vendredi, décembre 07, 2007

ANIMAIS E ANIMAIS...


Eu non teño ningún animal na casa, agás meu irmán pero el é un animal tranquilo e repousado. Non esixe nada que non sexa realizábel e anda ao seu, coma os gatos. Os gatos son algo precioso, con certo aire de nostalxia nos ollos, ou alomenos iso me parece a min. Non sabería explicalo ben pero é como se puidesen percibir o que para nós pasa inadvertido, se cadra é a enerxía que circula dentro das casas e ese cheiro que desprendemos os seres humáns cando nos cremos superiores a eles. Fascínanme. Ás veces creo que nos observan, que reflexionan sobre o que facemos... Temos que parecerlles idiotas, sempre correndo dun lado ao outro, intentando capturar o tempo.
Saben todo sobre nós e nos perdoan.
Eu non sei se podería.




16 commentaires:

Chousa da Alcandra a dit…

Eu tampouco teño animais na casa (agás os sapiens que compoñen o meu querido círculo familiar).
Admiro moito a quen os ten e o fai en condicións. Teño un veciño que cada mañán cedísimo, chova, neve ou caian chuzos de punta, sae a darlle o paseo ó can.
Compre ter ganas

(Ainda que chego tarde ó aniversario, e xa non quedará nin cisco da tarta, quero enviarche unha felicitación dende a Chousa).

Anonyme a dit…

El vídeo es escalofriante. Hay fragmentos que he tenido que pasar para no verlos. Deberían hacerle lo mismo al primero que les da los golpes. Los visones del final tienen estrés por estar en esas jaulas diminutas...

No critico el uso de pieles, al igual que no critico el consumo de filetes, ni de chorizo o jamón. Desde la antigüedad se ha utilizado la piel de los animales para resguardarnos del frío y como ornamento, pero no de esta manera. Si vamos a matar a una ternera para comérnosla de forma indolora, es normal que se aproveche su piel para hacer chaquetas, carteras o zapatos. Pero de ahí a apalear a un pobre mapache... Es triste ver hasta donde llega el salvajismo de la gente.

APÁTRIDA a dit…

Os gatos sempre me inspiraron tenrura, con esa mirada tan fermosa que teñen.
Unha aperta

Rifo I de Zeuquirne a dit…

O vídeo é arrepiante, e non o puiden ver todo.
Puxéronseme os pelos de punta e non fun que de seguir mirando.
Non podo entender como o ser humán encerra tanta crueldade.
Unha aperta.

A Conxurada a dit…

Os gatos, o meu animal favorito, por independentes, máxicos, mimosos...e porque son feitísimos.

paideleo a dit…

Dende logo que os humanos somos crueis cando queremos. Se hai que facer un sacrificio faise pero da maneira mais inmediata e menos cruel posible. Bueno, eu penso iso.

Suso Lista a dit…

Pra os Exipcios eran deuses, e momificabanos. Aquí en Corme, debe de haber uns tresmil gatos e mil habitantes.

O Raposo a dit…

Eu nomearía tamén os cans que son aínda mais fieis e agarimosos.
O vídeo non o puiden rematar de ver, por escalofriante e porque me puxen da mala ostia. E que hai moito fillo de puta, con perdón.

A rapaza do arco a dit…

Eu, precisamente porque medrei rodeada de todo tipo de bechos, paso un pouco deles. Pero teño que recoñecer que os gatiños aínda conseguen tirar de min por ese aire independente que teñen. Sempre me pareceu vivir cun gato é como ter un compañeiro de piso, non unha mascota :)

Torreira a dit…

Chego con retraso pra comer un anaco de tarta e felicitarte Rosa.Bicos e non deixes de pintarnos coa túa literatura.

Silvana a dit…

A miña gata cando me escoita, sube escaleras arriba diante de min para collerme vantaxa, e cando estou chegando a cima sáltame dende arriba e me crava ben as uñas nos hombros, e se enrosca no meu pescozo para acariñarme. Aínda que sempre me fai dano cando cae sobre min con esas uñas, encántame que o faga para acariñarme. Eu non a quero nadiña, pero .... as veces os amores non son correspondidos.

Doutora Seymour a dit…

Eu sei que non podería...
Sobran as palabras....
Non existe explicación a tanta crueldade...

Antonio Olives a dit…

Non sei si as imaxes pódense xustificar pola ignorancia, pero si nos poñemos a xustificar, a ignorancia podería xustificar tantas cousas!!!. A min o que de verdade me pon de malas, e que existindo imaxes coma estas, os medios se empeñen en dar unha imaxe dos activistas en contra do maltrato aos animais como “frikis”. Admiro o seu valor e o seu xeito de chamar a atención.

vermella a dit…

Nós tivemos un gatiño pero como era un espíritu libre e salía e entraba morreu atropelado,enterrámolo e os meus fillos inda se lembran del.
Chamábase Killer,era máis listo ca fame.
bicos e feliz 2008.

vermella a dit…

Deíxoche a data do post que lle adiqueí a Killer por si queres leelo,7/08/07.

torredebabel a dit…

eu tiven sempre gatos e teño agora mesmo dúas gatas. E penso que levas toda a razon: teñen que pensar que somos algo tolos...