende Aretx quero dar as grazas a todos os visitantes de valdeorosa por que aí foi onde nacín, entre bloggers e teclados.
O CABALEIRO DO INFINITO: Con esta elegancia propia que me caracteriza direivos MERCI e seguirei pensando que sodes o mellor público.
GOBERTRAND: No nome do meu pobo envío un saúdo a todos os lectores da nosa historia. Estamos moi contentos.
SENNAR, O GATO ALADO: Miañando por aquí estiven o tempo que ela nos deixou e... Como me gustaba¡ Son o gato máis poético de todos¡ Son un ser completamente gato e completamente feliz¡
NABETSE: É incríbel pensar que a comedora de conchos e bullotes puidera construír un cibermundo dentro doutro¡ É estupendo saber que lle destes tanto ánimo, día a día, para que Asor tomara corpo e trascendese fóra da rede¡ Os deliberantes queremos mostrar o noso agradecemento a esta causa e felicitar aos bloggers pola súa importante presenza.
OS BLOGGOMERÓNS: Dende o noso retorcimento e estadía de verán en valdeorosa queremos felicitar aos bloggers pola súa simpatía e sentido do humor.
ROSA HENRÍQUEZ, ALIAS VALDEOROSA: O meu blog cumpre un ano na rede e debo dicir que estou ben contenta. Invítovos a este anaquiño de pastel cun riso grande GRANDE.
16 commentaires:
Parabéns por ese ano, e graciñas por decidirte a emprender a aventura na rede, así teño cousas fantásticas para ler, todo gracias a ti.
Bicos
Acepto ese anaco de pastel que os raposos tamén lles gustan as lambonadas.
E parabens !!!
Co larpeiriña que son quedo adoecendo a vista do virtual pastel,pero comereí un a túa saúde.Bicos e parabens por estar ahí.
Gracias por la tarta y enhorabuena por este primer año.
Si ha sido así el primero no me quiero imaginar lo genial, divertido e intenso que será el segundo.
¡Felicidades!
Noraboa por este primeiro ano dos muitos que seguen.
Noraboa por este ano. Xa sabes, a cumprir moitos máis. Un saúdo.
A de historias que naceron neste blog. Reais, irreais...Lembro cando Rosa Henríquez me falaba do seu blog...Hai xa un ano, e o que queda.....
Parabens!
NTLV
parabens e que pintiña ten esa tarta.....
oquetencutenmedo
Parabens, un gusto poder lerte algúns anos mais
Parabéns Rosa valdeorosa, que sigas cumplido blogueanos, eu encantada de seguir lendo as túas historias, ademáis fuches tu a que me deu a idea e o empuxón para crear eu o meu blog.
Un biquiño.
Noraboa!
sinto chegar tarde, pero os bos desexos para outro ano non teñen data de caducidade ;-)
Parabéns pola túa creación e admiración pola túa constancia...creo que resume todo o que quero dicir dun blog que é un contedor de historias e onde todos temos un espazo. Grazas Rosa HenrÍquez.
Parabéns por ese ano, no que disfrutamos de fermosas historias contadas con esa arte para escreber que ti tes.
Unha aperta
se a tarta é virtual mellor, que algunhas estamos a dieta de larpeiradas.
Parabéns por ese aniño e que sexan moitos máis. A todo isto Rosa, mándame un correo a nessuca (no)gmail(punto)com que che quería comentar unha cousa e deime conta que non tiña a túa dirección de correo.
Bicos!
Pido mil desculpas por chegar tan tarde, tarde, tarde, pero as miñas felicitacións son proporcionalmente grandes, grandes, grandes.
Saúdos e bo ano.
Enregistrer un commentaire