Weblog de Rosa Enríquez Para o repouso teño palabras coma esferas, redondas e suaves. Para a loita, finas poutas de lanza e este bravo corazón infatigábel.
lundi, mars 24, 2008
CE-DARIO
Controvertido Coma un O aberto polo Centro.
parezo un riso pero realmente son toda unha gargallada.
existen milleiros de razóns para abrir as portas,
outras tantas para telas feChadas.
eu son deses que non poñen reparos,
gosto do ar que entra pola miña boCa aberta
para enCher de osíxeno Cada parte do meu oCo.
Constituída así por deCreto, vou detrás do A e do B
pero teño personalidade dabondo
tanta Como para iniCiar unha palabra,
mesmo un sms.
Convido a todos a un repouso Certo.
Inscription à :
Publier les commentaires (Atom)
11 commentaires:
Bueno, bueno, bueno, vir por Monforte e non avisar é cuasi-delictivo. Espero que te falaran ben os coñecidos. Jjajaja.
A próxima vez, avísame.
Un saúdo.
Cariño e Caricias desde o Corazón da Costa da Morte. BiCos
No C conviven casa e colo,cores e cóxegas...........
gústame este abc.
bicos grandes.
o c a letra máis vella. mira, nin dentes trae.
Non me chegou nada o móvil, e eso que estiven pendente, jaja.
Un saudiño.
Si no fuera porque no me he enterado absolutamente de nada de lo que pones diria que eres una maravilla escribiendo.
Grazas a todos pola visita!
SILVANA. Empezo a estar preocupada porque se vostede non recibiu a mensaxe entón é que me deron mal o número ou eu o copiei mal e a saber a quen lla enviei... Estiven a semamna pasada en Monforte e os do foro Amargama dixéronme que a coñecían. Ais, que rollo. A ver se solucionamos isto Silvana. Un bico moi grande:)
SUSOLISTA é un pracer telo por valdeorosa. Por certo, hai unha serie na primeira cadea os xoves pola noite onde sae un actor que se lle parece. Un biCo para o de Corme.
MANUEL VÁZQUEZ. Benvido por valdeorosa. Leva vostede razón o C non ten dentes pero tamén os sen dentes teñen dereito a ser fotografados. Bicos:)
VERMELLA: Un C cheo de espazo para que vostede siga a deleitarnos coa pluma. BiCos.
osCar: Non se preocupe se non entende. Isto do abecedario non ten moita ciencia. Trátase de humor verbal, sen pretensións. Unha aperta e grazas pola visita.
Melhor nom se pode retratar um cê...
GOSTO,GOSTO DONA ROSA...DESTE cubata de letras.Bicos señorita
Citas con criterio, carallo!.
Cantas cousas comentas conteñen coherencia e contextualízanse nun código que nos sirve para nos comunicar.
Cálidos saúdos dende a Chousa, no Centro de Galicia
Confeso Con Cariño que me gusta esta serie túa, tan Confortable.
Enregistrer un commentaire