jeudi, juillet 30, 2009

TANTO ARDO TANTO ME ATAS





E ábreste, así, tan doce, no medio deste aire morno do verán, para darme amor.
Dame pois, para que trague todo o teu aire e respire canda ti, á beira túa…


De todo o que non dis, quedareime co vento a zoar entre os dous, impulsivamente.

Tanto ardo tanto me atas.

Atarse, encadearse ao teu pelo e mirar aí, nos delicados lindes que nos separan, fíos finos que tecen contornos estraños nos campos de millo verde.

Sempre hai liñas douradas neste alimento gozoso,
ti as ves e eu as vexo
lonxe,
estiradas e firmes.

Pero ti ábreste sen medo.
Sempre o fas para min,
cálido neste vurullo secreto
oculto e silandeiro…
nun abrazo que non se acaba nunca.

Ábrete máis, digo, tanto como se non foses fechar nunca.

E ti abres a alma por dentro
e abres os ollos, as mans
tamén a boca.

Abrirse ou morrer para darche amor…
Damo, dis, trágame enteiro,
respira á miña beira
como se non volveses tocarme nunca.

8 commentaires:

Maca a dit…

Preciosisimo poema de amor
bicos

Doutora Seymour a dit…

Aqui sempre atopo beleza.

X a dit…

Tanto ardo tanto me atas
que en abríndote me apreixas
ata afogar dentro túa.

Alfonso a dit…

Encantoume, Rosa, tanto como amargura a idea sóa de pensar que estas belezas sexan perdidas. E non o serán, non mentres no mundo existan aínda seres sensibeis. Ánimo! Bicos

Chousa da Alcandra a dit…

Delicadeza ardendo atada...Fermoso!!!

Suso Lista a dit…

Vín o millo,e vín as mans, e vín a boca... Precioso poema de unha tarde de vrán. Bicos moitos por un tubo.

albagal a dit…

Moi fermoso Rosa!

Raposo a dit…

Agora explícome porque está a subir a temperatura.
Fermoso, moi fermoso!!