lundi, janvier 14, 2008

POEMA A PETICIÓN DO RAPOSO


Ninguén chega á nosa vida
ansiando permanencias.
Ninguén aplaude a profundidade
que sentimos no cristal dos ollos
cando amamos…
Ao caer a noite,
cae o vestido
caen as miserias
e a voracidade toda.
A escuridade desvirtúa as formas
e bebemos océanos de medo e sal
fotografando un aillamento
discordante,
unha promesa de vesania e liberdade.
A ausencia mete todo o mar nunha caixa
e parece que quedamos xordos,
enfermos de silencio,
coa dúbida instalando
este rosario de incertezas.
Unha luz rara apaga cada instante
e as sombras viran enormes,
como montañas de diamantes rotos.
Ficamos sós.

Nós ante a inmensidade,
ante a insignificancia,
ante ese misterio
de consciencia
colectiva e única …
Porén sempre esta respiración,
este pánico terríbel de ser,
e todos os lazos …
Nós ante o periplo de infortunios,
ante esta recorrencia de baleiros,
ante a inexistencia derramándose.
A bailarina xira sobre si mesma,
na caixiña marrón,
cada vez máis lentamente.
Entón un eco profundo de lasitudes
tira das lembranzas
e pensamos no exército perdido,
na eternidade.
Queremos amar,
ser conscientes,
vivir dentro e fóra,
existir.

A inexistencia é unha liña
de orfandade e desencanto,
unha soidade de mil anos,
unha espera inútil.
Estamos co sexo en branco
e as carnes frías.
O mosaico roto.
Ninguén máis.
VESTÍBULO DA DEVASTACIÓN, ESPIRAL MAIOR



16 commentaires:

A rapaza do arco a dit…

Gostei moito do poema e estou desexando ter xa o teu libro nas mans.
Moitos moitos parabéns, Rosa :D

Anonyme a dit…

El día 31 tendremos esto y mucho más, espero que no quepa ni una persona más en la librería.

Enhorabuena :)

rosa enriquez a dit…

Benvid@s e grazas¡
Espero contar con vós en Couceiro ese día. Un bico para os dous.

neno a dit…

Parabéns polo libro(buscareino cando regrese a Gz)
Gostei do poema e moito destes dous versos:
Estamos co sexo en branco
e as carnes frías
Apertas

rosa enriquez a dit…

Por certo, espero vervos na blogoesmorga na Coruña¡ Bicos

Son Unha Xoaniña a dit…

Está ben que poñas un poema do libro, porque esto fai que o vaiamos mercar inmediatamente.
Un non pode esperar máis para lelo despois de esta pequena mostra tan fermosa.
Verémonos na librería "Couceiro" o 31.
Moitos bicos,

Anonyme a dit…

Un poema moi fermoso..., deixa con ganas de máis.
Eu aplaudo esa profundidade, Rosa.
Bicos.

Suso Lista a dit…

¿Cando é a blogoesmorg e donde? Na Couceiro, se non hai novidade hei de estar. Bicos

Raposo a dit…

Fermoso, moi fermoso. Grazas polo agasallo, tereite presente nas miñas oracións poéticas.
E mercarei o libro en canto teña ocasión porque agora despois deste entrante necesito ler mais, moito mais.
Bicos.

rosa enriquez a dit…

Moitas grazas¡¡
Seymour, se vén por Couceiro tereille unha caixiña preparada, chea de palabras. Bicos.
Suso-lista-de-Corme, encántarame a súa presenza. Obrigada. A blogoesmorga é na Coruña, hoxe venres sobre ás 11 da noite nun pub que se chama 14 ou algo así. Ten toda a información no blog de BESBELLIÑA, BELISCOS PEQUENOS.
Rifo, irmá, xa conto contigo por aquí o día 31¡¡¡¡ Un bico e sorte nos exames¡
Raposo, tiña ganas de darlle esta sorpresa así que me alegra que pasara por aquí. Agardo que poida disfrutar do libro. Unha aperta e grazas polas súas xenerosas palabras. Bicoss

vermella a dit…

Xenial o poema,a bailarina da caixa marrón xira sobre sí mesma..............................Impresionoume moito a súa obra agora que por fin fun quen de aclararme,moitos parabéns e declarome xa fan súa.
bicos vermellos.

Torreira a dit…

Gostei,gostei moito,dona rosa ...bicos

Anonyme a dit…

http://amargama.foroactivo.com

FORO DO GRUPO AMARGAMA, NA TERRA DE LEMOS. INFORMACION SOBRE RECITAIS, PUBLICACIÓNS DA REVISTA, ETC.

Zerovacas a dit…

Imos ser moitos o 31. Falamos antes, se cadra

Marinha de Allegue a dit…

Fermosas palabras tan fermosas coma a imaxe. Fermoso post!!!.

Unha aperta e un Beijo.
:)

moucho branco a dit…

Gho, o que é andar un pouco desconectado que nin me enterara do megno evento previsto para o día 31. Moitos parabéns e a mellor das sortes!!.