mardi, décembre 18, 2007

VANSE, MARCHAN TODOS...


Virán pola noite, aproximadamente ás doce e cuarto, xusto cando todos esteamos nos postres. Levarán un traxe azul eléctrico ben axustadiño ao corpo e falarán...
Todos os que esperan son habitantes dun lugar situado moi lonxe de nós, mínimas partes dun sistema que de cando en vez lles dá esmola para vivir. Son os que sempre están esperando... Se cadra este ano, polo nadal, moitos deles desaparezan. Quizás atopen un bo punto de apoio neses seres procedentes do espacio. A esperanza ten para eles aspecto de naves esmagadas coma un chicle no chan cun decorado austero de luz poderosa. Levan anos esperando resposta as súas demandas e, por fin este ano, os que chamamos desfavorecidos, collerán o seu tique para ser feliz, farán cola e serán conducidos a través do hiperespacio ao espectacular estadio do repouso. Alí non existen prebendas, nin elexidos. Alí hai alimento para todos porque todos teñen iso que aquí chaman moitos alma. Eles chámanlle conciencia. Eu tamén querería ter un tique deses para coñecer o equilibrio interno, a bendita xustiza e, sobre todo, a honestidade.

14 commentaires:

Son Unha Xoaniña a dit…

So hai unha frase que sintetiza o que dis, "onde hai xustiza non fai falla caridade".
Pero no mundo que temos hai moita xente caritativa, e fanse moitas caridades e máis, a ises que teñen tanto gústalles facer caridade, síntense millores.
A min o que de verdade me gustaría é que non existide a palabra caridade, porque iso querería dicir que no mundo existía a xustiza.
Unha aperta con bos desexos .

Raposo a dit…

E onde podo coller un ticket deses? Porque eu tamén quería un.

Mararía a dit…

Se o entendín ben, que non estou segura, menuda "METÁFORA-CRÍTICA SOCIAL".

Un saúdo.

Lúa a dit…

eu tamén!!!!!!!!boas festas

Chousa da Alcandra a dit…

Eu penso que sí entendeches ben Silvana. E si, cando haxs tiques deses...ademáis de para o raposo, eu tamén quero outro.

Bo Nadal

Mararía a dit…

Felices Festas e felicidades polo libro.

vermella a dit…

Eu ós reis pidolle o teu libro,parabéns e gracias por deixarme de balde todo o que aquí levo lido.
moitos bicos e parabéns,recorda os "amigos" cando sexas famosa.
Un día xa che dixen que eras unha artista.

Anonyme a dit…

Tu particular cuento de Navidad se tiñe de hiperespacio. Yo no quiero ese billete hasta dentro de decenas y decenas de años. Puedo esperar para conocer la bendita justicia.

Felices fiestas

rosa enriquez a dit…

Bo Nadal a todos e moitaas grazas. Non esperaba nada disto e estou sorprendida. O libro estará neste mes nas librarías. Eu tiven a fortuna de poder traelo á miña terra grazas á amabilidade de Espiral Maior que me deixou vir para aquí con cen exemplares dos que xa vendín algúns. UN BICO GRANDE A TODOS E FELICES FESTAS, SODES MOI ESPECIAIS PARA MIN.

Suso Lista a dit…

Parabéns, por esa publicación, que xa estou esperando a leela. Que pases un Feliciano

Ángeles Mallo a dit…

Parabén polos teus libros, cambiei na miña carta os reis o nome de Dostoiewsky polo de Rosa Enríquez. ¡Ah! eu quero un deses tickets e que non mates a túa curmá por haber difundido esta boa nova, bicos e boas festas

X a dit…

Feliz 2008.

X a dit…

Feliz 2008.

Zerovacas a dit…

Un pracer atoparte o outro día. Feliz ano!!!