mardi, février 10, 2009

DEFENDER A LINGUA NON É DELITO



Con esta imaxe queda retratado claramente o malestar dos galegos que, na defensa da nosa identidade e da nosa lingua, non entendemos as demandas dunha asociación con tintes fascistas e, sobre todo, hipócrita. Refírome, xa saben, a Galicia Bilingüe, cuxos membros din sufrir a imposición do galego. Para combatela manifestáronse, pasearon o seu falso bilingüismo harmónico polas rúas de Compostela acompañados por unha morea de españois que chegaron até Santiago en doce autobuses, un deles da Falanxe.
Así, o domingo 8 de febreiro foi o día da invasión, as doce tribus da dereita máis rancia achegáronse para constituírse en manifestantes cavernarios, grandes histrións con vocación de agraviados.
"Extranjeros en su país" ou "La normalización lingüística, una anormalidad democrática.El caso del gallego", son os libros de cabeceira desta organización pretendidamente demócrata...
Sen palabras. O mellor? O vello do ollo morado que, despois de arremeter cun paraugas contra un membro do independentismo galego, caer con el ao chan e recibir ambos os dous unha malleira da policía(toda de fóra da Galiza, por certo)pretende facer crer que el é un pobre vello que non se mete con ninguén vítima do ataque dun bestia! Alucinante, sobre todo cando existe un vídeo na páxina dixital de A nosa terra onde se pode ver a outra cara deste vello demoníaco. Interesante asunto este da mentira do "velliño". Seguro que se o ven actuar o primeiro que se lles vén á cabeza é o avó de Heidi...
Triste espectáculo o sainete do domingo, bufonada barata. Unha policía estranxeira batendo nos mozos e mozas do independentismo cunha virulencia innecesaria para apresalos e metelos no calabozo onde, por certo, amais de pasar toda a noite coa luz encendida, houberon soportar o cheiro dos vómitos e as feces que por alí había. Ao máis puro estilo medival de porcallada e abuso.
En facebook xa hai un grupo GALIZA BILINGÜE DÁ NOXO. Creouse hai pouco e xa ten case seiscentos membros. Axiña serán moitos máis.

3 commentaires:

Chousa da Alcandra a dit…

Pobriños "galiciobilingüistas". Mira que ter que falar galego na Galiza...Co doloroso que debe ser así, sin anestesia nin nada...

Alfonso Láuzara a dit…

Compañeira Rosa! Pouco máis queda por dicir! Máis craro... auga do Miño! E doe e mesmo indigna tanto dspilfarro de información contaminada nos medios case todos. A min como galego sóbranme ganas de responder contundente, mais non me parece convinte caer na súa provocación reiterada e insistente neste tempo de eleición democrática, porque non me apetece facerlle a campaña mediática aos fascistas peideiros de Rosa Díez & Cia coa complicidade descarada do pp en tan farisea amizade. Son os parafascistas imbéciles e escuros que non entenden nin queren entender. Na Galiza en galego! Unha aperta boa e xenerosa.

A Conxurada a dit…

O que pasou o domingo pasado en Compostela foi unha vergonza. E subscribo todo o que dis neste post.

un bico.