lundi, mars 26, 2007

O NAVUNGALOW DE ASOR III




Velaiquí unha boa imaxe de Komodoro, a rexión na que habita Asor III, a iniciada deliberante, a muller-mapoula, a constructora de palabras...
Dende había algún tempo, esta asorita vivía nun recanto deste edificio e alí ordenaba os tesouros de tantos e tantos invernos. O primeiro en visitar á nosa amiga foi o Anfibio. Din que a maldade persevera apuntalando ás víctimas e parece que así é pois este personaxe cravou en Asor mil anos de escuridade, pero ela rebentou as luces todas das estrelas e construiu esta casa, o Navungalow asorita, feita de ladrillos e marmelo.
A Asor gústalle envolver a soidade de mobles e tapices e facer da dor un decorado vermello, coma un bote de tomate frito. Sempre vivira intensamente os ritmos da vida para non ficar abandoada entre cartas e fotografías rotas ao xeito dunha actriz de cinema mudo derrubada. Para construír a casa tivo certas dificultades. Non se sentía segura. Entón Pigmalión axudouna a buscar dentro todas as enfermidades da tristura que lle amputaban a iniciativa, a vontade. Lenemente foi situando a certeza entre as súas cousas persoais máis sagradas , preparou unha pala, o formigón de chocolate, o ladrillo, o marmelo e fundou a vivenda soñada, esa casa na que instalar a súa imaxe, ela mesma.
Dende que rematara a construcción do Navungalow, Asor recibía semanalmente a visita dun dos híbridos máis determinantes na súa vida: Esmar, o Cabaleiro do Infinito.
Ambos bebían pócimas de ambrosía trastocando as palabras, xogando con elas coma fortalezas inexpugnábeis. Era tan divertido compartir as horas con Esmar...

12 commentaires:

Anonyme a dit…

Certezas? Que difíciles son de acadar; non son doadas. Pero canda alcanzas algunha compre garda-la como un gran tesouro e botar a chave o fondo do mar das dúbidas. Eu teño pouquiñas pero unha delas é unha asorita de pura estirpe.
Un bico, rapaça

Anonyme a dit…

ola! sigo pensando que Esmar é um fenómeno! gostaria-me convidar-te a participar numha pequena loucura que maquinamos eu mais mariademallou... espero que te animes a participar desde os teus olhos infinitos ou desde a mirada de Asor e a sua sublime sabedoria. bicos carregados de mar!

Moralla a dit…

O que faría eu con esa pala de chocolate e con ese marmelo...Se é que nese universo onde vive Asor non falta nada de nada, Vas ter que organizar unha cita con Tim Burton!!
Unha apertiña doce ;-)
Yoli

Anonyme a dit…

Intento imaxinar como será o lugar onde vive Asor...imaxíno un lugar aberto onde se celebran debates deliberativos, onde se desvisten os sentimentos, onde se escoita sen xulgar...onde, como me dicía a min unha amiga, se mastican palabras como anacos de pan fresco...Os amigos de Asor teñen que saber todo isto e, non quero ser entrometido, pero dubido que estean dispostos a renunciar a deliberante.
Oerius

moucho branco a dit…

Estes lugares residenciais instimidan a unha vítima do vértigo coma min, sobretodo porque son incapaz de apreciar onde queda a primeira planta... en que lugar está a asorita?, :P

Anonyme a dit…

Moitas grazas habitantes desta globosfera¡¡¡
A Yoli-Moralla-Poeta-Libérrima: Seguro que comerías coma min a pala de chocolate e o marmelo todo. Gústame terte por aquí AMIGA.
A Gustave: Esmar é auténtico e cheo de matices, un canto a diversidade. Grazas polas túas palabras cheas de ánimo. Encántame que o pases ben. Eu disfruto moito nese blog moderno e musical que tes.
A Moucho Branco: Asor vive no piso de arriba, onde dá de cheo a luz. Gustaríache. Dime que está encantada de que a visites. Un saúdo e grazas moitassss
A Oreius: Moitas grazas pola túa fidelidade e a túa visión sempre constructiva desta asorita ás veces confusa e convulsa. Eres de gran axuda para ela. Un bico jrande¡¡¡
A anónimo: Non sei quen es pero moitas grazas a ti tamén. uN GUSTO TER XENTE NOVA EN vALDEOROSA.

bICOS Aa todos

Anonyme a dit…

O anónimo é unha de esas novas incorporacións o teu blog; e estou gratamente sorprendida por ese mundo de fantasía que eres capaz de crear con tanta sencillez, como si non che costara nada. As musas exercítanse convocandoas con asiduidade pero ti tes un talento especial: non fai falla que che pille traballando
Un bico rapaça.

A Raíña Vermella a dit…

Hoxe por primeira vez tiven tempo a botar unha ollada detidamente a este mundo pequeniño que é Valdeorosa, e estou encantada de chegar a escaques tan lonxanos e tan fermosos. Ten razón moderno, da un pouco de pudor o propio blog, tan de andar pola casa, cando unha chega a sitios así. (NOTA: conste que falo polo meu e non polo de Gustavo, un dos máis divertidos do blogomillo) Pódese pedir doble nacionalidade valdeorosiana-espellil? Un bico.

neno a dit…

"Din que a maldade persevera apuntalando ás víctimas e parece que así é pois este personaxe cravou en Asor mil anos de escuridade, pero ela rebentou as luces todas das estrelas e construiu esta casa, o Navungalow asorita, feita de ladrillos e marmelo."
gostei moito
ola Rosa!
Alédame que gostarás tamén de Cerne (moitos dos poemas son de cando eu era máis novo e encantoume recordalos e revivir con eles o onde, o cando e o por que deles)
Teño escoitado recitar a María no programa de Sak (http://www.e-music.proxecto-ds.com/) e penso que é el mesmo o que fai a escolla musical.
Unha aperta forte

Son Unha Xoaniña a dit…

Como Asorita espero ter un oquiño nese Navungalow de ladrillos e marmelo. E gustaríame tamén que Asor me presentara a Esmar, o cabaleiro do infinito, e beber con eles pócimas de ambrosía para aprender a trastocar as palabras e a xogar con elas...
un biquiño.

Anonyme a dit…

Hola e moitas grazas pola vosa visita e polas vosas palabras.
a Raíña Vermella: Asor e máis eu estamos moi contentas de que nos visites. En Aretx sempre recibimos ben aos que nos visitan, sobre todo se queren compartir con nós unha doble nacionalidade¡¡¡¡ Para valdeorosa é unha agradábel sorpresa esta proposta. Aceptamos.Queremos ser tamén valdeorosiana-espellil. É así? Un saúdo moi forte e grazas moitas¡¡

A neno congoxa: POETA para min é un honor que alguén con tanta sensibilidade guste do que fago neste sitio pequeniño. Gústame tanto a poesía compañeiro... Noraboa por Cerne.
A Rifo: sempre es benvida nesta casa que é a túa, sitio pequeniño no que as paredes estiran cando se trata de abrazar aos que se quere.
Un bico
(rosa-valdeorosa)

Moralla a dit…

E que vai pasar agora dentro (ou fóra...do navungalow de Asor?????)
Estou espídica por sabelo!!! (jejenavujejeesmajaja)
Esmapigmabicos refulxentes dende outra galaxia cercana
Yoli-morallón