mardi, novembre 13, 2007

HELIÓPOCENS : OS CINCO CÍRCULOS CENTRAIS



Coa finalidade de organizar debidamente a existencia, os Seres Superiores determinaron construír unha cidade circular. Imaxinaron que así todo estaría ben, que non habería problemas de espacio pois as áreas de cada círculo quedarían fixadas pola súa potestade conque os futuros circulantes non terían ningún tipo de enfrontamento derivado das ansias de ocupación. Decidiron que cada ámbito sería un área, así que concretaron o espacio do que dispuñan en dez zonas.

Na ZONA PRIMEIRA instalaron aos circulantes de primeira orde, é dicir, aos máis destacados por algunha razón, normalmente de tipo intelectual. Vamos, que os pertencentes a esta zona da cidade eran os máis listos e como tales foron bautizados como UNOS.

Na ZONA DÚAS colocaron aos que disfrutaban dun maior atractivo físico, tendo en conta que para eles o canon estético estaba directamente relacionado coas figuras redondas ou grosas, como a eles lles gustaba chamalos. Estes recibiron o nome de BOLICÓNS e, a dicir verdade, parecían ben contentos.

Na ZONA TRES preparon todo para situar aos homes e mulleres que existían por triplicado, é dicir, que tiñan tres mans, tres pernas e tres cabezas ben redondiñas. Déronlles o sobrenome de TRINIS e a eles parecía gustarlles pois non puxeron xamais ningunha pega.

Vexamos a continuación quen vivía na ZONA QUATRO e, de seguro que nos sorprendemos, pois polo que parece alí estaban OS NINGUÉN. Estes seres carecían de rosto e unicamente contaban cunha boca que só abrían para comer ou iso era o que se dicía deles ou o que interesaba crer dende os círculos máis poderosos...

Vaia, como vedes estas cousas resultan algo estrañas para nós, ou se cadra non tanto...

Pasemos agora a zona ecuatorial, a intermedia, a ZONA ZINIKIS. Aquí os Seres Superiores decidiron ubicar aos ZINICÓNS, homes e mulleres moi noviños que cos anos ían diminuíndo de tamaño, virando cada vez máis pequenos ata desaparecer. Nese momento morrían. Isto parece moi duro pero non o é tanto se pensamos que estes individuos son os causantes de todo o malestar que se crea en Heliópocens conque o propio medio os aniquila arricándolles anacos de vida tras cada insidia que provocan.
Como vedes, nesta cidade de círculos concéntricos as miserias e as riquezas distribúense cunha orde estricta.Alomenos así é nestas cinco primeiras zonas...
Como será todo nas cinco restantes?

13 commentaires:

Alexan a dit…

Aqui neste planeta tamén existen circulos chamados: Marxinación, Violencia, Guerra, escravitude, Insolidaridade, fame, racismo, xenofobia etc. Son circulos tan pechados, que nin se poñen dacordo entre eles e así cada vez hai mais circulos pechados de egoismo e infelicidade e os que fan os circulos entreteñense creandonos mais circuliños e nos cada vez mais iñorantiños e con maior egoismo
Un saúdo

Mararía a dit…

A distribución recórdame a Platón. Teño curiosidade pola continuación da historia ....

Un saúdo.

Son Unha Xoaniña a dit…

Penso como apátrida, que neste noso planeta tamén existen círculos, cecais o que contas nesta historia e unha forma fantástica de ver a realidade, esa forma túa tan particular. Segue a deleitarnos coas túas historias, se cadra hanse converter nun libro como xa fixeches con aquela belísima historia dos Asoritas, xa nos dirás cando se publica, que sei de moi boa tinta que xa está na editorial.
Bicos.

vermella a dit…

que magoa nin nesta cidade te�o o meu espacio!
bicos e agardo que nas outras cinco haxa un oco.

Ra a dit…

Madre mía, Doña Rosa, tenía usted que haber hecho el mundo.
Mua

Antonio Olives a dit…

Rosa, non sei porqué teño certa simpatía polos Zinicóns, non sei por qué teño a sensación de que son un efecto colateral da estabilidade do sistema. Por esa situación intermedia entre as zonas, confírenlle un papel amortiguador, iso acaba con eles.

Está ben un mundo onde cada habitantes sexa situado nunha zona concreta en función das súas características (e que non se movan de alí), así é máis fácil saber a quen hai que desprezar.

Anonyme a dit…

fermoso relato, noraboa.
estou tratando de informar os emprendedores galegos e responsables de pemes da oportunidade que teñen de financiar a compra de equipamento informático sen ningún interese en Renovación Tecnológica. por se estás nesa situación ou sabes dalguén ao que lle poida interesar...

os responsables do portal, dependente de Caixanova, encárganse de todo o proceso. o interesado di o que lle fai falta: ordenadores, software, dominio de internet, cursos de novas tecnoloxías...; e eles solicitan ofertas a varios proveedores, preséntanlle ao empresario as cinco mellores e financian a operación sen intereses.

unha boa oportunidade para mellorar a capacitación tecnolóxica do empresariado galego.

un saúdo

Lúa a dit…

...recorda a "na morte de estreliña" e a cancion "los nadies" asi es, perfecta descripcion, bicos

Raposo a dit…

E chegarán dez zonas para ubicar a todos? Agardo a continuación.

Anonyme a dit…

A verdade é que eu pagaría por ser un Trinis, mais coido que estou na Zona Cuatro, non sei... se cadra... digo eu... aquí dentro deste círculo non sei se o círculo que miro é o seguinte o anterior, ou ese onde estou dentro. Ou fóra... ubicarse sempre é un problema, non hai acomodador en Heliópocens? Help!!!

A Conxurada a dit…

Moi bo relato, encantoume e desacougoume a partes iguais.

Parabéns e saúdos.

Anonyme a dit…

Si estas cinco zonas albergan seres tan curiosos no puedo imaginar como serán las cinco restantes.

Espero conocerlas pronto.

Marinha de Allegue a dit…

Gustoume moito o relato, encantoume.Parabens!!!

Unha aperta grande.
:)