mercredi, février 14, 2007

O ANFIBIO NA NAVESCOLA




XORNAL DO NENO ANFIBIO
"Mercuarius de octarius da era aretxita...
Hoxe na navescola a plasta de Alienor estivo a falar das medusas... A min, as medusas, a verdade é que non me interesan nada. Para que vou andar preocupado polo perigo que poden supoñer para nós se eu non teño pensado viaxar ao seu planeta ou asteroide ou o que sexa¡ Pero o mellor de todo foi cando a parviña da nena Asor, a filla de Asor Lia e de Nabetse, vai e pregunta á Directriz Magistra que porque tiñamos que matar a estos seres no canto de modificar a súa conducta por medio dos conmutadores e dunha boa terapia. Reamente esta nena non ten remedio. É unha ilusa que vai de lista. Un repolo de rapaza. Non a soporto. Alienor castigouna sen poder usar o trineo durante unha semana. O que esa berzas non sabe é que non poderá usalo xamais porque llo vou estrampar."
..............................................................................................................
O odio nace nos miolos e baixa ata a barriga para levedar alí e facer do estómago a súa cova. Medra con bífidus activo e esténdese por todo o corpo como unha maldición de infelicidade. O neno anfibio odia a Asor porque ela non lle para moito e non participa das súas falcatruadas e mentiras tumescentes. A ela interésanlle máis os universos de palabras para envolver con elas os regalos de amor e amizade.

5 commentaires:

Moralla a dit…

Si, a xente que sente odio precisa propagarllo aos demais para sentire seguro e "forte" ¡pobres eles! porque viven na pura infelicidade.
Grazas pola túa mensaxe no meu blog, que andabas desaparecida na túa Navescola e de carteira por ahí deixando "sobres de moral" (é broma!)
Un bico moi grande de Yoli
:-)
Noraboa polo teu blog-fantasía

Anonyme a dit…

Non é boa cousa o odio, e paréceme que debe resultar moi dificil vivir con el no estómago.
Prefiro como Asor, "os universos de palabras para envolver con elas os regalos de amor e amizade"
!Que fermosas palabras nos regalas Rosa!

Rifo I de Zeuquirne.

rosa enriquez a dit…

NON SEI A QUE TE REFIRES MO CO DE SOBRES DE MORAL. PERO GRAZAS POLAS TÚAS PALABRAS SEMPRE GRATIFICANTES PARA MIN.

Anonyme a dit…

Todos somos aproximadamente iguales. Todos estamos llenos de egoísmo, de contradicciones, de celos, de temores. Todos queremos dominar y eso se descubre siempre después, cuando ya es tarde,
cuando la fantasía choca con la realidad. Oerius

Anonyme a dit…

El odio no es buen acompapañante, yo también prefiero el "universo de las palabras" para decir: "te quiero, te necesito, me gustas..."no obstante las palabras y los sentimientos siempre deben ser sinceras porque si no mejor callarse. Zepol