lundi, février 12, 2007

O SABOR DO CHOCOLATE


As cousas do amor teñen esa cor, por veces amarela, por veces vermella que enche todas as ansias do leito que nos apreixa... No cuarto, Asor fundou dinastías e mercou testos para ver nacer as flores do seu patrimonio sentimental pero alí non medraba nada así que acabou farta de abrir caixiñas e máis caixiñas... A gaiola da paixón ten ese arrecendo que devora todo o esforzo na busca dunha república que nos libere. Ninguén pode tirar do instinto e instalar unha consciencia alí onde flutúa a obsesión febril e a entrega... Asor foi a cristiana, a que entregou ata o derradeiro día toda a fé á beira daquel mar verde e azul e gris e negro.
Ser amado por alguén, pensou, debe ser como ver nunha mesa miles de dulces e saber que só un é o que desexas. A Asor gústalle moito o chocolate por iso sempre creu que amar era como lamber o chocolate quente dunha culler e sentir que enches con el toda a boca...
O que Asor non sabía era que o chocolate pode ser amargo e encher todo, meterse polos dentes, agocharse detrás da lingua, baixar ata a barriga e ficar alí fermentando ese desagradábel sabor que se multiplica e ocupa todo o interior...

8 commentaires:

mariademallou a dit…

mmmm...un post que da ganas de comer ou de bicar, aínda non o teño claro;) un saúdo!

Anonyme a dit…

Gostaría trasladarme os mundos de Asor...pero non son capaz...carezo dese espírito líberrimo, desa sensacións intensísimas...no meu planeta as historias son máis cotiás e os espíritus menos libres. Asor probei poucas veces o chocolate quedei coa dubida de se é bon repetir... Son Oreius

Brais a dit…

A atracción do amor e tan forte que nos fai soñar despertos ea sua ausencia enterranos na caverna mais tenebrosa.
Unha aperta

Anonyme a dit…

Dille a Asor, se tes ocasión, que o amor son tódolos sabores, unhas veces moi doce, e outras moi amargo, algunhas picante e salado e outras soso e insípido.
Pero incluso os peores sabores teñen ó final un regusto que vale a pena saborear.

Rifo I de Zeuquirne

Natyara a dit…

Amar é un cúmulo de sensacións, todas contradictorias entre si,a veces o desexamos, outras o rexeitamos, creo que o amor atacanos a todos, dunha maneira ou de outra, mais non pasa indiferente para ninguen.
Saúdos

rosa enriquez a dit…

CREO TEDES RAZÓN QUE O AMOR MANIFÉSTASE EN CALQUERA INTRE E HAI QUE PROBAR. SEMPRE É MELLOR VIVIR E VIVIR É AMAR.GRAZAS A TODOS POLOS VOSOS COMENTARIOS

torredebabel a dit…

tes razón, ninguén pode tirar do instinto e instalar unha consciencia pero moitos levan a vida enteira intentandoo... Apertas!

Natyara a dit…

Lo mas bello de la vida, no es lo mas bello, sino lo que mas se ama. Si despues, soplo el frío en esa llama, lo mas bello es aquello que se olvida...
Aquí tes outra definición do amor, para min, unha das mais acertadas que nunca oira.
Un Saúdo e biquiños!