dimanche, octobre 26, 2008

A SILANDEIRA



a silandeira

...e non di nada,
desaparece no límite das palabras.

Para coller o seu pulso de imán,
para capturalo,
é necesario non volver atrás,
esquecer a textura da memoria.
(Os que calan
pintan o silenzo cos dedos,
xogan co impacto que se produce na cabeza
xusto cando todo se revolve nas entrañas)
E cala,
nada di porque nada sabe.
Só escoita,
mira,
pasa as mans
polos bordes da ausenza.
E vaise,
desaparece detrás da brétema,
silandeira.

3 commentaires:

Anonyme a dit…

Fermoso e conmovedor.

Son Unha Xoaniña a dit…

Fermosísimo texto o de hoxe Rosa,
Pensei que xa esqueceras esta casa que tes aberta, non a esquezas, gústanos moito, a min sobre todo.
Bicos.

X a dit…

Vírao hai tempo pero tiña ganas de lelo con calma, pagou a pena a espera. Estupenda a harmonía imaxe/texto. Saúdos.