Asor está decidida. Vai pechar a caixiña galeánica por un tempo e deixar de escoitar todas as tormentas que saen de dentro despois dese inverno frío e perturbador... O XIGANTE anda perdido nos xardíns do seu castelo construíndo muros máis altos dos que xa ten por ver de dar un aire de importancia a esa fortaleza que garda dentro todo o lixo emocional que bota polas orellas. Porque mira que se pon feo ... Semella un diaño vermello ¡
(Tendo en conta que o XIGANTE non vai retornar para durmir no corazón de Asor, ímolo deixar cos seus asuntos, fabricando un aillamento discordante como a peor actuación musical que poidades imaxinar. )
Partindo pois do devastamento sentimental, o forno non estaba para bolos, así que Asor colleu o seu mellor siderotraxe, estirou a trenza, envolveuna nun pequeno roliño alongado e voilà... Fántastico peinado. Despois maquillou o rosto, pulsou un sorriso feito de cereixas, colleu o conmutador novo, deulle ao botón de festa e saiu do Palacio dos Salgueiros cara á nave nodriza que era onde abriran a navescoteca nova.
DIES IRAE é o nome que lle deron os Aretxitas de Komodoro a ese espacio de lecer no que os habitantes deste planeta da luz contínua podían disfrutar do mellor espectáculo: A Grande Escuridade. Asor estaba moi ilusionada ante a posibilidade de coñecer esa escuridade plena, iso que noutras galaxias chaman noite e que din que favorece os encontros sexis. Ademáis tiña unha cita cos seus amigos, OS HÍBRIDOS.
OS HÍBRIDOS son os habitantes de Noruf, unha rexión aretxita do norte, que viven dentro e fóra da auga. Con eles Asor realizaba bailes debuxando cores e caramelos co seu van.
A festa prometía sorpresas e todos os tapices do erotismo para durmir como unha raíña mística nas profundidades do desexo abisal que tanto nos retorce.
13 commentaires:
Xa me gostaría a min asistir a unha festa desas no DIES IRAE, e que Asor me deixase un deses "sorrisos feitos de cereixas", ¡...ay cómo me gostaría...! e alternar con eses HIBRIDOS, que deben ser seres espectaculares...
¡Mira que che me gusta esta historia de "Asor" que constrúes cada día!
éche un blog ben bonito.
Rifo I de zeuquirne.
Asor ten que ser un deses seres que na Terra chamamos REDONDOS ou ESFÉRICOS. Admiro a súa capacidade para integrarse en realidades diferentes, para normalizar tódalas situacións por estranas que parezan e sobre todo celebro a súa imaxinación e as experiencias que ten por ser unha muller libérrima. Oerius
Hola Rosa a ver si podes pasarte polomeu blog, estouno facendo, non sei ainda ben como funciona.
rifo Ide Zeuquirne
Grazas polos vosos comentarios tan xenerosos. A verdade é que Asor II de Zeuquirne pásao moi ben nesa festa da Gran Escuridade.
Pasarei polo teu blog. Por suposto.
VALDEOROSA-ROSA
Grazas polos vosos comentarios tan xenerosos. A verdade é que Asor II de Zeuquirne pásao moi ben nesa festa da Gran Escuridade.
Pasarei polo teu blog. Por suposto.
VALDEOROSA-ROSA
QUERO UNHA ENTRADA PARA A NAVESCOTECA xaaaaa!!!!!!
E PINTAR SILUETAS DE EROTISMO cos Híbridos.
Imos pasalos bomba agora que xa estou moito mellor do meu trancazo gripal.
un bico grande Yoliquirai borosa IV
:-)
Esta é a primeira historía que lexo de Asor, así coma os teus artigos...voltarei por estos lares a ollar o que se coce...
Un saudo
Non me chegaba o día de poder disfrutar con Asor no "Dies Irae"... e experimentar ese non-ver na "Grande Escuridade". Ten que ser toda unha experiencia!!! O dos híbridos xa non o teño tan claro, porque soen abundar máis.
Asor disfrutará moito na navescoteca? Vaise namorar? Vaise desenfrenar? Por favor, non tardes en continuar a historia, que isto é un senvivir... Pangalaica
Agora xa se poden poñer comentarios no meu blog Rosa.
un biquiño.
rifo I de Zeuquirne
Me siento exageradamente recompensado por tus comentarios, gracias Rosa.
p.d. ¿quiénes son los de la foto?
Benvido a valdeorosa. Con respecto ao de exaxerar... Cres que me pasei? Eu creo que non me pasei nadiña. Gústame como escrebes e procuro ler o que fas sempre que podo... porque hai vida fóra do blog e eu teño que traballar. Os da foto? Pois son fotos de persoas que non coñezo. A rapaza ten un aire comigo pero , claro, eu estou bastante mellor( é broma).rosa-valdeorosa
Gostaríame que seguiras escribindo máis historias sobre o mundo de asor, xa temos abondo contos que ouvir a diario e xa non sabemos interiorizar aqueles mundos máxicos que xerazón tras xerazón nos pasaron os nosos antergos e que hoxe a TV (e nós como sociedade) esquecemos dunha maneira vil, convertíndonos nunha sociedade sen pasado (e á vez sen futuro)
Enregistrer un commentaire