vendredi, août 14, 2009

sen título





A puta máis feroz de todas as putas come os homes con manteiga e logo bótaos polo cú.


Redúcese todo. Faise pequeno. Ana baila cun ritmo lento, de pasos curtos. Saboroso.
Sente dobrar as paredes do cuarto. O espazo prégase sobre ela, como para facer un bocadillo co seu corpo. Daquela tira dun milleiro de quilómetros metidos na taza de café.

Os bordes da cronoloxía íntima
tocan as fendas máis fondas/
afunden con nós.



E as horas estiran -anoadas á punta da frecha grande- e seguen e perseguen o corpo ondeante de Ana. Ana no vurullo. Na espiral virtuosa. No centro de comunicacións do abismo.
Envolve a face nun manto de cincuenta metros
quita a saia,
tira a auga polo burato cósmico do vertedoiro.
e traga un litro de leite de soia.

No rebumbio doméstico esculca outros roteiros da alma e lanza bólas de cristal porque ten poderes máxicos.Deforma as formas e transcribe os nomes dos mártires nun caderno.



As feridas máis fondas fenden as conas máis voluminosas e espantan.



Todo se reduce. Se hace pequeño. Petit. Tout à fait terrible. Comme nous.



Ana no leito. Alta e privada, besta e cóbrega a un tempo. Dobra o corpo e bota fóra todo o que a compromete.


A puta máis feroz de todas as putas come os homes con manteiga e logo bótaos polo cú.

2 commentaires:

Ra a dit…

Guau.

Abrazo, Doña Rosa.

Chousa da Alcandra a dit…

As feridas máis fondas fenden as almas e producen hemorraxias profusas; pero tamén hai que recoñecerlles a sua valía no lado fecundo que arrincan de quenes tedes o don de sabelas transmitir así de ben.

Un bico grande