lundi, février 16, 2009

ÁFRICA, IMAXES PARA COMPARTIR





Porque África é un continente sen límites, fermoso e de tradicións vibrantes, previas á súa colonización. Malia a todos os esforzos realizados por sometelos á nosa idea de modernidade e de coñecemento, malia que intentamos minimizar a sabedoría dos seus habitantes para "rescatalos" do indixenismo, aí están, asombrados e memorísticos.

"Escoller un grupo de persoas (os especialistas) que adoitan un xeito de coñecer o mundo físico(o reduccionista), para descubrir un conxunto de propiedades na natureza (as mecánicas), non é un modo científico senón político" (Feyerbán)

"A apariencia de obxectividade que se atribúe a algúns xuízos de valor procede do feito de que determinada tradición é usada pero non recoñecida. A ausencia da impresión de subxectividade non é unha proba de obxectividade senón un descuido. Os experimentos "controlados" que segundo se supuso eran un modo de observación "neutro", eran na realidade, unha ferramenta política para a exclusión, de maneira que aos experimentos da xente na vida diaria negóuselles o acceso á condición de científico" (Feyerbán)

2 commentaires:

Anonyme a dit…

É ainda hai quen di que son atrasados, incultos, incivilizados. Esa opinión e para condear a sua resistencia a ser domados e castrados culturalmente.
Un saúdo

Anonyme a dit…

É ainda hai quen di que son atrasados, incultos, incivilizados, salvaxes polo simple feito de resistirse a sua doma e castra por parte dos imperialismos que so entenden unha uneca maneira de vivir: explotar, someter e alienar para apoderarse dos recursos.
Un saúdo