dimanche, février 11, 2007

ASOR NOS TEMPOS DA NAVESCOLA E AS MEDUSAS




Lunitarios do mes de octarius da era dos Aretxitas
XORNAL INTIMÍSIMO DA NENA ASOR:
Hoxe na navescola apredín moitas cousas. A Directirz Magistra Alienor Ximba dibuxou no pizarrador negro as medusas intergalácticas. Realmente son seres dunha beleza maiúscula e algunha delas teñen o aspecto da Naversitas onde a miña irmán realiza estudos cibersociais. Eu quero ser fermosa coma elas. Quero vestirme cunha brisa de cores e abrirme ao exterior con esa eclesial maxestade de sentirme a raíña dos meus perímetros, a salvagarda da consciencia. Nabetse estaría orgulloso e eu tamén. Xa imaxino o rosto dos deliberantes da nosa comunidade asorita... Pensarían "Quen é esa fermosa deliberante?".Cando estaba sumerxida nestes pensamentos chegou ata min un berro afiado. Así:
"Asor,en que andas? Atende que temos que analizar o veleno destes pérfidos animais¡". Era a
Alienor Ximba. Eu exclamei sorprendida"Animais?". Realmente non entendía nada.Alienor Ximba chamoulles animais e dixo que eran malos¡ Porque?. A mestra castigoume cando lle dixen que era un crime matalas, que tiñamos que que modificar o seu comportamento mediante unha boa terapia e a axuda dos conmutadores. Durante unha semana non poderei coller o trineo-cuántico e contactar coa miña xemelga. Estou farta deste maniqueísmo ciéntifico sin solución¡"(Palabras de Asor III de Zeuquirne, da dinastía asorita, a aprendiz de deliberante)
---------------------------------------------------------
A nena Asor non entendía iso de que as medusas posuíran no interior dese manto de diseño confitado e único unha sustancia velenífera e homicida. Ao longo da súa vida a máis fermosa dos deliberantes, a Proserpina trasladada, a que coseu manteis con palabras, a que naceu dos volcáns aretxitas preto do Palacio dos Salgueiros caiu na conta de que as medusas están por todas partes e organízanse en Asociacións de Elite, e moi importante, baixo a estupidez do seu pretixio agochan as armas secretas como dicía o creador dos cronopios. Realmente son malíííísimassss, fan moito dano e cando se abren teñen un aspecto horríbel: non dan sacado os vermes dos ollos. Pero Asor III de Zeuquirne ganchillou poemas para curar as fendas que lle causaron, e sanou.

3 commentaires:

Anonyme a dit…

"Asor II de Zeuquirne ganchillou poemas para curar as fendas que lle causaron, e sanou."
É precioso!!!
Pero e que Asor, ten esa forza coa que se gañan tódalas batallas. So ten que aprender a manexala, porque a ten dentro dela e as veces saelle con demasiado ímpetu e outras quedaselle algo escasiña, pero así que aprenda a utilizala, será a raiña de Aretx.

Rifo I de Zeuquirne.

Moralla a dit…

Todo imaxinación ! fermosísimo! engaioláchesme tamén coas fotos, Rosa!
Un bico submariño
Yoli ;-)

rosa enriquez a dit…

MOITAS GRAZAS POLAS VOSAS PALABRAS. É UN PRACER RECIBIR O VOSO ÁNIMO E A COMPROBAR A VOSA LEITURA ATENTA.