mercredi, septembre 17, 2008

ESA HUMILDADE...

Eu non tiña nin idea disto e, mira ti, o que fun atopar cando andaba na procura doutra cousa. Víctor Manuel cantándolle a Franco! Despois de visualizar o vídeo pensei que era unha vergoña que podería ser moi ilustrativa para todos. Quero dicir que pode servirnos como lección de humildade e prudencia pois moitas veces podemos facer ou dicir cousas, froito da inexperiencia e o descoñecemento, das que talvez máis tarde non arrepintamos. Cantas veces esquecemos as propias limitacións e xulgamos sen base, baseándonos unicamente en impresións, partindo dunha mal asumida intelixencia que supoñemos nos garante un cristal privilexiado que concede a fortuna do acerto constante? Algunha vez, de certo, se miramos ben dentro de nós e somos francos, fariamos iso, actuar dun xeito prepotente e prexuicioso. Algunha vez. Xa que logo, porque non pensar na posibilidade de meter a pata? Un non ten sempre a verdade absoluta sobre nada e a soberbia é mala compañeira.
Seguro que Víctor Manuel decidiu perdoarse e ben está que o faga porque iso significa un recoñecemento da idiocia palpitante que sempre pode habitar dentro de nós se non actuamos con humildade. Meter a gamba, por listos que creamos ser, non é exclusivo dos que non teñen iso que consideramos "unha ampla formación". E senón, pensade en Steiner e nas súas absurdas decaracións sobre a literatura e a lingua galegas...

3 commentaires:

Mararía a dit…

Todos temos erros, así que sempre hai que optar pola humildade!! como ben dis.

Un saudiño.

Anonyme a dit…

estou contigo, por iso se fai insoportable oír falar ós políticos, máxima expresión da soberbia.

vermella a dit…

Aquí ven ben iso de rectificar é de sabios,Steiner para mín xa non o é tanto....
bicos.